MA?A XOVES 3 EQUIPOS DO EXTRUGASA RIO ULLA VAN DISPUTAR PARTIDOS DAS SUAS COMPETICION

Aproveitando o festivo, mañá pola mañá haberá no polideportivo de Pontecesures 2 encontros que foran aprazados contra equipos do Estudiantes de Pontevedra:

Ás 10.30 h. xogará o equipo cadete. A continuación 12.30 h. o fará o alevín femenino.

Xa pola tarde, ás 17 h. xoga o equipo senior en A Lama, para recuperar outro encontro aprazado no seu momento. En caso de victoria os cesureños achegaríanse ós postos da cabeza.

BALONCESTO SENIOR: NOVA VICTORIA DO EXTRUGASA NA ILLA DE AROUSA

DORNA DE A ILLA = 57

EXTRUGASA RIO ULLA = 73

Gulli (4), Peñaño (11), Pedrito (-), Diego (11), Victor (-), Pedro (-), Juanjo (2), Santi (8), Arturo (19), Feli-no (2), Pepi (16).

O Extrugasa continua gañando partidos e demostrando (e demostrándose) que poden ser aspirantes a estar arriba. Tamén é certo que este Dorna non é aquel equipo de hai uns anos con xente veterana e que sabía xogar. Os chavales de agora foron moi voluntariosos e non baixaron os brazos, pero nin tiñan altura nin son xogadores de que teñan moita experiencia. Así se explica que leven perdidos todos os seus partidos deste ano.

(máis…)

HORARIOS E RESULTADOS DOS EUIPOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NESTA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Domingo ás 17 h. contra o Dorna de A Illa no pabellón de A Illa de Arousa.

Posibilidade de escalar posicións na taboa no caso de acadar unha victoria ante un equipo que empezou mal a temporada, polo que vai de farolillo na clasificación.

ALEVIN MASCULINO: Domingo ás 12 en Vilagarcia, contra o BBC.

Esta mañá xogaronse:

INFANTIL FEMENINO: Extrugasa 7 ?? Dorna 57

INFANTIL MASCULINO: Marín Peixe Galego 68 ?? Extrugasa 39

ALEVIN FEMENINO: Extrugasa Rio Ulla 44 ?? Dorna de A Illa 34

BALONCESTO: NOVA VICTORIA DO EXTRUGASA RIO ULLA SENIOR POR 42 A 62

LICEO CASINO PONTEVEDRA = 42

EXTRUGASA RIO ULLA = 62

Gulli (16), Peñaño (7), Pedrito (-), Victor (3), Pino (8), Pedro (6), Juanjo (-), Santi (2), Arturo (8), Feli-no (3), Pepi (9).

100_7572-web.JPG

O Extrugasa consegue outra victoria ante un Liceo de Pontevedra que ia 2º na tabla de clasificación. Ademais o fixo por 20 puntos de diferencia, e cimentánsose nunha forte de fensa INDIVIDUAL que deixou a un equipo que tiña bos números en 42 puntos, proba de que pouco a pouco mellora o seu xogo colectivo, sobre todo en ataque.

Iniciouse o encontro e de entrada Pepi supo leer a defensa zonal 2-3 pechaada sobre os pivots de Cesures, ó anotar os 9 primeiros puntos do Extrugasa (min 5: 4 ?? 9). En defensa os cesureños empezaron en individual, o que lle rompeu as ideas ós locais, pois non encontraban boas opcións de tiro. Unha tripla de Gulli puso ó Extrugasa por primeira vez en 10 puntos de diferencia: 8 ?? 18, rematando o cuarto en 10 ?? 19.

No 2º cuarto os cesureños tamén puxeron unha zona 2 ?? 3 e moveron o banco. Esto foi aproveitado polo pívot local nº 14 (16 puntos neste cuarto) para sair a tirar anotando varias triplas que lle diron a volta ó encontro (min 16: 24 ?? 23). O Extrugasa sufría para anotar e inda tivo que ver coma os locais se ian un minuto despois a un 28 ?? 23. O Extrugasa voltou a facer defensa individual e un gran Arturo ??secou? ó seu mellor xogador. Quedando 3 segundos o Extrugasa perdía 28 ?? 27, pero aproveitou un saque de medio campo para que Felipe pasase rápido a Peñaño que meteu unha tripla de 7 m. e deixou o marcador ó descanso nun 28 ?? 30.

A 2ª parte comenzou cuns minutos de poucos puntos (min 23: 30 ?? 32), pero un parcial de 6 a 15 neste cuarto, con 2 triplas de pedro cachote e unha de Gulli despegarón ó Extrugasa ata un 34 ?? 47. Nos ultimos minutos do cuarto e nos primeiros do ultimo perio o Extrugasa tivo un bixon no ataque, que acercou de novo os pontevedreses a un 40 ?? 47, quedando arredor de 7 minutos. Pero ahí Gulli con outra tripla (40 ?? 50) e cunha defensa moi forte do equipo o parcial final foio de 2 a 12, rematando o encontro con varios contraataques de Peñaño e Gulli.

HORARIOS DOS PARTIDOS DO EXTRUGASA RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Domingo ás 12 h. en Pontevedra contra o Liceo Casino de Pontevedra.

CADETE MASCULINO: Sabado as 12 h. en Pontevedra, contra o C.B.Pontevedra.

INFANTIL FEMENINO: Sábado as 10.30 h. en Baño – Valga, contra o Meco de O Grove.

INFANTIL MASCULINO: Sábado as 12.30 h. en Baño – Valga, contra A Estrada.

ALEVIN FEMENINO: Sabado as 17.30 h. contra O Meco, no campo de O Grove.

ALEVIN MASCULINO:  Sabado as 18.30 h. contra O Meco, no campo de O Grove.

 100_8055-web.JPG

 Equipo alevin femenino 2007-08

Nesta fin de semana xa temos a 6 equipos competindo. Falta por iniciar a competición o equipo dos pequeniños, o Benxamín Mixto, que o fará na vindeira semana probablemente. Así o total de xogadores/as do club nesta temporada, arredor de 70, estarán competindo nas súas categorias.

 

O EXTRUGASA RIO ULLA ACADA ONTE UNHA NOVA VICTORIA ANTE PORTONOVO

EXTRUGASA RIO ULLA = 64
Gulli (18), Peñaño (7), Pedrito (-), Diego (2), Victor (3), Pino (10), Pedro (-), Juanjo (4), Santi (2), Arturo (12), Pepi (6).

LA NOCHE BALONCESTO PORTONOVO = 47

100_8046-web.JPG
 Gulli e Peñaño, directores de xogo do equipo, nun adestramento

O trio Gulli Arturo e Pino lideraron a victoria ante un Portonovo que se viu superado polo Extrugasa, que foi capaz de gañar todos cuartos do partido,eso si por diferencias mínimas. 16 a 14, 18 ?? 12, 13 ?? 9 e 17 ?? 12 foron os parciais.

Comenzou o encontro e o Extrugasa tiña mínimas diferencias (5 ?? 2, 9 ?? 5). Arturo dentro da zona e Gulli (2 triplas) e Pepi levaron o peso anotador ante un Portonovo que defendia en individual e aproveitaba os erros locais para sair ó contraataque. Esta igualdade quedaba reflaxada no marcador ó final do cuarto: (16 ??14).

O peor momento do partido para os locais foi no inicio do 2º cuarto, que non estaban xogando mal, pero non sumaban puntos, mentras que Portonovo fixo 7 puntos consecutivos, collendo 5 puntos de diferencia (min 13: 16 ?? 21. Apareceu Peñaño cunha tripla e dirixindo ben ó equipo. A elo se lle sumou un cambio a zona 2 ??3 e o equipo foi outro: os visitantes non estaban acertados en ataque, mentras que era o Extrugasa quen facía un xogo efectivocon bos lanzamentos a canasta. Gulli con outra tripla, que adiantou de novo os locais (min 16: 26 ?? 24). Quedando mais de 3 minutos para o descanso e o Extrugasa fixo un parcial de 8 ?? 2 coa canasta final de Pino.

O 3º cuarto empezou frouxo para ambos equipos, pois logo dos 5 minutos iniciais foran capaces cada un de anotar 3 puntos (min 25: 37 ?? 29). As diferencias mantiñanse ns 6-8 puntos, ata que Gulli con 5 puntos seguidos puxo ó Extrugasa 11 arriba xusto antes : 46 ?? 35. Un tiro libre de Arturo deixou o remate do cuarto cun 47 ?? 35.

O ultimo cuarto o Extrugasa administrou a ventaza, permitindo que xogaran os xogadores que non participaran no encontro (Victor, Pedro), mentras que adquirian maior difrencia. Gulle dende o posto de base (4 puntos) e Pino no poste (8 puntos) puxeron a veteranís para sacar o partido sen problema.