PRACTICAMENTE PECHADO O RETORNO DE PINO AO EXTRUGASA RIO ULLA

pino.jpgSegún poideron saber onte fontes moi cercanas a Javier Abalo “Pino”, o retorno deste emblemático xogador o equipo comandado por Fruki é practicamente un feito.

A operación xestouse cando Nacho, sen dúbida o mellor pivot que saiu da exitosa escola cesureña confirmou a súa despedida o fin da presente tempada.

A falta dun segundo pivot para proxima tempada e o obxetivo de retornar a primeira zonal, fixeron decantarse a Pino por voltar a defender as cores do C.B Extrugasa Rio Ulla rexeitando outras ofertas sen dúbida máis apetecibles.

Á falta da confirmación definitiva, os xogadores cesureños esperan novas mentres seguen preparando con ilusión o importantisimo partido de semifinais de copa do sábado, a o cal queren invitar a todos os cesureños.

BALONCESTO: MA?A XOVES O EXTRUGASA SENIOR XOGA A VOLTA DA ELIMINATORIA DE COPA EN LALÍN

O encontro vaise disputar mañá xoves, dia festivo, a partires das 18 h. no polideportivo de Lalín. O Extrugasa leva unha renda de 18 puntos, logo de gañar en Pontecesures por 67 a 49. O equipo pode contar con algunha baixa, polo que 3 xuvenís viaxarán cos maiores para non ter problemas de xente. De todolos xeitos os 18 puntos deberían de bastar para afrontar esta volta da eliminatoria ca suficiente confianza, que non relaxación,  para pasar ás semifinais da copa.

HORARIOS DOS PARTIDOS DO C.B. RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

basket1.jpg

Senior Zonal – Partido de volta de cuartos de final da copa Arousana.

Domingo ás 17 h. en Lalín:        BasketDeza – Extrugasa Rio Ulla

Xunior – Cadete femenino: Partido da liguilla de copa

Sábado ás 12.15 h. en Pontecesures:        Extrugasa Rio Ulla – Arxil de Pontevedra

Infantil Masculino: Cruces de Copa

Sábado ás 18 h. en Cambados:    Extrugasa Rio Ulla – BBC de Vilagarcia

BALONCESTO: PARTIDO DE IDA DE CUARTOS DE FINAL DA COPA SENIOR

EXTRUGASA RIO ULLA = 67

Gulli (3), Peñaño (10), Pedrito (-), Diego (7), Pepe (14), Feli (10),

Cachote (-), Santi (8), Arturo (11), Chorén (4).

BASKET DEZA de LALÍN = 49

Partido correspondente á eliminatoria de cuartos de final da copa Arousana Senior de baloncesto. Partido de Ida. O vindeiro Domingo 13 disputarase a volta en Lalín.

O partido empezou igualado, incluso cas primeiras diferencias no marcador para os de Lalín (min 5: 5 ?? 9) debido ós fallos en ataque do Extrugasa, con bos tiros que non entraban e varios contraataques errados, e por outro lado a defensa individual que permitía anotar ós de Lalín. Foi Pepi o que anotando 6 puntos ante do final do primeiro cuarto, mais un cambio na defensa do Extrugasa a zona 3 ?? 2 permitiu igualar o marcador a 16 ó remate deste 1º cuarto.

O 2º cuarto permitiu ó Extrugasa empezar a coller as primeiras rentas de 5-6 puntos, logo de varios contraataques entre Gulli e Feli, así como de aparecer a anotación no xogo interior local con puntos de Arturo e Santi. ? descanso o Extrugasa gañaba por 8: 35 ?? 27.

No 3º cuarto os locais desaproveiraron a oportunidade de romper o partido, permitindo que durante o cuarto as diferencias se mantivesen en torno ós 7 ?? 10 puntos. Ningún dos 2 equipos estivo especialmente acertado sendo o parcial do cuarto de 10 ?? 8. Resultado neses momentos: 45 ?? 35.

Foi no derradeiro cuarto do partido, cun novo cambio en defensa, esta vez a zona 2 ?? 3, o que lle dou o control do rebote en defensa, e a base de velocidade, como o Extrugasa elevou a diferencia no marcador. Ampliándose esta a 18 puntos ó remate do encontro. 67 ?? 49.

Diferencia importante para o partido de volta, onde non debería de ter problemas o Extrugasa, sabendo xogar con ese marxen de puntos de diferencia.

HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. RIO ULLA DESTA FIN DE SEMANA

Estes son horarios dos partidos que os equipos do noso club van disputar nesta fin de semana.

Infantil Masculino: Sabado as 16.30 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – B.B.C de Vilagarcia

Senior: Sabado ás 19 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – BaskeDeza de Lalín

Xunior Masculino: Domingo as 17.30 h. en Pontecesures 

Extrugasa Rio Ulla – B.B.C de Vilagarcia

Alevíns: Domingo ás 11.30 h. no Grove 

C. B. O Grove – Extrugasa Rio Ulla

BASKET SENIOR: SORTEO DA COPA ZONAL

 No día de onte a federación Arousana confirmou o calendario de copa ós 8 equipos participantes. O Extrugasa Rio Ulla tocoulle no sorte efectuado na federación contra o BasketDeza de Lalín. A eliminatoria vai ser a dobre partido, empezando a xogar o Extrugasa Rio Ulla na casa a vindeira semana, probablemente o sábado 5 de maio sobre as 19 h. aproximadamente.

Na fin de semana posterior xogaríase o partido de volta en Lalín (sábado 12 ou domingo 13).

En caso de pasar o Extrugasa, tería como rival o gañador da eliminatoria entre O Meco e o Pub A Leria de Cambados. O Meco foi o gañador da liga no grupo “A” e hoxe en día é o favorito para levarse o título copeiro. As eliminatorias de semifinais serían o 19 e 26 de maio, a dobre partido. A gran final está previsto que sexa o sábado 2 de xuño.

O basket cesureño ten no seu palmarés 3 títulos  de copa gañados de xeito consecutivo en 1999, 2000 e 2001. Ademais foi gañador da liga no 2000 e 2004, e finalista en 1999 e 2002.