Nestes días o goberno local de Pontecesures está a manifestar que estivo a ter dificultades na organización das Festas do Carme 2010 por débedas do anterior equipo de goberno relacionadas coas festas do Carme 2010. ? certo que quedaron sen pagar as facturas das orquestas do ano anterior, pero tamén, é certo o seguinte:
1. No mes de setembro de 2010 , unha vez presentadas as facturas, foille solicitada ao representante da empresa dos grupos un desglose das dúas facturas (ademais das orquestras queríase concretar a custo do dúo musical do luns do Carme, xeradores eléctricos, etc…, dentro do custo global). O representante foi chamado en numerosas ocasións dende a Intervención do concello e a aclaración non foi realizadaa ata cando remataba o ano 2010 nas propias oficinas municipais.
2. Como as consignación orzamentarias da partida estaban esgotadas a remate de exercicio, as facturas quedaron pendentes de recoñecer, xunto con outras doutros fins, no presente exercicio de 2011, algo moi habitual en moitos concellos.
3. Como por varias razóns a liquidación do exercicio 2010 non se fixo ata o 14 de xunio (incluso xa foi asinada polo novo alcalde), quedou pendente de aprobar o expediente de recoñecemento de créditos para cubrir estas e outras facturas.
4. Agora ben; o resultado da liquidación arroxou un remanente de tesourería positivo récord neste concello. Para gastos xerais queda un remanente de 329.088,78 euros cando as facturas pendentes do exercicio anterior a recoñecer non chegan nin a 66.000 euros.
5. Non foi entón un problema de falla de fondos en tesourería para afrontar as facturas, senón un asunto contable. Agás estas facturas do recoñecemento que debe realizarse en breve, o Concello de Pontecesures, ten pagadas todas as facturas de 2010 e iso que tivo que afrontar o importante custo dun obradoiro de emprego con todo o que conleva en canto a gastos de materiais e de obras.
Polo exposto cremos que o goberno local debe deixarse de lamentacións e tramitar o expediente para o pago ds facturas. Deixouse un importante remanente é así o concello ten unha situación económica moi aceptable nestes intres de crise e de grandes problemas das administracións para afrontar os seus pagos.
Hai que dicir tamén que se nos anunciou, cando se asinou o pacto de goberno, que só habería exclusivas se a situación económica o permitía. Debéronna atopar moi boa, pois temos tres liberados (os tres tenentes) cobrando por primeira vez na historial de Pontecesures e se van gastar case 30.000 euros máis en comparación co goberno anterior.
Pontecesures, 30/06/11
Maribel Castro Barreiro
Luis Ángel Sabariz Rolán