Sobre as 5,30 horas un ou varios descoñecidos forzaron as pechaduras do transformador de Unión-Fenosa situado no peirao. Na instalación fixeron saltar os automáticos e moitas vivendas quedaron sen luz (tamén o alumeado público da zona central).
Sobre as 6 horas varios descoñecidos entraron a roubar no pub «Dama Xelda», na rúa Sagasta, levando a recadación da máquina tragaperras.
? posible que ámbolos dous sucesos teñan relación, e se forzara o apagón polas mesmas persoas, fara facilitar o roubo.
Sociedade
Pola avaría de Unión Fenosa hai varias vivendas e farolas de alumeado público sen luz.
A media tarde de hoxe día 6 de xaneiro, detectouse unha avaría de Unión Fenosa que está a provocar que algunhas vivendas da rúa San Lois, Portarraxoi e Otero Acevedo non teñan subministro eléctrico. Tampouco as farolas do alumeado público da rúa Portarraxoi e varias da rúa San Lois teñen subministro.
A esta hora (21,15), persoal da empresa Elenor está a realizar as comprobacións oportunas (a avaría afecta a unha fase) na zona do Telleiro. Esperemos que a deficiencia sexa corrixida canto antes.