Un tren de poesía.

Se a poesía se puidera pesar e medir faría falla máis dun tren para acomodar a inmensa riqueza literaria e poética que nos deixou Rosalía, a pesar da súa curta vida. Dende a publicación do seu primero libro, La Flor, cando aínda só tiña os 20 anos de idade, seguindo con Cantares Gallegos, Follas Novas , En las Orillas del Sar, La Hija del Mar, Flavio? e toda unha longa e extensa obra que con ela se eternizou no tempo da cultura e de historia literaria.

Dende a súa morte na casa da Matanza o 15 de xullo do 1885 estivo soterrada no camposanto de Adina da freguesia de Santa María de Iria Flavia ata un 25 de maio de 1891 en que os seus restos mortais foron trasladados para o panteón de Galegos Ilustres en Santo Domingos de Bonaval,de Santiago de Compostela .

Unha efeméride que se reivindicará o vindeiro dia 15 por iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) cunha peregrinación que partirá as 16,30 a pé dende o cemiterio de Adina ata a estación de Padrón, onde se subirá ao tren Follas Novas ata Santiago, onde en varias paradas se recitarán poesias rosalianos para finalizar ante o panteón en Bonaval.

Deberemos considerar por outra banda que o tren e a estación de Padrón están moi vinculados a Casa de Rosalía na Matanza pois ambas as dúas practicamente están unha a carón de outra. Lembrando asemade que o tren que inaugurou o rei Alfonso XII cubrindo a primeira liña do ferrocarril en Galicia, Santiago-Carril o 3 de marzo do 1873, tal vez circulara coa Sarita que aínda hoxe se manten na Fundación Cela en Iria Flavia.

De aí o grande interese que a xornada do día 15 está a expertar xa que por outra parte vén a pór de manifesto a xusta aspiración dos padroneses de que como no actual caso da Fundación do Nobel Camilo José Cela, e outros, se respecten como merecen ao máximo os valores culturais e históricos destas terras de Iria Flavia e Padrón, honra da máis antiga Galiza.

José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 06/07/10

Una exposición sobre la línea férrea Carril-Cornes abre esta tarde las fiestas en honor al Carmen en Pontecesures.

Pontecesures inicia hoy cuatro días de fiesta en honor a la Virgen del Carmen y lo hace con actos de carácter cultural: la inauguración de dos exposiciones en la Casa consistorial a las 20:30 horas. En el Salón de Plenos podrán verse los trabajos de manualidades elaborados por vecinos, mientras que en el hall quedarán instalados los 15 paneles de la muesra «Carril-Cornes. I Liña de Ferrocarril de Galicia». En ellos se recoge la historia de esta línea férrea, que alcanza los 135 años de historia. Además, también se expondrá material ferroviario antiguo, cedido por la Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril, a la que el gobierno local muestra su agradecimiento por la colaboración prestada en este proyecto.
Presentar esta exposición sobre el tren en Pontecesures «ten un significado especial» apunta el concejal Luis Sabariz, puesto que el concello forma parte de la comisión de Defensa del trayecto de cercanías Santiago-Vilagarcía junto con otros 9 municipios y la Federación Española de Asociacións de Amigos do Ferocarril. «Todos estamos implicados en que permaneza e se potencie esta liña de cercanías, que está en risco cando entre en servizo a Alta Velocidade», comenta Sabariz Rolán. Añade como dato que actualmente «hai un importante repunte no número de usuarios de tren que suben ou baixan en Pontecesures» por lo que cree que «non é de recibo que o progreso nos deixe sen ferrocarril despois de talo máis dun século».

DIARIO DE AROUSA, 02/07/10

Festas do Carme 2010

VENRES, 2 DE XULLO

Ás 20:30 horas. Inauguración das exposicións:
-Arte nas túas mans, na Casa do Concello, exposicións das distintas actividades realizadas neste último ano: bolillos, pintura, restauración de mobles, pintura en tela, decoración en cristal, mimbre e confección de complementos, estaño, etc..
-Exposición temática Carril-Cornes, I Ferrocarril Galego. En colaboración coa Asociación Compostelana de Amigos do Ferrocarril se exporán 16 paneis que ilustran a historia da primeira liña do tren existente en Galicia.

SÁBADO, 3 DE XULLO

-Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
-Haberá pasarrúas a cargo do grupo folclórico Algueirada.
-A partir das 11:00 horas, xogos populares para nenos/as na Plazuela.
-A partir das 16:00 horas, xornada de portas abertas na piscina municipal.
-A partir das 22:00 horas, verbena a cargo das orquestras Samil e Acuarela.

DOMINGO, 4 DE XULLO

-Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
-Haberá pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Valga.
-Ás 13:00 horas, concerto da citada banda de música.
-Ás 18:00 horas o tradicional Desfile Valeiro, acompañados da Banda de Música Municipal de Valga.
-Ás 18:30 horas, Misa Cantada pola Coral Polifónica da Asociación A Barcarola.
-De seguido: Procesión da Virxe do Carme polas rúas.
-? remate da procesión: concerto da Banda de Música Municipal de Valga.
-A partir das 22:00 horas, verbena a cargo das orquestras Aché e Manila.

LUNES, 5 DE XULLO

-Pola mañá, gran disparo de foguetes anunciando a festa.
-Haberá pasarrúas a cargo do grupo folclórico Xarandeira.
-Ás 12:00 horas, Misa Cantada na honra do Santo Antón pola Coral da Asociación A Barcarola.
-Ás 13:00 horas, actuación do grupo Xarandeira na Plazuela.
-A partir das 17.00 horas, Gran Festa Infantil na rúa San Lois con inchables e touro mecánico.
-A partir das 18:00 horas, III Trofeo de Piragüismo de Pontecesures no peirao.
-A partir das 19 horas, actuación do grupo folclórico Algueirada na Plazuela.
-A partir das 21:00 horas, III Festa do Churro de Pontecesures, con reparto de churros e chocolate gratuitos. Estará amenizada polo trío musical Memphis.
-A medianoite será sorteada a estadía para dúas persoas durante unha fin de semana no Hotel Carlos I de Sanxenxo. Optan os veciños que colaboraron económicamente cos festexos e o gañador deberá estar presente no acto.