O prestixioso actor e monologuista Carlos Blanco será o pregoeiro da XVI Edición da Festa da Lamprea que se celebrará os días 9 e 10 de abril en Pontecesures. O pregón será lido no espazo portuario sobre as 13 horas do día 10 de abril.
Por outra banda, adiantase que na tarde do día 9 terá lugar unha nova edición do concurso gastronómico de empanadas de lamprea que se vai consolidando na comarca. A lamprea en empanada é un exquisito plato da cociña galega que se quere potenciar na festa.
Ainda que xa o día 9 poderase degustar a lamprea en pinchos, o día forte da degustación será o 10 durante toda a xornada nunha carpa instalada no peirao. A lamprea será preparada «á bordelesa», guisada no seu propio sangue, con arroz en branco e picatostes, correndo a cargo a preparación de catro cociñeiras da zona que lle dan cadansúa o seu «toque» especial en materia de cociñado. Mantéñense os prezos da edición anterior: 10 euros a ración (co pan e o viño), e 3 euros o pincho.
Está a espertar esta edición un gran interese e xa son varias as persoas e colectivos que tratan de reservar tickets na Casa do Concello para degustar a lamprea nesta edición.
En próximas datas será rematado o programa detallado dos actos.