Enviado a pontecesures.net
Sábado 12/06/2010, quedada no colexio ás 8:30, chegada da organización 8:50, saída 9:20, chegada a Marcelle 11:10. O parque natural de Marcelle e un lugar de extraordinaria beleza, natureza pura e atención excelente.
Á chegada dividen ós nenos en diferentes grupos segundo idades e ós adultos en dous grupos, facemos un total de 120 persoas. Nenos e adultos pasámolo estupendamente percorrendo un paraíso e ansiosos coas actividades que nos agardan como talleres de reciclaxe, tiro con arco, visita en tren á reserva… Con estas expectativas xuntámonos para xantar nunha carpa bastante escasa para 120 persoas. ? chegar os monitores sentan ós seus rapaces en mesas por grupos e os adultos séntanse onde poden.
Logo de agardar media hora á chegada do catering, durante a que os monitores repartiron garfos, coitelos, pratos e vasos (todo de plástico) coas mesmas mans que algúns tocaron animais na nosa presenza (descoñezo se posúen ademais o carnet de manipulador de alimentos).
Como era de esperar serviron primeiro ós cativos, aínda que a comida daba vergoña (poucos macarróns con carne e 1 filete de polo empanado) o problema veu á hora de cortar cun coitelo de plástico ?s adultos servíronlle ensaladilla de pasta, tortilla, empanada (todo máis fácil para os cativos) e carne estofada. Bebeuse auga aínda que os adultos tiveron o privilexio de ter tanta cervexa que mesmo sobrou. Non tiveron a mesma sorte coa Coca-cola, con 5 botellas de 2 litros para 60 adultos. Mención aparte merecen os dous menús especiais dos dous compañeiros con alimentación especial que nos acompañaron, un diabético e un alérxico ó ovo. Se o resto da comida deixou moito que desexar isto foi de pena, tendo en conta os motivos da dieta. O que ía ser cadansúa bandexa de catering cun menú adecuado a cada un, quedou nun filete de polo á prancha para cada un e un platilliño de pasta para compartir, e cando chega a hora do postre, iogur para os nenos e torta para os adultos. A estes compañeiros trouxéronlle unhas froitas e déronlle o iogur porque unha das nais o pediu ó ver que os deixaban sen el.
A todo isto, a organización a día de hoxe aínda non preguntou que tal os menús especiais, nin se molestou en comprobar que o contratado para estes compañeiros estivese de acordo co pactado, nin preguntou ós pais se era o solicitado para estas situacións especiais.
Bueno, deixando a comida, e ansiosos por visitar a reserva natural subidos nun tren que nos permitira ver ós animais en liberdade, vólvense organizar os grupos e pasamos a ver a reserva nun tren inexistente, co que alguén debeu soñar, flipar, alucinar, imaxinar (chamádelle como queirades) cando nos explicou a viaxe, porque o tal tren nin existe nin nunca existiu. A reserva sen dubida foi un autentico luxo e un espectáculo marabilloso e digno de repetir (aínda a pe). Logo diso aínda nos esperaban máis sorpresas en forma de talleres (tamén inexistentes) que quedaron en tiro de corda e carreiras de sacos, que aínda que memorables, se podían facer sen dúas horas de bus, sen pagar entrada, sen pagar monitores por exemplo, en algunha das festas de actividades (comprade ovos, culleres, corda, sacos, festa da espuma e listo).
A esa hora, tan só dúas horas despois de comer moitos nenos choraban a seus pais pola merenda, supoño que grazas ó menú de antes.
Resumindo:
- Prezo (sendo moto): asequible.
- Prezo (sendo patinete): careiro.
- Comida: mala.
- Organización: pésima.
- Recomendación: todo aquel que poida que non se perda esta visita. ? un lugar digno de visitar 100 veces, so tende coidado coa organización. Non o perdades.