CONCERTO DE NADAL

O coro de nenos e nenas da Orquestra Sinfónica de Galicia actúa este venres en Herbón

? O concerto terá lugar este venres día 18 ás 20:30 horas na igrexa do convento franciscano de Herbón (Padrón)
? O Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de está formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido por José Luís Vázquez. No concerto de Herbón acompañaraos a pianista Isabel Gómez Alonso.
? Con esta actuación a asociación Sementar, organizadora do concerto, pretende atraer público ao convento de Herbón, converténdoo nun espazo dinámico, aberto e susceptible de acoller eventos de tipo cultural, musical…

Herbón (Padrón), 15 de decembro de 2009.- O convento de Herbón (Padrón) acolle este venres día 18 e decembro, ás 20:30 horas, un concerto de Nadal interpretado polo prestixioso Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia. Para esta ocasión, a formación que dirixe José Luís Vázquez, ten preparado un repertorio coas seguintes pezas: Cantata ??Christ lag in Todesbanden?, BWV 4 (Den Tod niemad zwingen kunnt/Jesus Christus, Gottes Sohn); Terceto ??Hebe deine Augen auf? (Elías -1846-47)-); Veni Domine. Op. 39, Nº 1; Ave María (In memoriam José Rada); Así cantan los chicos? (Tres escenas infantís), 1909; Los chicos del coro (Cerf-volant/Vois sur ton chemin); Déixame (Canto de berce); Vinde, vinde; Popurri de villancicos; J. S. Bach (1685-1750); F. Mendelssohn (1809-1847); F. Mendelssohn (1809-1847); Francisco Ibáñez Irribarria; Jesús Guridi (1886-1961); Christophe Barratier ?? Bruno Coulais; Demetrio Iglesias; Popular. Nemesio García Carril (Arr.: Fdo. L. Briones).

Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia

A Orquestra Sinfónica de Galicia ??unha das agrupacións orquestrais con maior proxección e transcendencia de España?? foi creada en 1992 polo Concello da Coruña e creou, entre outros, os seguintes proxectos artísticos: o Coro da OSG, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral, os Nenos Cantores da OSG e o Coro Novo da OSG.

Os Nenos Cantores da OSG fixeron a súa presentación musical a principios do ano 2000 interpretando a Sinfonía nº 3 de Gustav Mahler á beira da súa Orquestra e baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. Desde entón actuaron en varias ocasións coa Orquestra Sinfónica de Galicia, interpretando obras de Mahler (cabe destacar, sobre todo, a súa exitosa participación na Sinfonía nº 8), Orff, Shostakovich, Fauré… e colaborando, entre outros, con Emilio Aragón. Tamén ofreceron concertos a capella na Coruña e en diversas localidades da comunidade galega, así como no Auditorio de León.

O Coro, formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido desde a súa creación por José Luís Vázquez, nace coa intención de constituír un verdadeiro centro de canto coral, para a formación de novas voces. Máis tarde, poderán formar do Coro Novo e do Coro da OSG.

O director do concerto

O contacto de José Luís Vázquez coa música comezou en 1977, como membro do Orfeón Terra a Nosa, de Santiago de Compostela, dirixido polo pai Manuel Feijóo Sousa. En 1984 obtivo a súa licenciatura en Química. Cursou estudos de canto coa soprano Ana Higueras así como con Félix Lavilla e Fernando Turina.

En 1990 ingresou no Collegium Compostelanum, agrupación fundada e dirixida por Maximino Zumalave. Nesta agrupación, como no Coro Universitario de Santiago de Compostela, ofreceu diversos concertos como solista. Como alumno de canto tamén participou nos cursos da International Bachakademie (Santiago de Compostela 1992 e 1994) e Música en Compostela (1994) e con profesores como Aldo Baldin, Andreas Schmidt, María Oran, etc.

En 2001 interpretou, como solista, a Misa da Coroación, de W.A. Mozart, xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Joan Company.

Director dos Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia desde a súa fundación, en decembro de 1999, José Luís Vázquez está estreitamente vinculado ao coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, ao que pertence desde o ano da súa creación. Ademais, foi director do Coro do Festival Mozart na súa edición en 1999, onde participou na posta en escena do Così fan tutte, de W. A. Mozart.

Colaboradores para un proxecto común

Con esta actuación, a asociación Sementar, organizadora do concerto, pretende atraer público ao convento de Herbón, converténdoo nun espazo dinámico, aberto e susceptible de acoller eventos de tipo cultural, musical… ? a segunda ocasión na que Sementar organiza un Concerto de Nadal en Herbón xa que, en 2008, tivo moi boa acollida por parte do público o concerto do coro Collegium Compostellanum.

Sementar é unha asociación con fins culturais, medioambientais e sociais que quere tirarlle todo o proveito a un espazo privilexiado, o que conforman a horta e o edificio do convento franciscano de Herbón. Para iso desenvolve desde finais do verán de 2008 un proxecto enfocado en varias direccións: preservar e poñer en valor o seu rico patrimonio cultural convertendo tamén este espazo nun lugar de produción e fomento da agricultura e a gandería ecolóxicas e procurándolle usos de carácter social.

Para a organización e o financiamento deste concerto a asociación Sementar contou coa colaboración da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, do Seminario Galego de Educación para a Paz, da sociedade cooperativa Viravolta (dedicada á intervención psicolóxica e social e con sede en Cambados) e coa Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual da comarca de Baixo Sar (AMIPA). Sementar quere que a colaboración de todas estas entidades neste concerto, que ademais foi fundamental para facelo posible, sirva tamén como adianto da presentación en público, en datas próximas, dun proxecto común que vai ter como sede física o convento franciscano de Herbón e no que participarán todas elas.

Exposición do nacemento

As persoas que se acheguen ao concerto do vindeiro venres terán tamén ocasión de ver o Nacemento que a asociación Sementar acaba de colocar na igrexa, e que está formado por pezas que se conservan desde moi antigo no convento de Herbón.

A entrada ao concerto é gratuíta e as portas da igrexa permanecerán abertas desde 1 hora antes de dar comezo a actuación para que as persoas interesadas en ver o Nacemento poidan facelo con tempo.

Atentamente,

Asociación Sementar
http://sementar.wordpress.com/
Correo electrónico: sementar@gmail.com
Teléfono de contacto: 617 260 670
Rego da Manga, 55
Herbón 15915 Padrón ?? A Coruña

CONCERTO_NADAL_HERBON

O coro «A Barcarola», participará no 44º Festival de Panxoliñas de Caixanova.

Celébrase este festival durante varios días na sala de concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo, situado na rúa Policarpo Sanz nº 13 da cidade olívica.
O coro da Asociación A Barcarola de Pontecesures, dirixido por Yolanda Eiras, actuará o sábado, 5 de decembro a partir das 12 de mañá xunto con outras nove formacións. Será o terceiro en aparecer no escenario para interpretar tres cancións: Canto de Berce, Un afiador en Belén e Un rosal agromou.

O cesureño Fernando Rodríguez, único galego que participou no Festival de Cine Árabe Amal, co filme «Seis Estrelas»

«A curta nace da impresión que me causou a relación entre a miña filla e unha nena saharauí»

Amal significa en árabe «esperanza». Este é o nome que recibe, dende a súa creación no ano 2003, o actual Festival de Cine Euro Árabe que se celebra todos os outonos en Compostela e que se constitúe como unha das grandes citas do audiovisual das que se celebran en Galicia.

Este ano só hai un galego entre os preto de 30 autores que, finalmente accederon ao festival de entre os máis de trescentos aspirantes, a nivel internacional. O protagonista desta historia é Fernando Rodríguez, un veciño de Pontecesures que presentou unha curta documental ao festival e cuxo traballo foi recoñecido coa distinción de ser o único membro da Comunidade Autónoma de todo o cartel. A peza seleccionada leva por nome «Seis Estrelas».

¿Como se mete unha curta galega nun festival de cinema árabe?

Bueno é que o tema encaixa perfectamente porque versa sobre nenas saharauís en Galicia e a súa relación con nenos de aquí.

¿Como xurde esta idea?

Eu son pai acolledor. Cómpre explicar para quen non o saiba que todos os anos fánse intercambios en Galicia co pobo saharauí, Nenos de ata trece anos pasa aquí os veráns, acollidos por familias que así o solicitan. O documental céntrase pois na experiencia da miña familia.

Descártase que sexa unha curta de ficción…

Claro, é o relato de relación entre os nenos, que me impresionou profundamente.

¿Por que?

Pois por ver como a miña filla acolleu sen máis á nena saharahuí, como unha amiga máis, cunha relación de normalidade absoluta, Os nenos dannos unha lección neste sentido aos maiores. Aínda hai moitos prexuizos nese sentido.

¿De que da conta, pois a historia que se narra nese documental?

Foi rodado con moita frescura, sen apenas guión, Creáronse unhas pautas previas, claro, pero díxoselle ás nenas que tiñan liberdade absoluta para falaren e facer entre elas o que quixeran. Incluso foron as nenas as que escolleron o nome para a curta, «Seis Estrelas».

¿Cal foi o resultado?

Unha espontaneidade, frescura e naturalidade difícil de describir. Elas falan das dúas cousas, comentan a última gala de Operación Triunfo ou unha serie de cousas intrascendentes para nós, coma un par de amigas máis, que son, realmente, o que son.

¿En que escenarios rodaron?

Pois estivemos en Taragoña, Valga e Santiago.

¿En que datas?

Foi todo no verán de 2007, aínda que gravamos nunha semana. Bueno, a iso hai que sumar, claro, todo o traballo de producción e demáis.

¿Continúa acollendo dende entón á mesma nena?

Non, xusto 2007 foi o último ano que veu. O programa só é para menores de 13 anos. Por iso nos decidimos a facer ese documental no derradeiro verán que estivemos xuntos.

Foi dura a despedida…

Imaxina. Estivera con nós varios veráns e a miña nena xa falaba dela coma a irmá que viña neses tres meses…Ademais estivo un inverno enteiro con nós porque enfermara de tuberculose e quedara aquí.

¿E agora?

Agora estamos xa en marcha. Andamos a procurar financiamento para o novo traballo, pero a cousa está realmente complicada. A nosa intención e facer a viaxe de volta: Ir nós coas nenas aos campamento de refuxiados saharauís e facer alí a outra historia.

«Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 01/11/09

Entrevista con O Leo i Arremecághona que actúa o sábado 31 no pub Taboga.

«VESTIRSE DE PALLASO ? UNHA FORMA DE RIRSE DUN MESMO»

«Son único cantautor do mundo que se separou de si mesmo », asevera O Leo i Arremecághona!!! Así o demostrará o vindeiro sábado, cando ofreza unha esperadísima actuación en Pontecesures. Non por nada é un dos ‘showman’ máis queridos, xa que leva máis de 10 anos poñendo en escena os seus espectáculos cheos de irreverencia, reivindicación filolóxica e un especie de travestismo paródico que non deixa títere con cabeza. ‘A maldiçión dos ghusanitos’ ou ‘Suspiros de kaña’ son dous dos seus clásicos, como di a frase, de ‘ayer, hoy y siempre’.

Xa hai que non se vía ó Leo pola beira do Ulla. Si, volvemos a Cesures despois de tocar na Casa Vella de Campaña e no festival Artenativa. Estivo aí a xente facendo presión e veño tamén co dj Arturo B, que ademais é compañeiro e ‘amigho’.

Cando di «volvemos» é porque non vén vostede só…

Vai ser a primeira vez que leve por esta zona o espectáculo novo, Todos metidos nun bote tour. Son o primeiro cantautor do mundo que se separou de si mesmo e agora somos catro: un cantautor da transición na liña comunista-independentista dos 70; o espectáculo novo do Leo, que se titula ‘A neurona na patineta’; o seu irmán xemelgo descoñecido, En-Riquinho, que, como era ‘pijo’, estivo pechado no faiado ata os 33 anos, e o fillo do Leo, un rapeiro que é unha crew el só.

Non van caber no Taboga!

Bueno, desta vez só imos O Leo e o En-Riquinho, que é un trasunto de Iván Ferreiro. ? unha parodia do pop, unha enmenda á totalidade do pop. Aí queda iso. Vai cambiar o punk polo pop? A música é de base pop, pero as letras teñen moi mala ostia agochada. O motor é a parodia, pero cunha base pop máis asumible para o público.

E con que sorprenderá O Leo?

O novo espectáculo do Leo é minimalista, con temas de menos dun minuto. Todas as cancións son do poemario que publiquei, ‘Hai cu’. Se tes algo que dicir, dío rápido. ? a máxima do punk. Por iso improviso a música do momento. Este novo espectáculo é máis punk. Así que mira que falso é Gusiluz.

Ten dúas caras! Pero, traxe de galega ou de faralaes?

O novo espectáculo é máis punk. Cando empecei con el tentei vestirme de rúa, pero non puiden evitalo e ó final vou un pouco de pallaso. Un pouco como Jonhy Rotten, dos Sex Pistols, en Paredes de Coura. ? unha forma de rirse dun mesmo. En canto ó En- Riquinho, vai vestido de marca, pero de marca moi sui generis, con pantalón de Citroën, gorra de Piensos Biona, camiseta tamén de propaganda…

E que foi dos clásicos? Non van a parecer por Cesures?

Si! Abrirá O Leo, logo seguirá En-Riquinho e pecharán os clásicos de sempre, como ‘A maldiçión dos ghusanitos’ ou ‘Suspiros de kaña’. O fin de festa será con Lolita de Coristanco, co traxe de faralaes. O novo espectáculo é máis punk.

Leoi
Fotografía: Diario de Pontevedra

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/10/09

O cesureño Fernando Rodríguez, único galego do festival Amal

O único galego que forma parte da selección do festival internacional de cine árabe Amal, que se celebra dende hoxe en Santiago de Compostela, é de Pontecesures. Trátase de Fernando Rodríguez, que presentará a curta ??Seis estrelas?? o martes 27 de outubro. Proxectarase xunto aos traballos ??Goulili?? e ??El sabor de la revolución??.

Da selección de Amal, un festival dentro do que haberá 36 películas en competición, tamén forma parte outra curta de produción galega (Filmanova), ??Checkpoint rock??, dirixida por Fermín Muguruza e Javier Corcuera. Esta edición de Amal coincide co 25 aniversario da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas.

Diario de Pontevedra

fotograma-seis-estrelas
Fotograma de «Seis Estrelas»