«Neste festival só actuarán conxuntos galegos, da terra»
Javier Buela Organizador del festival Artenativa
Os días 8 e 9 de agosto a localidade de Valga vístese de gala para presentar a segunda edición do festival de música Artenativa. Este ano contará cun cartel potente con bandas coma os vigueses The Blows ou Nadadora, desde O Grove. Javier Buela forma parte da organización que espera continuar co proxecto en futuras edicións.
-¿Cal é a filosofía do festival?
-Pois é bastante sinxela. Neste festival só actuarán conxuntos galegos, da terra. Non queremos que, como ocorre noutros festivais, os grupos galegos se convertan nos secundarios do cartel. Aquí serán protagonistas.
-¿Cales serán os conxuntos cabeza de cartel de cada día? ¿Cal é a vosa aposta máis forte?
-O primeiro día veñen desde Vigo The Blows. Ao día seguinte temos dous fortes, Nadadora e Niño y Pistola. Pero gustaríame subliñar que apostamos por todos os grupos coa mesma forza. Non consideramos que haxa ningún conxunto más importante que outro.
-¿Tes algunha banda predilecta?
-A verdade é que non. Estou acostumado a escoitar moitísimos conxuntos galegos en directo, a través dos myspace ou das maquetas. Gústanme todos.
-Algunha curiosidade que queiras resaltar do festival.
-Ademais dun mercadiño haberá unha mesa redonda na que falaremos do estado actual da industria da música en Galicia. Quixera lembrar que a entrada ao festival e a acampada será gratuíto.
LA VOZ DE GALICIA, 08/08/08