En Pontecesures, a 31 de agosto de 2009, sendo as 10 h, reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 2 postos de auxiliar administrativo, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, polo Administrativo do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario. Estivo presente durante o proceso selectivo en calidade de ointe D. Francisco Freiría Oliveira representante sindical dos traballadores do concello.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar con cada unha das aspirantes, así como a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección da Orde do 29 de decembro de 2008 que regula os Programas de Cooperación no 2009 da Consellería de Traballo. Compleméntase o proceso selectivo cunha entrevista persoal valorando os coñecementos e experiencia profesional para poder levar a cabo os cometidos do posto de traballo. A continuación establecéronse as probas informáticas cas que os/as aspirantes van ter que demostrar os coñecementos informáticos que posuen.
Iniciado o acto chamase ós/ás dazasete candidatos/as de conformidade coa oferta remitida polo Inem, presentándose: Yolanda Alvarez Angueira, Stella Maris Comparada Mosquera, Concepción Enrique Cordo, Simón Gándara Cortés, Mª del Carmen Garaban Paz, Natalia Gómez Cajaraville, Mª del Carmen Iglesias González, Mª Jesús Lopez Souto, Sonia Lueiro Pereira, Mª Teresa Magariños Iglesias, Cristina Pardal Pardal, Rosa Mª Rey Castiñeiras, Mª Luz Rodríguez Potel, Rubén Rodríguez González, Mª Concepción Souto Villasante, e Eva Mª Villar Matos.
Non se presentou Susana Dopazo Rodriguez. Renunciou ó posto: Rubén Rodríguez González.
Primeiramente os/as quince candidataos/as cubren a ficha de datos persoais, para seguidamente proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. Posteriormente fixeron unha proba de informática consistente nun cuestionario ó que tiñan que contestar 20 preguntas relacionadas con cuestións informáticas; e logo unha proba de ordenador onde tiñan que realizar un suposto práctico, que consistía na elaboración dun escrito dirixido ó concello.
A puntuación total aplicado o baremo e realizada a entrevista, máis a suma da puntuacións das probas de coñecemento informático obtida pola aspirante que superou dita proba informática foi a seguinte:
– Mª del Carmen Iglesias González… 7,40 puntos.
– Concepción Enrique Cordo………… 7,00 puntos.
– Yolanda Alvarez Angueira………….. 6,60 puntos.
– Rosa Mª Rey Castiñeiras………….. 6,50 puntos.
– Mª Luz Rodríguez Potel…………… 5,90 puntos.
– Simón Gándara Cortés………………. 5,60 puntos.
– Sonia Lueiro Pereira…………………. 5,10 puntos.
– Natalia Gómez Cajaraville…………. 5,05 puntos.
– Cristina Pardal Pardal………………. 4,80 puntos.
– Eva Mª Villar Matos………………… 4,75 puntos.
– Mª Concepción Souto Villasante.. 4,45 puntos.
– Mª Jesús Lopez Souto……………….. 3,55 puntos
– Stella Maris Comparada Mosquera. 3,00 puntos.
– Mª del Carmen Garaban Paz………. 2,80 puntos.
– Mª Teresa Magariños Iglesias……. 2,55 puntos.
Tendo en conta o anteriormente exposto, resultan propostas por este órgano de selección para seres contratadas a: Mª del Carmen Iglesias González e Concepción Enrique Cordo.
De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.