Excursión de «A Barcarola» a Ares, Mugardos e Ferrol.

A asociación de amas de casa «A Barcarola» organiza unha excursión a Ares, Mugardos e Ferrol para o domingo día 20 de xullo.
A saída será ás 8:00 da Plazuela e visitaranse museos e praias.
O menú do xantar é de paella, lacón asado, postre e bebidas e o prezo da excursión (inclúe desprazamento e comida) é de 24 ? para as socias e 26 para as non socias. A asociación achega parte do custo da excursión, e a cantidade mínima de persoas para que esta se leve a cabo é de 30.