O BNG de Pontecesures critica a xestión do goberno local.

Non é por falta de recursos económicos, que os hai, é por desidia, pasotismo e unha absoluta falta de interés pola nosa vila que:
👉 non haxa Cabalgata de Reis por non buscar alternativas que permitan celebrala no contexto actual.
👉 non exista unha campaña de Nadal enfocada a promocionar o comercio local.
👉 non se creara unha liña de axudas directas ó comercio e a hostelería como sí se fixo noutros concellos.
👉lévese cinco anos prorrogando os orzamentos do anterior equipo de goberno cando as necesidades e a situación actual mudaron totalmente.
👉que o entorno do CPI de Pontecesures sexa un caos circulatorio que expon ós rapaces e usuarios a situacións de risco.
👉e que a nosa vila esmoreza lentamente sen que a ningún membro do equipo de goberno pareza importarlle o máis mínimo.

¡¡¡ ULTMAS NOVAS DAS SSMM OS REIS MAGOS DE ORIENTE !!!

As súas Maxestades déronse presa ….¡¡¡. A carón do árbore de Nadal dentro da Casa do Concello xa apareceron esta mañá os regalos que os Reis habían comprometido para as nenas e nenos de Pontecesures.Xa están sendo trasladados e custodiados polos Municipais ata as oficinas de Correos de Pontecesures para que comece o seu reparto.Con este xeito tan excepcional de facer chegar os xoguetes este ano por mor da pandemia vai a ocorrer que algún dos sobres cos regalos cheguen antes do día 5 de Xaneiro, xa que, como dixemos, o reparto este ano farao o persoal de Correos e non Melchor, Gaspar e Baltasar por estar respectando os protocolos COVID.¡¡¡ Disfrutade dos regalos… e sentidiño…. !!!

INFORMACION IMPORTANTE PARA OS RAPACES/AS DE PONTECESURES.

Esta mañá o Alcalde de Pontecesures mantivo unha video conferencia coas súas Maxestades os Reis Melchor, Gaspar e Baltasar para interesarse cómo están pasando as festas e programar este próximo día de Reis.

Como todos sabedes esta situación epidemiolóxica está a converter unhas festas entrañables como o Nadal e Reis nun período un tanto extrano, obrigando a tomar medidas que eviten no posible as aglomeracións de xente e obligando a extremar as medidas de seguridade.

É por tanto que este ano acordamos coas súas Maxestades que os regalos para todas as nenas e nenos de Pontecesures serán deixados na Casa do Concello e será éste quen se encargue de facerllos chegar.

De este xeito evitaremos situacións de risco para toda a veciñanza e faremos chegar os xoguetes que as súas Maxestades nos deixen a cada neno e nena de Pontecesures.