En relación coas respostas dadas polo alcalde sobre as contínuas e desorbitadas cargas de gasoil ó patrol de obras en 2005 (18 preguntas do PP que aparecen nesta páxina) e do primeiro bimestre de 2006 (6 preguntas da ACP que tamén aparecen nesta páxina) no citado pleno, comunícase o seguinte:
1-As respostas non convenceron para nada a este concelleiro e pareceron unha burla e un insulto á intelixencia de calqueira.
2-O alcalde quere virar a situación dicindo que a oposición ten a culpa de todo.
3-Non deixou o presidente ningunha opción para rebatir as súas contestacións e vímonos na obriga de interrumpilo pola cantidade de mentiras que estaba dicindo nas súas respostas. Tampoouco nos deixou facer unha valoración final e levantou a sesión con cobardía. Tivemos que quedar no salón de plenos e explicar a nosa valoración ós veciños que quedaban a esas horas da noite.
4-O alcalde dixo que a maioria do consumo era porque deixaba o patrol ó Club Náutico. En 2005 eu penso que o patrol prácticamente non se usou por este club (noutros anos sí) que utilizou a súa furgoneta. Nin así dan as contas e falou de desprazamentos para adestramentos no primeiro e no último trimestre do ano que non cre ninguén.
5-Falou doutras xustificacións incribles e así dixo que ás veces levábanse garrafas no patrol contabilizadas como se fosen botadas no depósito do coche, de que estas garrafas eran para un tractor dun traballador que prestaba o vehículo e para coches que ían na Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, de numerosas avarías que nada teñen que ver co excesivo consumo, de que o «chivato» non funcionaba, de que o día de fin de ano cargouse gasoil para encender o bombeo da Barca cando se demostrou que o coche estaba avariado, etc..
6-As respostas provocaban as gargalladas do público mentras o alcalde desencaixado daba puñetazos na mesa e gritaba dabondo.
Este concelleiro continúa afirmando que é imposible que se subministrasen esas cantidades de gasoil ó patrol de obras sospeitando que as cargas se facían a outros vehículos e nos tikets aparece a matrícula do patrol do concello. Hai que averiguar agora de que vehículos se trata e clarexar todo o sucedido nos últimos anos co combustible de obras.
Por razóns de espazo non é posible agora comentar máis cousas. Só insisto en que as explicacións foron patéticas.