A sala de festas cesureña abrirá á 1:00 da noite de fin de ano. A entrada de 15 ? dará dereito a tomar unha copa de cava á entrada, ao cotillón, e a tomar unha consumición.
O prezo das consumicións será o mesmo que nos demais días. Lémbrase que nesa noite actuará a orquestra Cinema.
Programa das festas 2009 da “Virxe dos Anxos” en Carreiras.
Sábado día 3 de xaneiro
-Ás 17:00 horas no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures, partido de futbol de solteiros contra casados.
Sábado día 10 de xaneiro
-Polá mañá bombas de palenque e alborada da charanga Apeles.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada polo coro de A Barcarola de Pontecesures.
-Despois, no campo da festa, Poxa de Ramos e sesión vermouth amenizada pola orquestra Pontevedra.
-Pola noite gran verbena coa actuación das orquestras Pontevedra e Suavecito.
Domingo día 11 de xaneiro
-Ás 16:00 haberá no campo da festa colchonetas gratuitas para nenos e maiores da empresa Diverneno.
-Ás 18:00 horas será servida alí a gran chocolatada con churros.
-Ás 19:00 actuará o dúo musical ?bice Capital como remate da festa.
Será instalada unha carpa, e a Comisión agradece a colaboración dos veciños, das casas comerciais, de Radio Valga, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontecesures.
O MARTES 23 DE DECEMBRO,A ORQUESTRA CINEMA ESTARÁ EN PALCO DE ESTRELAS DE RADIO VALGA
Este martes 23 de decembro, sobre as 22h., no programa “Palco de Estrelas”, dirixido, producido e presentado por Daniel Seijas, estarán varios compoñentes da orquestra Cinema, coma Alberto Dopico, recoñecidisimo vocalista e moi coñecido polo seu papel de “Sito” na serie da TVG “Libro de Familia”. Falarase da orquestra, dos cambios e da nova xira 2009.
Hai que recordar,que durante a época de Nadal, o programa emprezará as 20h., e os dous últimos xoves, por ser festivo, o programa adiantarase o martes 23 e martes 30 de decembro, despois do Nadal, no horario de sempre, os xoves dende as 19 horas.


