Una Pascua con solera.

04_125775_g.jpg
01_125777.jpg
03_125774_g.jpg
05_125776_g.jpg

Vemos en la primera fotografía al ex alcalde Villamor a la izquierda en la corrida de toros. En la segunda la intervención del alcalde de Santiago Sánchez Bugallo en la Casa Consistorial de Padrón. En la tercera, el alcalde da Rianxo, Pedro Piñeiro en la ofrenda floral con el alcalde de Padrón Camilo Forján. Y en la última el gentío que hubo en las atracciones de feria.

Suplemento “Vida Social Gallega”. EL CORREO GALLEGO, 30/03/08

O primeiro receptor de radio que houbo en Padrón.

Articulo do cesureño Daniel Seijas Llerena no suplemento “Arousa, un mar de cultura”. DIARIO DE AROUSA, 30/03/08.

Xa hai varios anos, mentres investigaba no arquivo municipal de Padrón, atopei por casualidade, ciscado entre unha morea de documentación, unha curiosa instancia. Tratábse dunha petición formulada polo presidente de desaparecido casino “La Tertulia” (que tiña a súa sede na rúa Longa nº 11, daquela chamada rúa Gasset y Artime), Serafín Carlés Cruces. Nese escrito solicitábase permiso para a instalación, no local social do Casino, dun aparello de radio e dunha antena exterior para poder obter unha mellor calidade de recepción das emisoras de radio. A importancia deste documento atopeina no temperán da súa data: 29 de xuño de 1924. Con isto non quero afirmar, rotundamente, que se tratara do primeiro receptos de radio comercial que houbera en Padrón. Hai que ter en conta, que na vila existía unha acaudalada burguesía comercial á cal non lle resultaría ningún problema mercar un aparello de radio, tempo antes da data anteriormente indicada. En todo caso a petición do casino “La Tertulia” é a proba de documentación máis antiga, que dispoño polo momento, da chegada da radio a Padrón. Pero antes de nada, cómpre contextualizar brevemente a situación da radio difusión no mundo e en España para mellor comprender este feito.

Depois da fin da I Guerra Mundial (1918) téntase liberalizar e buscar outro emprego máis comercial ás ondas da radio, que ata ese momento estaban monopolizadas para usos militares e marítimos. Deste xeito, a partires de 1920, comezaron a xurdir as primeiras emisoras de radio comercial no Reino Unido e nos Estados Unidos, extendéndose rapidamente o fenómeno a paises coma Francia, Alemaña, Italia, Canadá, ou Arxentina. No caso de España chega algo máis tarde. A primeira retransmisión, propiamente dita, efectúaa Radio Ibérica de Madrid coa emisión en directo do sorteo da Lotería do Nadal de 1923. Despois deste acontecemento, Radio Ibérica tardaría moito tempo en dispoñer dunha programación regular, emitindo cando cadraba. Haberá que agardar ata o 5 de maio de 1924, segundo o último estudo de Ángel Faul, para que se inicien en España as primeiras emisións regulares de man de Radio Madrid (non ten nada que ver coa actual Radio Madrid SER). Esta emisora, debido a problemas económicos, verases na obriga de suspender temporalmente, o 20 de xullo dese mesmo ano, os seus servizos radiofónicos. Como curiosidade, dicir que en Estados Unidos en 1924 xa existían un total de 553 emisoras.

Sen embargo, non será necesario esperar ata 1924, para que en España xurda o interese e o gusto por escoitar os programas de radio, máis ben todo o contrario. Xa antes de que en España se crearan emisoras comerciais, comezara a proliferar a venda de manuais e de revistas técnicas adicadas ao mundo da radio, que neses anos era coñecido coa denominación de “radio telefonía” ou coas siglas T.S.H. (Telegrafía Sin Hilos). Tamén en diversos xornais aparecían seccións especializadas con planos para construir receptores de radio. Son moitas as persoas que constrúen nas súas casas aparellos de radio de válvulas ou de galena, aínda que aqueles que podían permitirse o capricho mercábanos feitos de fábrica. Coñecidas eran as marcas “Westinghouse”, “Walker”, “Multi-Unit”, “Philmore”, “Howe”, “La Moderne Radio”, “RCA”, “AEG-Telefunken”.

Deste xeito escoitaban a través das emisoras extranxeiras as músicas dos concertos das orquestras sinfónicas, filarmónicas e cuartetos que se transmitían dende Londres ou París, estando ademáis a programación dalgunhas destas emisoras foráneas publicadas en xornais españois, indicando incluso o dial para facilitar a súa localización.

Pois este mesmo “vicio” pola radio tamén chegaría a Padrón. Os socios do casino “La Tertulia”, terían gañas de reunirse para escoitar as emisións das estacións estranxeiras e españolas, aínda que estas últimas, despois do fracaso de Radio Madrid, non comezarían con total regularidade ata outubro ou novembro de 1924, con EAJ-1 Radio Barcelona e EAJ-2 Radio España de Madrid. Para poder oír a radio, o concello autorizou a instalación dunha antena exterior, no tellado do edificio onde estaba situado o Casino “formada por tres hilos paralelos de un milímetro de grueso separados a la distancia de un metro y con treinta de largo (…) ha obtenido de D. Alejandro Pérez Isla y de Dña. Carmen Varela, dueños de los edificios en que la antena ha de apoyarse la autorización necesaria”. A dita antena que daquela estaba composta por cables extendidos “ha de atravesar la vía pública por la calle Juan Rodríguez y callejón del Poulo a la altura de las chimeneas y será necesario abrir junto a la pared del edificio social un hoyo para introducir el alambre en la tierra”.

Si esto sucedía en Padrón, noutros lugares próximos tamén comeza a extenderse o emprego destes aparellos ou incluso chegando a facer todo tipo de experimentacións. A principios de 1925 os xóves irmáns santiagueses Juan e José Portela Seijo, constrúen unha emisora de radio do que o seu sinal chegou ser escoitado en Barcelona. Tamén temos as experiencias de ferrolán Amador Rodríguez Guerra, no mesmo ano, cunha radio especial feita por el mesmo, e fai probas dentro dun tren en marcha e capta o sinal de emisoras americanas.

Teño constancia de que na “I Feria del Automóbil de Ocasión”, celebrada en Pontecesures en 1925, houbo algún stand onde estaban expostos “aparatos de radiotelefonía” para a súa venda. Xa na segunda edición da feira, no ano 1926, instalouse no recinto feiral unha emisora de radio para transmitir, a xeito de demostración, aos aparellos receptores expostos para a súa comercialización.

Tamén a través do xornal “El Pueblo Gallego”, ssabemos como se vai expendendo o uso da radio pola zona. En xaneiro de 1926, “Daviña” de Santiago, encargada da subministración eléctrica na Esclavitude, instalaba unha radio na casa do cura párroco de Catoira, Baldomero Casal. Na mesma dta chegaba tamén a radio ao Casino de Caldas de Reis.

En todo caso, os oíntes galegos non podía escoitar emisoras do país e terían que “conformarse” con escoitar emisoras de Onda Media que transmitían dende Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao, Oviedo, Málaga ou Valencia, entre outras cidades que entre os anos 1924-1926 xa tiñan instalada emisora. Galicia tardaría un tempo en posuír unha emisora privada, e non sería ata finais de 1932, cando comece a emitir en probas, da man da empresa “Unión Radio S.A.” (actual SER), Radio Galicia en Santiago de Compostela. Despois, entre os anos 1933-1935, nacen as emisoras de radio en Pontevedra, Coruña, Vigo, Ourense e Lugo. Unido a isto, está tamén a lenta, pero progresiva, venda de aparellos de radio coa creación de establecementos especializados de venda, que nalgúns casos eran rexentados polos propios donos das emisoras de radio, como no caso dos irmáns Vazquez Lescaille (Pontevedra) ou de Eugenio González de Haz (Vigo) representante das casas “RCA” e “General Electric”.

No caso de Padrón, a través do anuario comercial “Bailly-Bailliere y Riera Reunidos”, no ano 1933 figura como único vendedor de “material de aparatos de radiotelefonía”, o que tamén era alcalde dese momento, o empresario textil Ramón Piñeiro Eiriz. Na decada de 1940 tamén figuraría coma vendedor de radio e máquinas de coser, José Castro, coñecido porque tamén no exterior da tenda, rexentada hoxe polos seus descedentes, posuía, ata hai poucos anos, un impresionante e chamativo mosaico publicitario da marca “Philips”.

Pascua: el pregón, el libro, los toros y los ‘fillos’

Rincón de la parra
JOS? ANTONIO P?REZ

Mucho han cambiado las cosas en Padrón en los últimos tiempos, recordaba el Chef Rivera en su pregón de las fiestas de Pascua, al que, por cierto, no pude asistir (sé que alguno me echó de menos públicamente) y bien que lo siento. Me dicen que mi amigo el chef estuvo fantástico, sacando lo mejor de esa vena cómica, ese sarcasmo, que lleva dentro. Los varios SMS que recibí tras la lectura me alegraron y confirmaron mi teoría de que, aprovechando ese cambio, bueno sería que para el próximo año siguieran con la vereda de pregoneros locales. Me atrevo a proponer, para continuar con el gremio, a Manolo Reinalupa, Manolo Scala, Rial, Suso Chenlo o a su cuñado, Manolo o da Capilla. Seguro que abrimos una vía para ser imitada por otros concellos. Como decía Camilo José Cela “para ser de Padrón damos moito xogo”. Y hay que aprovecharlo. ¡Ah! Si grande fue el pregón del chef, magnífico oír a Pepe Domingo Castaño, en pleno Carrusel deportivo, alabándolo para todo España en el programa de más audiencia; algo que no hizo, que tomen nota algunos, cuando venían la Duval, la Lindes o la imponente Veruzka.
Ese cambio en los tiempos se notó también en el Libro de Pascua, donde aparecen más fotos del ex alcalde Jesús Villamor que del actual, Camilo Forján. (Lo de Eloy Rodríguez ya se sabe: está por encima del bien y del mal). Eso se llama talante. No censurar a los que no opinan como nosotros, permitir que todo el mundo exponga sus visiones y dar cabida también a los rivales políticos. Son los nuevos aires que se respiran en Padrón.
Hablando del ex, de Jesús Villamor, conforta verlo en los toros, sentado con Pepe Balado en el tendido de sol (¿o era el de sombra?) como un padronés más. Participó activamente y se lo pasó en grande, quizás animado por la presencia cercana de la peña que capitaneaban, puro en ristre, Carlos Mosquera y Gonzalo Méndez. Este grupo tuvo la importante baja de Santiago Montenegro, al que motivos profesionales le impidieron asistir y bien que lo debieron sentir, tanto él como Villamor. Debo reconocer que me gustó ver la foto que Fernando Blanco le hizo al ex entre los humanos.
Sobre la Irmandade dos Fillos de Padrón, hace unos días mi compañera Lorena Beltrán recordaba que José Antonio Rivera no había recibido, desde 2004, el Homenaxe de Honra y L¬oubanza concedido unánimemente. Este año tampoco será. El chef lo rechaza. Está mosca con José Ángel Agrasar y José Carlos Carballido por el desplante-desprecio que le hicieron a su hijo Richard cuando aquel domingo 18 de abril lo tuvieron más de tres horas esperando en el Scala y al final no le entregaron la medalla. Dice Rivera que no les perdona ni eso ni que en todo este tiempo no se hayan dirigido a él. Qué le vamos a hacer. No todo cambió en Padrón. Aún quedan restos del pasado. (Lorena no lo sabía).

El Correo Gallego 28/03/2008

Alta participación en la clásica de Pascua: El cesureño Alejandro Pesado, segundo en adultos.

tiep20f02978511_124610.jpg

Más de 350 atletas cruzaron la meta de los más de los 600 inscritos en la XXIX Carreira Popular de Padrón ··La gran novedad en esta nueva edición fue el control de la carrera con chip en las pruebas de los escolares

A pesar de las adversas condiciones climatológicas, la XXIX edición de la clásica de Pascua contó con una gran participación, con más de 350 participantes llegados a la meta de los más de 600 inscritos. La gran novedad fue el control de la carrera con chip para las pruebas escolares.

(máis…)