Hoxe cea baile de entroido da Barcarola

Hoxe 24 de febreiro ás 22 horas celébrase no Restaurante «Reina Lupa» de Escravitude (Padrón) esta cea baile organizada pola Asociación de Amas de Casa «A Barcarola». O prezo para a cea foi fixado en 27 ? para as socias/os, mentres que para as non socias/os foi fixado en 30 ?. Haberá sorteo de regalos para os asistentes e faise un chamamento para que estes acodan disfrazados.

CAMPA?A DE COLABORACION CO POBO SAHARAUI

100_4770-web.JPGComentame Fernando «Parracho» que a ASociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que, entre outras xestións, posibilitan que cada vran veñan os nenos dos campos de refuxiados a pasar os meses de xullo e agosto entre as familias galegas de acollida, pois PIDEN A COLABORACI?N DE TODOS N?S para unha CAMPA?A DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, destinada a enviarlle productos básicos ós habitantes destes campamentos de refuxiados. Así, esta campaña vai comenzar mañá martes día 6, ata o xoves día 8, e os productos que solicitan para achegarlles son 3: Azucre, lentellas e aceite.

¿PARA COLABORAR? Moi sinxelo: achegarse ó Super Froiz de Pontecesures, ou ó Eroski de Padrón e depositar estes alimentos nun carritos que estarán alí con esa finalidade, entre o martes e o xoves desta semana unicamente.

No nome desta Asociación, e pensando en que é unha causa solidaria, anticipo as gracias pola colaboración do noso pobo.