Aquí Radio Valga! Cumprimos dez anos!

Sábado 15 de maio de 1999, mes das flores, para moitos, o máis fermoso do ano. Serían sobre as 10 da mañá. Eu acababa de erguerme da cama, e coma sempre fago, encendín a radio e comecei a mover a roda do dial, facendo un repaso rápido polas diferentes emisoras, para escoitar algunha cousa interesante. Cando a agulla do indicador de frecuencia chegou ó final de todo, puiden comprobar que a través do espazo radioeléctrico daquel intre colábase o coñecido tema musical “soul survivor”, interpretado por unha das grandes voces da música disco dos oitenta, a holandesa C.C. Catch. Dado que a min esa canción me gustaba moito, seguín escoitandoa, á vez que estrañado ó comprobar que nesa frecuencia do 107.9 da FM, lugar por onde se recibía con pouca forza o sinal da cambadesa Radio Salnés, desta vez a calidade de son era moi boa, e pensei, naquel momento, que as razóns polas cales a música soaba con forza polo meu receptor debíase a que os de Radio Salnés cambiaran de repetidor ou que puxeran un equipo emisor máis potente…, pero todas esas especulacións viñéronse abaixo enseguida. No momento en que a canción era pisada por unha voz moi, moi familiar, que enseguida recoñecín sorprendido, a de meu compañeiro Chema Aboy, dicindo algo así parecido a isto:
Estás escoitando a emisora do Concello de Valga, Radio Valga”!
Estaba a ser testemuña da primeira emisión en probas de Radio Valga, e alí estaba o seu primeiro locutor, Chama Aboy, veciño dos Martores, que estivera copresentando e codirixindo conmigo, na pequena emisora do instituto Camilo José Cela de Padrón, o programa radiofónico máis esperpéntico, e que viña sendo a radio carallada, a radio feira e a improvisación en estado puro. Para moitos é xa unha lenda na comarca do Ullán, era “Maquinillos no Horizonte”. Tempos aqueles!
Nada máis saber que o proxecto radiofónico, levado a cabo polo Concello de Valga, era xa unha realidade, xa non me collía pan no corpo. Collín a bicicleta e dirixinme os estrados estudos da emisora, que, vaia coincidencia, se atopaban na parte baixa da antigua sede da “Hermandade de Labradores de San Miguel de Valga”, e resultaba que ese mesmo día que comezaran as emisións era a festividade de San Cidre, o santo patrón dos labregos. ? entrar nos estudos, vin a Chema que estaba a poñer música e pedinlle que me deixara dicir unhas poucas verbas polo micrófono, cousa que fixen dicindo catro cousas por enriba.. Durante eses primeiros días en probas e emisións irregulares, a música que soaba era un vinvilo de C.C. Catch, os temas dos “Beeges” da película “Febre do sábado noite”, o “Tarzán Boy” do grupo “Baltimora” e cancións dos “Mojinos Escocíos”. Daquela a discográfica era escasa, e a música que se poñía era a que lle gustaba a Chema, que traía da casa porque na emisora pouco máis había. Despois para ter música durante as 24 horas o método que existía era que durante o tempo que Chema emitía en directo, a emisión gravávase nunha cinta cassete, de 60 ou 90 minutos que posteriormente poñíase dando voltas sen parar, ó rematar as emisións en directo, polo que durante as fins de semana se escoitaba sempre o mesmo unha chea de veces. Era a única maneira que existía para manter a emisión con música xa que non dispoñíamos doutros medios nin dispoñiamos de ordenador.
Despois, ós poucos días de comezar as emisións en probas, o Concello publicaba un bando no que invitaba a apuntarse para colaborar na radio a todas as persoas interesadas en facer algo neste medio. Eu, coma outros rapaces, tamén me anotei xa que ó acabar no instituto tiña mono de radio e quería facer outra vez, xunto a Chema, o lendario programa “Maquinillos no Horizonte”. Un día nos convocaron a todos os interesados na Casa do Concello, e instábannos a que leváramos algún tipo de guión ou ideas para facer programas na emisora. Laá fomos varios rapaces moi ilusionados, de idades comprendidas entre os 18 e os 21 anos, e case todos de Ponte Valga. Logo no Concello explicáronnos, máis ou menos, o que se pretendía levar a cabo na emisora e presentáronnos a nova directora da emisora, Teté Rocamonde, xove xornalista que estivera traballando en “El Correo Gallego”. Despois da reunión di¡xéronnos que nos chamarían para poder comezar a emitir os nosos programas en directo. Logo, a partires de xullo, comezaban xa as emisións regulares polas mañás co programa “A Nosa Maña”, magazine presentado por Teté Rocamonde, de 11 a 13 horas, e logo ata as 13:30, as “Novas da Comarca”, e que nun principio contaría coa axuda nas tarefas técnicas de Mon, funcionario do concello. Despois polas tardes voltaba Teté cun par de horas de música.
Logo de facer un programa piloto e organizar os programas, todos os rapaces que estabamos alí nese momento cunha grande ilusión de facer radio, comezamos a presentar os programas “alternativos” a partir do sábado, 7 de agosto ás 10 da mañá, momento no que arrincaba o primeiro grupo que xa no me lembro ben quen fora. Unha hora despois, coa cabezeira de entrada da “Cabalgata das Valkirias”, de Richard Wagner, voltaba o éter, pero en Radio Valga, “Maquinillos no Horizonte, con Chema e Seijas”. E para a semana seguirei dándovos máis detalles sobre este programa e os inicios desta estación radiofónica.

Artigo de Daniel Seijas Llerena. “Arousa, un mar de cultura”. DIARIO DE AROUSA, 31/05/09

Cinco detenidos por tráfico de drogas en Padrón, Vilagarcía y Santiago.

La Guardia Civil se incautó de unas 3.000 dosis de cocaína y hachís en varios registros domiciliarios

Agentes del Equipo contra la Delincuencia Organizada y Antidroga (EDOA) de la Guardia Civil de A Coruña detuvieron durante los últimos días a tres personas como supuestas autoras de un delito contra la salud pública.
Según informa el instituto armado, los ahora imputados tenían montada una infraestructura que permitía abastecer de sustancias estupefacientes a la localidad de Padrón y alrededores. Tras efectuar un par de registros en domicilios de Padrón y Vilagarcía, los guardias lograron incautarse de unas 3.000 dosis de cocaína y hachís.
Los detenidos son un varón de 36 años, vecino de Vilagarcía, y una pareja de jóvenes domiciliados en Padrón. En casa de estos últimos los agentes intervinieron hachís y tres armas simuladas, una balanza de precisión y ocho teléfonos móviles, además de otros efectos utilizados para el corte de las sustancias.
En el domicilio de Vilagarcía, de donde se supone que partía la droga para ser distribuida en Padrón y comarca, fueron halladas 2.675 dosis de cocaína y hachís. También fueron hallados objetos utilizados para el pesaje y adulteración de la droga. La Guardia Civil no descarta nuevas detenciones.

LA VOZ DE GALICIA, 30/05/09

O Pedrón máis reivindicativo.

A entrega dos pergamiños de Ouro e Honra converteuse nun alegato en defensa do galego ·· Mini e Mero cautivaron coas súas verbas e a súa música ·· Houbo espazo para a lembranza

Mero, esquerda, Mini, Mariana Ploae-Hanganu, Manuel Caamaño e Fandiño ante a estela de Rosalía, na segunda fotografía.

A Fundación Pedrón de Ouro, ao fronte da que se atopa agora, a modo provisional, Manuel Caamaño, entregaba o pasado domingo na Horta da Paz da Casa Museo Rosalía, en A Matanza (Padrón), o Pedrón de Ouro, que recaía nos músicos Xosé Luís Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero), así como o de Honra, que este ano destacou a labor da filóloga rumana a prol da difusión do galego Mariana Ploae-Hanganu.

O acto, que revestiu tintes de reivindicación, foi quizáis o máis combativo dos últimos 45 anos. Tanto os discurso do conductor do acto, Xosé Ramón Fandiño, como o do mantedor, David Otero, colaborador de Tierras de Santiago, así coma o do propio Caamaño e, fundamentalmente os de Mini e Mero, versaron sobre la loita e a defensa da lingua galega, nuns tempos “difíciles e de vendavais para a nosa fala e a nosa identidade”.

Foron todos discursos apaixoado, encendidos polas barricadas da fala, pola bandeira da resistencia contra “esa longa noite de pedra que quere voltar”.

Pousa Antelo, en primer termo, xunto a outros galeguistas na primeira fotografía

Tamén houbo momentos para a emoción, como a do discurso de Ploae-Hanganu, ou as lembranzas de Fandiño para con Avelino Abuín de Tembra, fundador e presidente da institución, e colaborador de Galicia Hoxe e Radio Obradoiro, o gran ausente no acto máis reivindicativo do Pedrón dos últimos anos. Pero tamén se lembraron as figuras dos grandes do Rexurdimento, e dos que fixeron de O Pedrón o que hoxe é: Octavios Sanmartín, Gustavo Santiago Valencia e Xosé Porto,entre outros.

A música das gaitas de Bico da Balouta e a das guitarras de Mini e Mero deixaron ben claro aos centos de asistentes ao acto (na súa maioría xente da cultura e as letras) que “sempre haberá unha cantiga que garanta máis de mil primaveras para a nosa lingua”.

TIERRAS DE SANTIAGO, 26/05/09

Lagrancosaverde vuelve a sorprender en Padrón con “Os famosos non comen porco teixo”.

La compañía fundada hace un año en Barcelona por el polifacético artista padronés Alfonso Blanco, Lagrancosaverde.teatro volvió a la capital del Sar la pasada semana con una nueva y revolucionaria apuesta teatral: Os famosos non comen porco teixo. El escenario elegido para la presentación en pêtit comité con pase reservado fue el escenario de la Sociedad Cultural Padronesa. La propuesta de Alfonso Blanco, que en esta ocasión llegó acompañado al escenario de la también polifacética artista Silvia Montaos, no dejó indiferente al respetable y cosechó sus aplausos. En ella se mezclaron las performances, el diálogo y la imagen audiovisual.

La pieza teatral, estrenada ya en Barcelona pero retocada en esencia para su presentación en Galicia, versó nuevamente sobre los hábitos alimenticios y la relación con la comida. El germen de la obra fue una historia local sobre un cazador de Seira y su relación con un tejón. Os famosos non comen porco teixo hace también un guiño irónico al programa de Telecinco Supervivientes y forma parte de una trilogía iniciada por Lagrancosaverde.teatro con Teño unha cacerola chea de lentellas. La tercera entrega, sobre la que está ya trabajando Alfonso Blanco, versará sobre la gula y llevará por título La verdadera historia del hombre que pesaba 450 kilos.

TIERRAS DE SANTIAGO, 26/05/09

El Banco de Tempo de Padrón premia las redacciones originales.

Foto de familia de las premiadas con las autoridades asistentes al acto

Las instalaciones del instituto padronés Macías O Namorado albergaron las entregas de los premios del I Certame de relato curto promovido por el Banco de Tempo de Padrón.

La actuación se perfiló como una medida de sensibilización y difusión de este departamento entre las nuevas generaciones, para que éstas se familiaricen con el sistema de intercambio y con conceptos como ayuda mutua, conciliación de la vida laboral y personal, igualdad, cooperación y compromiso. Además, la iniciativa también tenía por objeto fomentar la imaginación y la creatividad del colectivo estudiantil.

Los ganadores del certamen fueron María Aboy, con A cadea de Xan, y Xiana Rodríguez, con Querido diario en la categoría de 1º y 2º de ESO; María Miguéns, con Cando a moeda é tempo; Noemí Aboy, con Emprestáme o teu tempo; y Laura Martínez, con Intercambio de amizade, en la categoría de 3º y 4º de ESO. Todos ellos eran alumnos del Macías.

TIERRAS DE SANTIAGO, 26/05/09