Unha mañá adicada á sega en Cordeiro.

O traballo xa está feito. Aos maiores de Valga non lles doeron prendas para madrugar e poucos minutos despois das nove da mañá estaban xa en Ferreirós (Cordeiro), na coñecida como ??Finca de Bandín?, para, cos primeiros raios do sol, segar o trigo que prantaran hai meses. ??Está duro, ben curado?, afirmaba Bienvenido Cordo antes de entrar en faena e examinando unha entre os milleiros de espigas que sobresaían da palla. Facíao no medio dun ??consello de sabios? do que formaban parte, entre outros, Antonio Ferro, Manuel Picón, José Ferro ou Ramón Fernández. Este último afondaba no argumento do seu compañeiro sobre as boas condicións do cereal: ??Non está preso, está ben?, pero tambén facía os seus matices: ??O que pasa é que o gorrión xa comeu a metade?. Daba o mesmo, porque quen máis e quen menos afiaba xa o fouciño para pisar a leira e dar comezo á sega, que era o importante. Posto que estes encontros interxeracionais o que perseguen é manter vivas as tradicións, máis aló de se os quilos de trigo que resulten sexan uns poucos máis ou menos. O alcalde, José María Bello Maneiro, non quixo perderse a sega e realizou unha visita aos improvisados campesiños. E ata se animou a botar man do fouciño e pañar uns cantos monllos.
Precisamente diso, de monllos, atados coa propia palla recén segada, comezou a encherse a ??Finca de Bandín? a medida que os maiores avanzaban na súa tarefa. Incluso ??construiron? algúns pallotes antes de que tractor levara todo o trigo ao colexio Ferro Couselo, onde permanecerá ata que, aló por setembro, co comezo do curso escolar, chegue o tempo da malla. O traballo estivo amenizado por Nela, Esther e Olga, tres pandereteiras de Ferreirós que lle deron ben a iso da música e o cante. ??Vimos apañar o trigo, vimos con moita ilusión porque non queremos, non, perder a tradición?, foi unha das coplas escritas para a ocasión por Nela.

Ás cinco da mañá > A súa compañeira de trío, Olga, a piques de cumprir os 81 anos, lembraba como eran antano os traballos no campo. ??Na nosa casa traballabamos moito. Eramos once e había que traballar moito. Iamos para a leira ás cinco da mañá?, xa fora para plantar o trigo ou para a sega. Esta última tarefa, ademais de cortar a palla co fouciño, incluía outros traballos. ??Faciamos uns pallotes cos monllos. Colocabanse dous enriba para que, se chovía, non caera a auga polo medio. Despois faciase un palleiro grande para que o trigo refixera un pouco e quedaba alí tres ou catro días?. A continuación chegaba a malla. ??Na nosa eira faciase sobre unha ola de barro que estaba tapada, con seis homes de cada lado. Os que máis ruído fixeran eran os que gañaban?, eso sí, simbolícamente, porque premio non había máis que ??a cazolada de bacalao que lles dabamos para comer?. Tralo relato de Olga intervén outra das pandereteiras, Esther: ??Ai, meniño. Pide a Deus que non volvan os tempos de antes, senón moito vos queda por traballar…?.

DIARIO DE AROUSA, 05/07/11

Más de 1.500 euros en beneficio de Solidariedad Galega co Pobo Saharaui.

Más de 1.500 euros fue la cantidad que se logró reunir con el festival celebrado el domingo en el Auditorio de Cordeiro para recaudar fondos en beneficio de la asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. El dinero, que se destinará, por ejemplo, a sufragar los viajes de niños saharauis para pasar el verano en Galicia, se consiguió con las entradas a dos euros que pagaron las alrededor de seiscientas personas que llenaron el Auditorio y también con las rifas que, al mismo precio, daban posibilidad de participar en el sorteo de regalos donados por casas comerciales y las asociaciones colaboradoras. Y es que prácticamente todo el tejido asociativo del municipio colaboró con esta causa benéfica, con grupos de pandereteiras de distintos lugares y de la ANPA del colegio Xesús Ferro Couselo, la agrupación de gaitas Xarandeira, de Pontecesures, el Show de los Payasos, actuaciones de la cantante María Chenlo, de la Banda Municipal, del grupo de teatro con sus ??Escenas de Matrimonio?, exhibiciones de bailes de salón a cargo de Clemente y Merche, batuka, kárate y el colofón final con la banda local ??Manda group?.
Prácticamente no hubo respiro entre las seis de la tarde y las 22:45 horas, tiempo durante el que se prolongó el festival. Entre actuación y actuación se proyectaron vídeos sobre viajes que algunos padres de acogida de la zona realizaron al Sáhara y fotografías que reflejaban el modo de vida de los refugiados saharauis; además de sortear lo regalos donados, que fueron muchísimos. Así, la ANPA del Ferro Couselo aportó dos calendarios con fotos de los alumnos que fueron creados, precisamente, para recaudar fondos para la construcción de un pozo de agua en el Sáhara. La asociación de mujeres ??Albor? contribuyó con una cena para dos personas, el colectivo ??A Eira? donó dos libros, la ANPA del colegio de Baño hizo lo propio con un cuadro realizado en la actividad extraescolar de pintura y la asociación ??Héroes de Casal do Eirigo? aportó una figura. También colaboraron la Coral Polifónica de Cordeiro, el colectivo ??Virxe da Saúde?, que contribuyó con treinta euros a la causa o la asociación ??Cultura no río?. ??Asmivalu?, que aglutina a personas con discapacidad del municipio, regaló una cesta con productos elaborados por ellos mismos. Además, todas las asociaciones colaboradoras en el festival recibieron una cesta similar.

Fue una jornada en la que la solidaridad y generosidad de los valgueses se puso, una vez más, de manifiesto y que contó con la presencia del alcalde, José María Bello Maneiro, representantes de la organización no gubernamental Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, como Bernardo Porto, y el delegado saharaui en Galicia.

DIARIO DE AROUSA, 04/11/10

Roxa e Marela fuxiron do público.

Roxa e Marela, os dous exemplares de rubia galega do Ferreiro de Senín, chegaron tarde á súa cita coa sementeira en Cordeiro. Non tiñan moitas gañas de abrir regos na finca coñecida como Porranllo ­este ano deixouse descansar ao Pradiño­. Fixeron o amago, pero ante tanto público que as agardaba con ansia ­especialmente os rapaces, entre os que algún preguntaba ??¿pódese subir enriba dunha vaca??­, fuxiron escopeteadas cara a parcela do lado e o seu dono tivo que abortar a misión ante o risco de que o enfado dos animais fose en aumento. ??Están un pouco nerviosas?, explicaba o Ferreiro de Senín, ??ao ver tanta xente aquí puxéronse un pouco ariscas?. Ademais, non están acostumadas a traballar e, para máis, a Marela era a primeira vez que participaba na sementeira. ??Están afeitas a andar pola leira adiante sen que lles moleste ninguén?, engadía o Ferreiro. Aínda que unha muller atopaba outra explicación á ??espantada? das reses: ??Ás vacas pásalles o mesmo que á xente, que ao non traballar collen moito vicio?.
Este pequeno inconvinte non impideu, nin moito menos, que o trigo se prantase. ?nicamente obrigou aos membros da asociación de maiores ??Axentiva? a facer un esforzo un pouco maior para botar primeiro a semente ­seguindo as ponlas de salgueiro que facían de guías­ e logo tapala con terra axudados de sachos. Entre estes ??mestres? das tradicións agrarias de Valga atopábase, un ano máis, Pepe ??O Rato?, que aos seus 92 anos ­o día 2 de decembro cumprirá 93­ acudiu con legoña e todo. ??Moita legoña e pouco home?, ironizaba antes de comezar a tarefa, cando os corpos non entraran en calor e aínda se sentía o frío da mañá de Ferreirós.

O traballo dos maiores foi seguido, máis atentamente por uns que por otros, polos arredor de 120 rapaces dos colegios Xesús Ferro Couselo de Cordeiro, o de Baño, e Agro do Muíño, do municipio de Ames, que desprazou ata Valga a uns corenta alumnos de quinto curso de Primaria. Na malla do ano pasado xa participaran un grupo de estudantes deste mesmo centro, pero de sexto, e a intención é que ano tras ano poidan presenciar as distintas fases do proceso do trigo. ??Moitos dos nenos son de cidade e non saben nada? sobre estas tradicións, explicaba a mestra María Dolores Carracedo, que engade que nos últimos días lles explicaron no colexio en que consiste a sementeira. Iso sí, os rapaces sabían perfectamente o que lles interesaba: ??están ilusionados con ver as vacas?.

E como xa é costume nestes Encontros Interxeracionais de Valga, non faltou a ambientación, que de novo estivo comandada polas pandereteiras máis veteranas de Moldes, as irmáns Maruja e Olga Tarrío, que interpretaron coplas que dicían ??Fía, fía, tamén fío eu? ou ??Véndeme os bois, véndeme as vacas?. Dende que tiñan quince anos levan tocando a pandereta e onte tiveron a compaña de Esther Gómez Barreiro, veciña de Ferreirós, un pouco máis novata na arte de tocar este instrumento tan tradicional de Galicia. ??Eu aprendín hai pouco?, recoñecía. O relevo para estas pandereteiras parece que está asegurado coas integrantes do grupo da ANPA do colexio Ferro Couselo, que tamén contribuíron coa súa música á sementeira.

O traballo da mañá deixou a máis de un escaso de forzas, pero nada mellor que unha boa merenda para repoñelas antes de voltar para a casa ou o colexio, segundo o caso. Pan de trigo e de millo, queixo, chourizos, sardiñas e viño do país fixeron as delicias de todos e foi o mellor xeito de dar por rematada esta nova sementeira. Agora só queda agardar a que o trigo medre con forza para recollelo aló polos meses de xuño ou xullo. Mentras tanto, o espantallo Pepe, creación dos integrantes da asociación de discapacitados ??Asmivalu?, velará por el e fará fuxir aos paxaros que ameacen con estragalo. A ver se corre mellor sorte que o boneco espetado o ano pasado no Pradiño, que foi vítima dunha trasnada de San Xoán e, dende aquela noite, non se volveu saber nada máis del.

DIARIO DE AROUSA, 27/11/10

Máis Música espera que la cesureña Bea Porrúa se sume a la jornada en pro del conservatorio el día 20 en Negreira

Una amplia representación de la música de Negreira y de la comarca barcalesa tomará el próximo día 20 la villa de O Cotón. Y en sus calles, plazas, auditorios y locales nicrarienses, acompañando a los músicos de la zona con carteles estará la plataforma Máis Música, que aprovechará para pedir firmas en pro del conservatorio de grado medio.

Las actividades arrancarán a las 11 de la mañana con las dianas y pasacalles a lo largo de toda la villa, y ya han confirmado su presencia la Banda Ateneo Musical de Negreira, Banda Municipal de Brión, Banda de Música de Negreira, Sociedad Cultural y Folclórica Veiga do Cotón, grupo de pandereteiras Limagoia de la Asociación Cultural Liorna, Grupo de Gaitas Os Pequenos da Baña, Xosé Guzmán (guitarra clásica), Aida López Carrera (soprano), grupo Lakia (con alumnado del IES Xulián Magariños), Pink Blanket, Xan Solo, Marmota Phil, Banda Aparte, Charanga Nasa, DJ Juan Souto, DJ Wolf. Por su parte, quedan por confirmar las galas de la Charanga Os Celtas, Charanga Mekánika, grupo de gaitas Pedra Quente, un grupo de acordeones, Bea Porrúa y Xoán Leis

Desde la plataforma «pedimos para isto a presenza e a colaboración activa das xentes de Negreira e da comarca barcalesa; persoas, familias, veciños, centros de ensino, asociacións, entidades, institucións, nais, pais e alumnado da Escola Municipal de Música…; será facermos festa na vila de Negreira nunha xornada de sábado (da mañá á noite), recollendo sinaturas e acompañando as actuacións musicais cos carteis».

TIERRAS DE SANTIAGO, 16/11/10

Algueirada actuará en la Mostra «Albarousa» de Vilagarcía.

Albarousa (Mostra do Albariño Artesanal de Vilagarcía) contará de nuevo este año, como ya viene siendo habitual, con una actuación diaria de un grupo de música y baile tradicional, que amenizará el recinto de la Pescadería.
En la jornada inaugural del viernes será el grupo de danza Embruxo de Guillán el encargado de animar a los comensales y visitantes.
En jornadas consecutivas, por el recinto de la Pescadería pasarán el grupo de danzas Amor Ruibal de Barro. la agrupación folclórica Algueirada de Pontecesures, la agrupación folklórica Celme de Pontevedra, el grupo de pandereteiras y baile Seixebra de Moraña, la agrupación de música y baile tradicional Fentos e Froumas de Marín y la agrupación folclórica Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía.
Las actuaciones, patrocinadas en su mayor parte por la Diputación Provincial, tendrán lugar a las 22 horas y la asistencia a las mismas es totalmente libre y gratuita para las personas que en ese momento se encuentren en el recinto de la Mostra.
Para Antonio Neira este tipo de actividades cumplen una doble finalidad. «Por una parte le ponen una nota de color y ambiente al recinto de la muestra, y por otra sirven para dar a conocer nuestra cultura a los muchos visitantes de otras comunidades que estos días visitan Albarousa»

LA VOZ DE GALICIA, 05/08/10

Un total de 165 agrupaciones de Umia-Salnés se integran en el plan cultural provincial.

La oferta de este año fue presentada ayer en Vilagarcía por el vicepresidente, José Juan Durán

De las mil agrupaciones integradas en el plan cultural de la Diputación de Pontevedra para este año 165 corresponden a la comarca de O Salnés y el área Ulla-Umia, según los datos aportados ayer en Vilagarcía por el vicepresidente y responsable cultural del organismo provincial, José Juan Durán Hermida.
El plan cultural 2010 tiene una dotación económica de 600.000 euros e incluye en la provincia a mil entidades culturales formadas por más de 30.000 personas. Está dividido en 23 secciones: 31 grupos de animación infantil; 19 de baile moderno; 16 de ballet; 32 bandas de gaitas; 73 bandas de música; 6 cantautores, 52 grupos de música clásica; 112 grupos de gaitas; 15 grupos de playback, 122 grupos folclóricos; 36 grupos folk; 20 grupos músico-vocales, 8 humoristas; 159 masas corales, 17 majorettes; 14 de magia; 4 orquestas clásicas; 11 grupos de otros folclores; 84 pandereteiras; 7 poetas, 10 de pop-rock y 84 de teatro.
En la comarca de O Salnés la mayor participación de agrupaciones procede de Vilagarcía con un total de 48. Le siguen 19 de Sanxenxo, 14 de Vilanova, 12 de Meis, 10 de Ribadumia, 8 de Meaño, 8 de O Grove, 8 de Cambados y 7 de A Illa de Arousa. Por otra parte, de Valga son 7 grupos, de Pontecesures 5 y de Cato ira 2.
Todos los datos de los grupos participantes se recogen en un completo y novedoso folleto que se repartirá por la provincia y que incluye un DVD multimedia para facilitarle la búsqueda a las entidades que soliciten algunas de las actuaciones de este plan cultural.
El vicepresidente de la Diputación destacó ayer que la intervención en el plan cultural «es una garantía de supervivencia económica y cultural para la mayoría de las asociaciones participantes. Fue pionero en su día en Galicia y hoy sigue siendo una iniciativa que reúne a más entidades y que posibilita el mayor número de actuaciones en localidades de la provincia que, en muchos casos, no podrían disponer de ellas sin el plan».
El programa fue presentado anoche oficialmente con un festival en el auditorio de la Ciudad Infantil Príncipe Felipe que fue abierto por el grupo de la escuela de baile de Vilagarcía «Perla de Arosa», que acaba de recibir una distinción de la Diputación de Pontevedra.

FARO DE VIGO, 24/04/10