Bello Maneiro: «No meu partido non se valora o esforzo que facemos en Valga».

Bello sostén que todos os políticos deberían pasar pola xestión municipal

José María Bello Maneiro
2 de maio de 1949 en Cordeiro
Contable
Casado, ten dous fillos e unha filla
Alcalde de Valga dende 1991
O despacho de José María Bello Maneiro é un espazo, non cabe dúbida, habitado. Os seus vinte anos na alcaldía de Valga encárnanse nunha morea de obxectos e recordos dominados por un televisor de bo tamaño. ? coma unha extensión do propio rexedor, quen accedeu ao cargo cunha candidatura independente que desembocou no PP.
-¿Cantos anos tiña vostede cando entrou neste despacho?
-Tiña 41 anos. Agora estou a piques de cumprir 61.
-¿Non é moito tempo?
-Pois a verdade é que entrei en política de casualidade e, en principio, sen interese ningún, debo recoñecelo. Teño unha experiencia persoal de asistir a un pleno, no primeiro mandato democrático, como público, moi desagradable, con discusións permanentes, insultos e faltas de respecto. Díxenme que nunca estaría en política, e a vida levoume a que non fose así.
-A xente vén falar con vostede e agarda o momento que lle toque. Agora mesmo hai catro persoas esperando. Non parece este un traballo tranquilo…
-Nun Concello a verdade é que nunca se está tranquilo, sempre hai demandas. E máis nestes momentos, non que non se poden levar adiante tantas cousas pola situación económica. O máis preocupante é o paro, a cantidade de familias que pasan polo Concello. ? inquietante ver familias que non teñen ingresos de ningún tipo e non poder facer nada porque un non ten unha variña máxica.

-¿Que pode facer un Concello para crear emprego?
-Nós, por exemplo, fixemos que as empresas que contrataron obras co Concello contratasen persoal de Valga. Nestes anos creáronse así moitos postos de traballo; provisionais, claro, pero polo menos distribuíron ingresos entre as familias. Unha das razóns de que o Concello nos convenios reducise eses empregos a media xornada é, precisamente, unha mellor distribución en época de necesidade.

-¿Lembra a Albino Ferreirós?
-¿Como non o vou lembrar se foi alcalde antes ca min? Supoño que ides polo dos dous peches que se fixeron, un con nós en minoría e outro a partir de 1995. Nun deles botou un cordel pola fiestra para que lle pasasen os bocadillos… Miren, a lectura que fixo de todo iso o pobo quedou ben clara cando lle tocou falar. Aqueles, podo dicilo, foron os peores momentos que eu lembro como alcalde. Ver a mesa do salón de plenos chea de empanadas, coma se fose isto unha romaría. O representante do PSOE, que tiña dous concelleiros, nas seguintes eleccións non quitou ningún.

-A oposición acúsalle de funcionar coma se o Concello de Valga fose seu.
-Foi un mandato de debate, de discusión, pero dun alto nivel no sentido do respecto, coas lóxicas discrepancias, quitando á voceira do PSOE. Ela, simplemente, dedicouse a facer política no canto de tentar colaborar e resolver as demandas dos veciños. Houbo oposición primeiro nas obras da recta de Vilagarcía, un proxecto que se contratou co bipartito na Xunta. O que liderou as mobilizacións vai hoxe de número 2 do PSOE. Tamén co plan xeral pola creación do novo parque empresarial. O BNG votou a favor e foi coherente co que dicía a súa xente na Xunta. Pero o PSOE opúxose. O que liderou a oposición vai no número 3 da súa lista. Eles foron coma aves de rapiña.

-Mais agora muda tamén o candidato do BNG e pode mudar o seu discurso. ¿Vai botar en falla a Rodríguez Touceda?
-Antonio é unha persoa dialogante, moi meticulosa na parte económica. Todo o miraba ao céntimo. E iso a min gústame.
-¿Que opina do seu sucesor?
-Xa foi concelleiro. ? unha persoa moito máis radical.

-A acusación de ser político é curiosa cando a fai unha persoa que leva 20 anos na alcaldía.
-De entrada non me considero político. Estou en política, pero intento non facela nese sentido, esa é a mentalidade do goberno que temos. Nós dedicámonos dende o primeiro momento a coordinar un grupo, que isto fose un equipo e xestionar.

-Por certo, algunha vez ten criticado ao seu propio partido por descoidar Valga.
-No meu partido non se valora o traballo que se fai en Valga. Sígoo mantendo. O noso esforzo non está valorado. Os políticos chegan aos cargos e esquecen que os concellos somos os que facemos o día a día, os que vemos as familias en paro. Terían que pasar pola xestión municipal.

LA VOZ DE GALICIA, 27/04/11

Luis Álvarez: «O tripartito adicouse a facer oposición á oposición».

El BNG fue la fuerza más votada, pero se quedó en la oposición. Su líder, el incombutible Luis Álvarez Angueira considera que el mandato que termina «foi o do goberno do despilfarro, da falta de coherencia e descordinación. O tripartito adicouse a facer oposición á oposición». Además, el alcaldable indica que la gestión municipal fue «negativa por moitas razóns. Non miraron polo ben do pobo; perdeuse o proxecto do peirao e o do centro de día; non se desbloqueou a cuestión do parque empresarial e emplearon 50.000 ? nunha rede WiFi que non funciona». El BNG aboga por retomar los proyectos iniciados en su etapa de gobierno y, sobre todo apuestan «por unha rexeneración política moi necesaria para Pontecesures».

EL CORREO GALLEGO, 20/04/11

La basura ya se acumula en Padrón con una dura huelga.

UGT pide la suspensión cautelar de los servicios mínimos//El alcalde cree que empresa y plantilla deben sentarse de nuevo

Padrón vivirá hoy la tercera jornada de huelga del servicio de recogida de residuos. La basura comenzaba ya ayer a apilarse en distintos puntos, con una jornada ferial de fondo que aumentó el volumen de depósitos. Mientras, el conflicto, con las reivindicaciones de la plantilla de Global Vambrú por las condiciones pactadas hace 6 meses y que no ven cumplidas, semeja todavía lejos de una solución.

El alcalde, Camilo Forján, advertía ayer que los vecinos son conscientes de la situación y están respondiendo a la petición que les hizo llegar el viernes a través de un bando, para que depositen los residuos en los contenedores que fueron trasladados desde el centro a los alrededores del casco padronés.

Pese a todo, Forján confía en que la huelga no se prolongue demasiado. «A empresa debe meditar a oferta que lle fixo o Concello , e os traballadores, a da empresa. Deben volver a sentarse canto antes para limar asperezas polo ben dos cidadáns, dos traballadores e da imaxe da concesionaria», añade el regidor. Forján señala que de levantarse la huelga se pondrán en funcionamiento las 5 islas de contenedores subterráneos del casco.

Al otro lado, los trabajadores siguen reiterando que su único objetivo es que se apliquen las mejoras acordadas. No tienen nada contra el traslado de los contenedores hacia las afueras, pero advierten que «así non se soluciona o problema». Hoy mismo, la asesoría jurídica de UGT pedirá en el juzgado la anulación cautelar del decreto de servicios mínimos , que ven «exagerado».

David Barrio, del citado sindicato, acusa al regidor de «tratar de reventar o dereito constitucional á folga que teñen todos os traballadores» con dichas medidas. La plantilla sigue viéndose en medio de una guerra entre Concello y empresa, «que parece que miran para outro lado», dicen.

Y entre los vecinos, a los que la plantilla agradece su paciencia, ya comienza a aparece alguna queja. En la calle Enlace Parque el calor avivó ayer el mal olor de residos de la hostelería.

LE CORREO GALLEGO, 18/04/11

Padrón saca los contenedores de basura de varias calles urbanas.

Con ello pretende minimizar los efectos de la huelga en el servicio de recogida, que continúa vigente

El Concello de Padrón decidió sacar del casco urbano todos los contenedores de basura, debido a la huelga indefinida en el servicio de recogida, que hoy cumple la segunda jornada. Ayer, todavía no eran muy visibles las consecuencias del paro, más allá de algún contenedor lleno en puntos como la N-550, calle Enlace Parque o bolsas de basura depositadas en varias localizaciones. El alcalde Camilo Forján firma el bando que los vecinos pueden leer en muchos puntos de la villa, redactado a efectos de «facilitar a correcta execución dos servizos mínimos e respetando o dereito a folga dos traballadores».
Así, el Ayuntamiento pide la colaboración de los vecinos para que depositen la basura en las nueva ubicaciones de los contenedores: la avenida de Compostela y de Pontecesures; recinto de la iglesia municipal y edificio de Servizos Sociais en la plaza de Manuel Rodríguez Cobián; Campo de A Barca y plaza de O Ribeiro; calle Mollet del Vallés y calle del Carmen y alrededores del IES Camilo José Cela. Asimismo, solicita a la ciudadanía que se abstenga de dejar la basura en cualquier otro lugar de la villa que no sean los indicados, «co fin de perxudicar o menos posible os festexos nos que se atopa a nosa vila».
No obstante, ayer ya había bolsas de basura depositadas en varias calles de la zona histórica. En cuanto a los servicios mínimos, los trabajadores cumplieron ayer con los fijados por decreto por la Alcaldía, retirando en torno a 1.600 kilogramos de basura, aunque la representación sindical de los trabajadores, UGT, tiene previsto impugnar mañana dichos servicios.
Desde el sindicato advierten de que no van a permitir que se «toque unha coma» el acuerdo laboral firmado en octubre pasado y que puso fin al primer paro. No obstante, los trabajadores están dispuestos a «fraccionar o cobro dos atrasos do ano 2010». También añade que la totalidad de los empleados del servicio «están dispostos a chegar ata o final», en alusión a aguantar lo que sea necesario.
UGT negocia con un banco la apertura de una cuenta para crear un fondo de resistencia para los trabajadores en huelga.

LA VOZ DE GALICIA, 17/04/11

Pedras que dan de comer.

José Antonio Senin Ferro, e o sogro do traballador do concello de Pontecesures, José Manuel Moreiras Eitor «Manel».

Senín Ferro nunca chegou dominar a singular xerga dos canteiros como o facían os vellos do seu tempo mozo. Palabras soltas coma gumarro (ovo), chumeiro (viño), xida (moza) ou rencola (garda civil) véñenselle á memoria cando se lle pregunta por un tempo e un mundo que xa non existen máis ca nos recordos duns poucos e nos libros de historia. O saber dun daqueles oficios tradicionais que tantos grandes mestres deu esta terra a base de séculos de perfeccionamento nacido da pura necesidade, e hoxe desprezado pola desnaturalizada educación urbanita. Esa mesma que desgraciadamente fai tantas veces bo o tópico dos nenos que pensan que o leite procede dos supermercados.
Se a xerga do canteiro non foi o seu forte, o que si dominou José Antonio, e moi pronto, foi o diccionario do pico e da pa, da suor escorrendo ata bater na pedra nos días de verán, nos que debía darlle as grazas á calor abafante porque «no inverno, se chovía, non traballaba, porque non tiña seguro», lembra no retiro.
«Collín o oficio rápido. Comezábase facendo cachotes, e dándolles servizo aos que estaban nos andamios, e a medida que ías aprendendo, o buxa íache dando outros traballos maiores», explica José Antonio.
A materia prima non chegaba entón en camións. «Había que ir ao monte arrincar a pedra, e baixala en carros. E á noite volvías cargado de picos para o ferreiro. Iamos a Dimo, porque alí atopabas a mellor pedra da zona». E con ela a cuadrilla de Mosqueira construía fornos, lareiras, lagares… e tamén lápidas. Vinte anos estivo nela, coa obrigado paréntese do servizo militar, que lle tocou pasar nos Pirineos. O oficio de canteiro resultou entón todo un acerto. Enrolado na cuadrilla militar, «faciamos pistas, algunha ponte, e así evitaba as gardas» e certas outras incomodidades asociadas á dedicación exclusiva á patria.
Reconstrutores do hórreo da Xunqueira e autores do monumento ao Icona
Tras os seus anos con Mosqueira, Senín Ferro buscou o seu propio camiño, sempre asociado, traballando brevemente en Asturias, e en Santiago, nunha reforma do antigo Hospital Xeral, ata que «quedei cos fillos». Del puideron aprender moitas leccións do oficio, e da vida. «? máis malo de facer un muro mal feito que ben feito». Pero tamén «igual picas dunha forma, como doutra», como cando ás veces tivo que «traballar sen traballar, facendo que pasara o día, porque a ferramenta estaba cegada» pero non se podía perder un xornal.
Cruz al Mérito Militar
Antonio Senín Cortés é un dos seis fillos de José Antonio, o segundo dos tres varóns. Inda que agora traballa na canteiría cos seus dous irmáns -un non quixo saír na foto e o outro está de baixa-, o certo é que as súas miras pasaban por vivir doutro tipo de material ben distinto á pedra. Becado para estudar electricidade na Universidade Laboral da Coruña, saíu do centro herculino coma titulado de FP en mecánica naval por falta de prazas na primeira especialidade.
Con este currículo non foi estraño velo facer o servizo militar na Marina, licenciándose coa condecoración da Cruz al Mérito Militar. «En cada reemplazo dábanlla a un, e no meu entenderon que eu fora o que máis destacara», di sen alarde Antonio.
De volta á casa familiar o vástago tiña en mente vivir da súa titulación. Pero «o meu pai enroloume nun barco pesqueiro, e negueime. Entón respostoume, vés traballar comigo». E ata hoxe.
«Canteiro por obriga» ata que a independencia económica o disuadíu definitivamente de probar sorte na súa especialidade, Antonio, que xa coñecía o oficio dos seus veráns de adolescente, traballou co seu pai 15 anos ata que este se xubilou. Sumouse ao irmán maior, José Manuel, que comezara de mecánico, acollendo máis tarde na cuadrilla familiar a Jorge, o menor dos tres varóns, que probara antes na fontanería.
Os Senín Cortés inda padeceron algunhas das escravitudes do canteiro vello. «O meu pai traballaba tipo romano, movendo as pedras con carriños». Por sorte para eles non tardaron en beneficiarse da revolución que supuxo a chegada da grúa ao oficio.
Agora dedícanse á canteiría residencial. Un dos sectores máis sensibles á crise, que os Senín tardaron en sentir. «Ata agora sempre pechabamos a axenda na primavera para todo o ano, pero neste estamos tirando con encargos sen rematar do 2010». Un auténtico plus de resistencia que quizais explique o lema de Antonio: «O máis importante é poder volver onde traballaches. A xente fala ben de nós».
Tras tantos anos no oficio, son multitude as obras con selo Senín. As máis, para particulares. Pero entre o currículo da saga de Setecoros figuran tamén encargos especiais. Dous deles pódense contemplar desde hai anos en Vilagarcía. Un é o monumento erixido ao pé do monte Xiabre na honra dos traballadores do Icona mortos na extinción dun incendio forestal. O outro é a reconstrución do hórreo do parque da Xunqueira. Un traballo só posible, lembra Antonio, pola suma da «experiencia do meu pai e dunhas fotos antigas que tiña unha señora». E é que cando o Concello contratou a obra, José Antonio e seus fillos atopáronse unha morea de pedras amontonadas sen orde nin numeración. «Algunhas pedras roubáranas e houbo que facer outras», rememora o patriarca dos Senín. «Levou máis tempo buscar e ordear as pezas que facer o hórreo». Porque «non é saber facer o hórreo, hai que saber encaixar as pedras».

LA VOZ DE GALICIA, 10/14/11

La fundación de la Ruta Xacobea de Arousa e Ulla tendrá local en Valga.

El pleno de Valga aprobó en el pleno ordinario celebrado el lunes por la noche autorizar el uso de un local en el auditorio municipal de Cordeiro a la Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. Este órgano carece de sede propia y se reunía hasta ahora en Padrón. En lo sucesivo, la fundación centralizará su actividad en Valga.
El pleno también aprobó la concesión de los fondos Feder de la Diputación y la recepción del material sobre la Bella Otero que donó al Concello el coleccionista y psiquiatra padronés Jesús Fraiz. Este material consiste en una docena de biografías y postales sobre el personaje, una litografía de un pintor francés de principios del siglo XX, un libro de biografías elaborado con coleccionables de una revista y una reproducción de 50 centímetros de la estatua de la Bella Otero que está en el parque de los Irmáns Dios Mosquera. El material se expone ya en el Museo Histórico Local.

LA VOZ DE GALICIA, 30/03/11