Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Arranxados os aparellos danados do parque biosaudable do peirao de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Dende hai varias semanas permanecían danados varios aparellos deste parque situado no paseo marítimo, fronte Nestlé. Tiñan algúns elementos fóra de sitio ou arrrincados, con tornillería solta e bastantes veciños demandaban o seu arranxo pois son uns aparellos ximnásticos moi utilizados. No día de onte operarios muncipais remataron os traballos de arranxo para ben de todos.

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. papagos

    Ten unha boa rede de informadores, a CIA non sabe de vostede, pero teñen que aplicarse un pouco máis. Os traballos de arranxo dos aparellos do muelle (danados desde que gobernaban vostedes) remataron onte día 11, non o día 10 como di na nota. A información ten que ser veraz.

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Ã? unha boa nova que estean arranxados os aparellos do parque biosaudable. Co anterior goberno xa houbo dano en algún facéndose xestións para o arranxo. Logo xa con este goberno danáronse máis aparellos e agora foron arranxados todos. Non é cuestión de informadores “papagos”, pois eu mesmo comprobei a primeira hora do día 11 de agosto que os traballos estaban realizados. Pode ser, como dís, que se remataran o propio 11, tampouco ten transcendencia. O importante é que están arranxados, que teñen moitos usuarios, e que a iniciativa do goberno local anterior de facer este investimento, subvencionado ao 100% pola Xunta e Galicia, foi un éxito para todos.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.