Arranxados os aparellos danados do parque biosaudable do peirao de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Dende hai varias semanas permanecían danados varios aparellos deste parque situado no paseo marítimo, fronte Nestlé. Tiñan algúns elementos fóra de sitio ou arrrincados, con tornillería solta e bastantes veciños demandaban o seu arranxo pois son uns aparellos ximnásticos moi utilizados. No día de onte operarios muncipais remataron os traballos de arranxo para ben de todos.

Categorías: Concello

2 comentarios

papagos · 12-08-2011 ás 11:02

Ten unha boa rede de informadores, a CIA non sabe de vostede, pero teñen que aplicarse un pouco máis. Os traballos de arranxo dos aparellos do muelle (danados desde que gobernaban vostedes) remataron onte día 11, non o día 10 como di na nota. A información ten que ser veraz.

Luis Angel Sabariz Rolán · 12-08-2011 ás 11:38

? unha boa nova que estean arranxados os aparellos do parque biosaudable. Co anterior goberno xa houbo dano en algún facéndose xestións para o arranxo. Logo xa con este goberno danáronse máis aparellos e agora foron arranxados todos. Non é cuestión de informadores “papagos”, pois eu mesmo comprobei a primeira hora do día 11 de agosto que os traballos estaban realizados. Pode ser, como dís, que se remataran o propio 11, tampouco ten transcendencia. O importante é que están arranxados, que teñen moitos usuarios, e que a iniciativa do goberno local anterior de facer este investimento, subvencionado ao 100% pola Xunta e Galicia, foi un éxito para todos.

Deixa una resposta a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.