Cordeiro festexa a Candelaria con procesión e poxa de lacóns.

A procesión percorreu parte da parroquia de Cordeiro.

A ??Procesión dos Lacóns? volveu percorrer onte o traxecto entre a aldea de Vilar e a igrexa parroquial de Cordeiro. As imaxes de San Antonio, San Roque e San Paio acompañaron ás cinco mulleres que portaban cestas con lacóns, unha ofrenda que é toda unha tradición dende o século XIX. Trala misa, as pezas de carne foron subastadas e os veciños pagaron entre 22 e 70 euros por cada unha delas.

Canto xuntastes??, preguntaba ao párroco de Cordeiro un dos asistentes aos festexos da Candelaria ao rematar a poxa dos lacóns. ??Moi pouco?, era a resposta do cura. Foron concretamente 375 euros os que reuniu coa subasta das oito pezas de carne que se puxeron á venta. Setenta euros foi a cantidade máis elevada que se ofreceu polo lacón de maiores dimensións, cando o ano pasado chegaran a pagarse noventa euros por algunha peza. Semella que a crise fai mella nos petos dos cidadáns, pero isto non foi, nin moito menos, un obstáculo para que Cordeiro cumplise coa tradición de cada 2 de febreiro, como manda a Virxe da Candelaria.
Dende as dez da mañá un bo número de veciños saíron en procesión dende a capela de Vilar portando as imaxes de tres santos: o patrón da aldea, San Paio, ao que acompañaban San Roque e San Antonio. Os dous últimos ían de volta cara o seu ??fogar? habitual, a igrexa de Cordeiro, dende a que se trasladaron a Vilar o pasado 25 de xaneiro, con motivo da festividade de San Paio. Alí estiveron durante máis dunha semana e onte tocaba camiñata de regreso.

Durante preto de dúas horas e media a ??Procesión dos Lacóns? percorreu o traxecto entre Vilar e a igrexa parroquial de Cordeiro. Unha salva de bombas de palenque anunciaba o paso por cada lugar da comitiva, encabezada por cinco mulleres que portaban, sobre as súas cabezas, cestas cun total de oito pezas de lacón. Tras elas, os tres santos, un grupo de gaiteiros e a ringleira de devotos, algúns deles con ramos de flores. Houbo paradas para descansar e repoñer folgos, e tamén para degustar os aperitivos e as copas de ??sansón? ou outras bebidas que os veciños ofrecían aos camiñantes.

Foi un andazo de peste que sufriu no século XIX a aldea de Vilar o que deu orixe a esta tradición. Por aquel entón, ante os crecentes e nefastos efectos da epidemia, os veciños decidiron reclamar a intervención divina mediante unha ofrenda aos santos. A iniciativa parece que xurdiu efecto e a procesión convirteuse en toda una tradición que se mantén a pesares do paso do tempo.

A medida que a procesión se ía achegando á igrexa de Cordeiro era cada vez máis o número de persoas que se congregaba nos arredores do templo para recibila. Durante a espera aproveitaban para mercar rosquillas ou lambetadas, no caso dos máis pequenos. A chegada da comitiva deu paso a unha misa cantada e a outro dos actos principais da mañá: a poxa dos oito lacóns que as mulleres ofreceron a San Antonio, San Roque e San Paio.

Dende o palco de música o párroco e un axudante foron amosando á xente cada unha das pezas. Ese foi o momento no que houbo no campo da festa unha maior congregación de persoas dispostas a ofrecer cartos polos lacóns, aínda que non foran tantos como desexara o párroco, que de vez en cando pedía un pouco máis de animación entre os potenciais compradores. ??Hai que mirar o que temos na carteira?, replicábanlle con risas dende o público. Porque tamén houbo momentos simpáticos, como algunha que outra equivocación nas cantidades. Iso sí, ningún lacón quedou sen dono. O menor prezo que se ofreceu foi 22 euros, mentras que o maior foi vendido por 70. Entre medias as cantidades foron moi diversas, dese os 25 euros dalgúns ata os 55 que se pagaron por outros. E a pesar que algúns case levaban xa o peto valeiro, aínda faltaba a sesión vermouth, amenizada polo grupo de gaitas ??Airiños do Meda?.

Os festexos en Cordeiro non remataron, nin moito menos, cos actos na horna da Virxe da Candelaria. Hoxe, día adicado a San Blas, volve a ser día de festa nesta parroquia e tamén no resto do municipio, posto que é festivo local en Valga.

A primeira hora da mañá doce bombas de palenque darán comezo ás celebracións en Cordeiro, con misas rezadas a partir das nove. Ás dez será o turno do pasarrúas a cargo da Banda de Música de Vilanova. O acto relixioso central está previsto para a unha do mediodía e estará cantado por un coro. Darase paso, entón, á sesión vermouth e, pola tarde, volverá a haber misa rezada ás 18 horas.

Además, seguindo coa tradición instaurada xa hai anos, os empresarios do municipio aproveitarán o día de San Blas para reunirse nunha comida no restaurante Casa José, á que asistirán tamén o, José María Bello Maneiro, e o conselleiro de Industria, Javier Guerra.

E para rematar esta semana de festas continuas, o sábado terá lugar en Cordeiro unha verbena coa actuación das orquestras Charleston e Costa Oeste.

DIARIO DE AROUSA, 03/02/10

De fista y aniversario en Valga.

Marcial y Divina, en primer término, durante las actividades celebradas ayer en el centro de día

Coincidiendo con el segundo aniversario de su apertura, la dirección del centro de día de Valga acordó realizar durante toda la semana jornadas de puertas abiertas. La idea es que los vecinos de Valga y alrededores conozcan el funcionamiento de estas instalaciones, las únicas de carácter público de la zona, con treinta plazas disponibles, y más que hubiera. Los usuarios son personas mayores de 65 años, provenientes de Valga, Pontecesures, Catoira y Cuntis, que encuentran en este centro situado en el auditorio de Cordeiro un lugar donde comer, participar en actividades y pasar el día en buena compañía. Ayer tuvieron ocasión de comer con los familiares que pudieron o quisieron acompañarlos. Hoy se cierra porque en Valga es festivo local por San Blas, pero mañana vuelven los talleres de psicomotricidad y embellecimiento saludable y el viernes toca baile. Los lacones volvieron a desfilar. En la parroquia de Cordeiro se cumplió ayer de nuevo el rito de sacar los lacones en procesión, aunque esta vez sin compañía del santo. Según la tradición, los vecinos ofrecen lacones para pedir la intercesión divina en previsión de posibles plagas o males que puedan afectar a los animales, y ayer, día de la Candelaria, tampoco faltaron ni las patas de cerdo ni las «poxas». Nada más empezar la puja, el segundo lacón había alcanzado ya los 55 euros.
Lo que también va camino de convertirse en tradición es la comida anual de los empresarios de Valga. La cita hoy es en casa San José y está anunciada la presencia del conselleiro de Economía Javier Guerra.

LA VOZ DE GALICIA, 03/02/10

Gestal, pasión por el saxo a los 68 años.

Isidoro Gestal, de pie, tocando el saxo con la orquesta de Valga.

Ex marinero y vecino de Padrón, acaba de debutar con una orquesta

La edad nunca es problema. Y para Isidoro Gestal puede ser incluso un aliciente. Este ex marinero y empleado de Picusa, natural de Carcacía, decidía retomar con motivo de la jubilación su pasión nunca resarcida por la música. Y, siete años después (accedió a la pensión anticipada a las 61 primaveras) ahí lo tienen, debutando con una orquesta municipal del calibre de la Valga con su inseparable saxo.

Isidoro recuerda esa velada (el 2 de enero del presente año) como “muy especial”. Allí estaba una de sus hijas (tiene dos, Marifé y Ana Belén) con su esposa y buena parte de la familia. “O auditorio de Valga púxose a aplaudir e eu, en lugar de ter vergoña, crecinme; penso que nunca toquei tan ben”, apunta convencido a este semanario.

Con respecto a su aficción, recuerda que de joven llegó a ir andando hasta Melide para ver tocar a las bandas. Cuando se jubiló empezó a darle duro al solfeo, hasta que su yerno le animó, con 64 años, a empezar a tocar algún instrumento. “Mercáronme un saxofón, e empecei a practicar”, reseña. El instrumento le gustó, ya que adquirió uno aún mejor y, espoleado por su profesor Diego en la escuela de música de Valga, le dio la partitura de un pasodoble para que hincase los codos… Y vaya si lo hizo, a tenor de los aplausos.

TIERRAS DE SANTIAGO, 02/02/10

Augas cree que la tala de los ameneiros en Caldas ordenada a la empresa Caamaño de Pontecesures, era “recomendable”.

Los árboles fueron cortados por le empresa Caamaño de Pontecesures, por orden del concello, ante el riesgo de caída al caudal.

La Consellería de Medio Ambiente no incoará, finalmente, expediente sancionador alguno contra el Concello de Caldas a raíz de la tala de dos ameneiros en el margen del río Umia. Considera que la corta era ??recomendable?, a pesar de que carecía de autorización previa de Augas de Galicia.

La tala de estos dos árboles se realizó como parte de las obras de continuación del paseo fluvial del Umia entre A Tafona y el jardín. Tras recibir dos denuncias, una de ellas del Seprona y otra de Independentes de Caldas, Augas de Galicia inició una investigación para conocer lo ocurrido. El jefe de área de autorizaciones se desplazo al municipio y pudo constatar que ??alomenos cortáronse dous ameneiros?.
Hace apenas unos días, a finales de la semana pasada, el Servizo Territorial de la Zona Galicia Sur de Augas de Galicia hizo llegar al Concello la resolución de su investigación. Le recuerda a la administración local que el Reglamento del Dominio Público Hidráulico establece que este tipo de cortas ??requerirán autorización do organismo da conca? y señala, asimismo, que ??constitúe infracción administrativa a curta de árbores, ramas, raíces ou arbustos nos cauces, ribeiras ou marxes sometidos ao réxime de policía sen autorización administrativa?.

Con todo, la decisión final que adopta Augas de Galicia es ??non incoar o correspondente expediente sancionadora? puesto que el informe elaborado por el jefe de área de autorizaciones concluye que la tala realizada era ??recomendable?. En el citado informe se indica sobre los dos ameneiros cortados que, el situado frente al Muíño, ??estaba no propio cauce,con depósito de terras ao seu arredor, e obstaculizando o descorrer das augas?. El segundo se encontraba ??no noiro do terreo que, pola inclinación cara ó río, e existía perigo de que se derrubase?.

Con todo, la notificación concluye comunicado al Concello ??a necesidade de contar con autorización previa deste organismo? en próximas ocasiones que realice talas en los cauces públicos.

DIARIO DE AROUSA, 02/02/10