O sábado día 24 de novembro, ás 20 horas na Igrexa Parroquial de Padrón celebrarase o VI Festival Santa Cecilia. Actuarán o coro “A Barcarola” de Pontecesures, a Coral Polifónica de Betanzos e a Coral Polifónica Padronesa.
Esta última agrupación é a organizadora do evento.
Camiño a Santiago
Na noite do 5 ó 6 de Decembro haberá unha peregrinación, camiñando, dende Pontecesures ata Santiago de Compostela.
Para anotarse hai que facelo no *Bar Choco*, tendo unha couta de 6? que cubrirá a viaxe de volta en Autobús e a comida e bebida que se levará nun coche de apoio durante toda a viaxe.
A Policía descarta que houbera lixo no interior dun piso da rúa Estación.
A Policía Local de Pontecesures descartou que nun dos pisos do edificio número 15 da Rúa Estación se estivese a acumular basura, tal e como denunciaran no Concello membros da comunidade de veciños. Un axente consigueu que a dona da vivenda (que está inhabitada e sen mobles) o deixara facer as comprobacións e, segundo o seu informe, no interior había só un can, cuxos excrementos e oríns provocaban en ocasións o mal cheiro ó que se referían os residentes do edificio.
O Concello púxose en contacto coa comunidade de veciños para explicarlles que deben ser eles os que resolvan esta situación, xa que a administración local non ten competencias.
DIARIO DE AROUSA, 17/11/07
A Deputación entregou uns obsequios ós xogadores do Extrugasa Río Ulla.
O sábado pasado día 10 de novembro, o 1º tenente de alcalde de Pontecesures, Rafael Randulfe e o concelleiro de deportes, Javier Quintá, entregaron no pavillón municipal unas mochilas-bandoleiras os nenos do equipo alevín de baloncesto do Extrugasa Río Ulla como obsequio da Deputación Provincial de Pontevedra.
No futuro, entregaranse estas mochilas-bandoleiras ós integrantes dos outros equipos deste club de baloncesto.
HORARIOS DOS PARTIDOS NA FIN DE SEMANA DOS EQUIPOS DO EXTRUGASA RIO ULLA
Esta fin de semna vanse xogar os seguintes partidos:
Senior: Sábado as 19.30 h. no polideportivo de Pontecesures contra o Portonovo.
Cadete masculino: Sabado as 10.30 en Pontecesures, contra o Xuven de Cambados.
Infantil Masculino: Domingo as 18.30 h. en Vilagarcia contra o Liceo.
Alevin Masculino: Sábado as 12.30 h. en Cambados contra o Xuven.
Alevin femenino: Sábado as 12.30 h. en Pontecesures, contra Marín Peixe Galego “c”.
Equipo Cadete Masculino 2007-08
Los municipios que llevan la basura a Lousame se unen para impulsar una planta de biomasa
Ames, Brión, Padrón, Dodro y Rois se sumarían al proyecto de Barbanza y Arousa
Desde que la mancomunidad de municipios Serra do Barbanza se puso en marcha, en 1997, nunca hasta ayer se había producido una aproximación entre este colectivo y Arousa Norte. Ahora, ambas entidades se muestran dispuestas a colaborar para poner en marcha una planta comarcal que utilice la biomasa forestal para producir energía eléctrica, instalaciones que se ubicarían dentro del recinto que ocupa el complejo medioambiental de tratamiento de residuos de Servia.
(máis…)