Retrouso presenta a sétima edición do seu festival con novas actividades e concertos

O VII Festival Retrouso celebrarase o sábado, 12 de xullo, no eirado de Cela (Bueu)

A Asociación Cultural Retrouso presenta en sociedade o proxecto do seu VII Festival Retrouso, que se celebrará no eirado de Cela (Bueu) o sábado, 12 de xullo de 2008. Seguindo a experiencia dos dous últimos anos, nos que combinou a celebración do festival coa organización dunha xornada de xogos en Chans (Chanscontro), Retrouso vai encher o día do festival de actividades:

(máis…)

Gran cea da peña quinielística do Bar Mambís.

O venres día 27 de xuño, ás 21:00 terá lugar esta cea da peña de quinielas “Más vale tarde que nunca” que ten a sede no Bar Mambís, rexentado por Elías Sanmarco, nunha carpa que se instalará no peirao, preto das instalacións de Protección Civil de Pontecesures.
O prezo do menú, que estará servido por Pulpería Mambís (Marisol e Florencio), é de 30 ?, e consistirá en empanada, polbo, churrasco, carne ó caldeiro, rosca, tarta de Santiago, café e licores.
Haberá actuacións musicais e xa están confirmados Luis “Queimada”, Manolito “El Pescador” e o humorista Pacheco.
Por suposto, poden asistir os/as non socios/as aboando o prezo do menú.

Escasos danos na noite de San Xoán en Pontecesures.

O Concello de Pontecesures, como nos últimos anos, preparou un operativo coa Policía Local e con Protección civil para evitar danos nos bens públicos e privados na noite da San Xoán (foron cuantiosos noutros anos).
Os danos neste ano foron escasos, e así na inspección ocular realizada nesta mañá apreciouse que tres sinais informativos foron dobradas ou derrubadas (una no peirao, outra no acceso á rúa do Pilar en San Xulián, e a última da zona azul, na rúa San Lois). Dironse ordes xa para o arranxo destos sinais.
Quero agradecer o labor realizado tanto polos policias locais de servizo, como polos voluntarios de protección civil.

Gamberrismo nesta pasada noite.

Na mañá de onte apreciáronse algúns danos nas rúas de Pontecesures. Así tres papeleiras (dúas na rúa Sagasta, e outra na Eugenio Escuredo) foron danadas. Tamén apareceu dobrada, case ata o chan, un sinal informativo preto da parte traseira da piscina municipal. Por último, tamén apareceu roto un banco do peirao.

Prazo de matrícula para alumnado de nova admisión no CPI Pontecesures.

Para os alumnos de infantil e primaria, o prazo é do 20 ó 30 de xuño.
Para os alumnos da ESO, o prazo é do 25 de xuño ó 10 de xullo.

Para matricularse os alumnos deben presentar:

-Impreso de matrícula que se facilita na secretaria do colexio.
-Certificado do pediatra de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
-Copia da cartilla de vacinación.
-Certificado de empadroamento do concello de solicitarse transporte escolar.