Mª Begoña Regueira Guntín proposta para seren directora do CPI Pontecesures.

No día de hoxe tivo lugar na biblioteca do CPI Pontecesures, a reunión da comisión encargada de avaliar o proxecto presentado por Mª Begoña Regueira Guntín, que foi a única candidata que se presentou para directora do centro logo, tras realizarse a oportuna convocatoria en cumprimento da normativa vixente.
A comisión estivo presidida polo Inspector de Educación, Xurxo Novales Ordás, e asistiron os profesores, Jorge Sierra Portabales, Mª Paz Parajó Gómez e Silvia Touriño Novo, e as persoas elixidas previamente no Consello Escolar, que foron Jesús Mª Rey Beiró (representante do Concello) Elías Sanmarco Enrique (representante do persoal) e Luis Ángel Sabariz Rolán (representante da ANPA).
A candidata acadou unha puntuación polo proxecto de 10,40 puntos (sobre un máximo de 12), e hai que engadir outros 8,55 puntos coma méritos avaliables. Así a puntuación total foi de 18,95 puntos. Agora a proposta estará exposta no taboleiro de anuncios do colexio por prazo de 10 días a efectos de reclamacións. O nomeamento formal correspóndelle ó Delegado de Educación e producirá efectos con data 01/07/08.
Saliéntase que no proxecto de Mª Begoña (que ata agora era xefa de estudos de primaria) xa aparece reflectido o equipo co que conta. A xefa de estudos de primaria será Mª Manuela López Cea, a xefa de estudos de secundaria será Mª Isabel Lapido Silva e o secretario será Xosé Xavier Ron Fernández.
Lémbrase que a actual directora, Mª José Suárez Guzmán, xa non estará no centro no vindeiro curso despois de tantos anos, pois trasládase ó CEIP de Lamas de Abade (Santiago).
Quero desexar a Mª José o mellor no seu novo destino e a Mª Begoña que acade ós maiores éxitos a fronte do noso centro.

Pousa Antelo lembra vivencias dende A Estrada.

tiep23f03065652_136044.jpg

O profesor Xosé Mª Lema, á esquerda, con alumnos e Pousa Antelo

“Eu tiña moitas ganas de volver a Galicia e por iso inventei aquela historia…” Avelino Pousa Antelo conta cómo logrou sobrevivir na fronte, conducindo unha ambulancia, naqueles anos da Guerra Civil. O presidente da Fundación Castelao foi un mestre de excepción para os alumnos de segundo de bacharelato do IES Antón Losada da Estrada, cos que compartiu recordos e anécdotas de toda unha vida. Pousa, a que coñecían na súa Barcala natal coma Lucho do Peto, falou dos seus comezos na escrita con poemas e artigos en La Voz de Barcala, a súa paixón pola fotografía, os tempos nas Mocidades galeguistas ou os duros días da guerra, que o pillou en Galicia cun permiso (facía o servizo militar en Ceuta) para facer oposicións. A historia de toda unha vida.

TIERRAS DE SANTIAGO, 29/04/08

Estase a instalar a calefacción na Igrexa Parroquial de Pontecesures.

As obras de instalación da calefacción de gas natural na Igrexa están avanzadas. O párroco Arturo Lores Santamaría, anunciou que unha persoa particular afronta o custo do 50% do investimento, e fixo un chamamento ós feligreses para que se acheguen donativos para facer fronte ó outro 50%, ben na propia igrexa, ou realizando un ingreso nunha conta bancaria aberta en Caixanova-Pontecesures para dito fin.