En lugar de asistir ó pleno ordinario o ex alcalde asiste o aniversario do semanal “Tierras de Santiago”.

O luns día 24 de setembro ás 21 horas tivo lugar o pleno ordinario da Corporación, e ese mesmo día as 20 horas celebrouse en Santiago o primeiro aniversario do semanario “Tierras de Santiago”. Por cumprir coas miñas obrigas coma concelleiro no pleno, foime imposible asistir ó acto celebrado en Santiago para o que estaba convidado. Con sorpresa observo, unha vez máis, que o Sr. Alvarez Angueira, que faltou ó pleno, prefire este tipo de actos en lugar de representar ós veciños de Pontecesures no pleno da corporación. Dende logo considero censurable esta actitude do ex alcalde.

tierrasdesantiago.es/galeriasImagen.php?idMenu=56&idGaleria=1408&pag2=17

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

O BASKET ESTÁ DE MODA

Proba del foi que, coincidindo cos campeonatos europeos de seleccións absolutas, pódese ver decorado coma se fose unha cancha de baloncesto, dende hai algunhas semanas, o escaparate dunha conocida tenda de electrodomésticos cesureña, ELECTRODOMESTICOS FROIS, canasta, balón e camiseta de Jordan incluidas.

100_7549-web.JPG

O noso club de baloncesto colaborou con esta casa comercial cedéndolle por estas semanas a canasta de iniciación don rapaces, e coma se pode apreciar, quedou moi curioso e orixinaleste escaparate obra de Marián.

100_7551-web.JPG

Indicar tamén que os homes da selección foron prata (nunca un 2º posto soubo a tan pouco), e que estes días son as mulleres da selección española as que están xogando o seu europeo. España está clasificada para cuartos, e chega o momento culminante para as chicas, podendo optar a ser campeonas de Europa.

Se é que os do basket…

100_7550-web.JPG

A ANPA do CPI Pontecesures solicita ó Concello unha marquesina para a nova parada do transporte escolar de Toxa-Carreiras.

Presentou a ANPA no Concello o seguinte escrito:

Como é coñecido por todos, A Delegación Provincial de Educación autorizou recentemente unha nova parada de transporte escolar na pista da Barosa para trasladar ó centro escolar ós alumnos de A Toxa e Carreiras, despois das xestións realizadas por esta ANPA en base as peticións das familias da zona.

(máis…)