O venres 12 de outubro festividade do Pilar en San Xulián.

Organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián celébrase o venres día 12 de outubro a Festa da Virxe do Pilar.

* As 10,30 comezará o pasarrúas, polo interior do lugar, a cargo do grupo Xarandeira de Pontecesures.

* As 12,00 terá lugar a Misa Solemne na Capela que será oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría, e cantada polo coro da Barcarola tamén de Pontecesures.

* O rematar a misa terá lugar a procesión da Virxe do Pilar pola rúa do mesmo nome.

* Despois da procesión actuará o grupo Algueirada de Pontecesures.

Pequeño “pellizco” en la primitiva para personal del “Obradoiro de emprego”.

Las integrantes del módulo de ayuda en el hogar del “Obradoiro de emprego” de Pontecesures (nueve en total: siete alumnas-trabajadoras y dos monitoras) resultaron agraciadas en el sorteo de la lotería primitiva del sábado pasado, día 6 de octubre. Tuvieron cinco aciertos en el boleto y les corresponde un premio de 2.136,93 ? que se repartirán entre las nueve.
Enhorabuena.

Estatísticas Septembro 2007

Segundo google Analytics esta é a evolución desta web:

table(tabla).
|_.   |_. Septembro |_. Cambio mes anterior |
|_. Visitas |>. 9.030 |>. +17,33%|
|_. Páxinas Vistas|>. 25.853|>. +21.44%|
|_. Paxinas por Visita|>. 2,86|>. +3,50%|
|_. Promedio de tempo por visita|>. 4’38”|>. +7,22%|
|_. % de visitas novas|>. 30,91%|>. +7,05%|
|_. Usuarios únicos absolutos|>. 3.183|>. +27,12%|

grafica1.gif

Coma tódolos meses estamos a crecer, o día con máis movemento do mes de septembro foi o día 18, con 1.331 páxinas vistas.

Tamén hai que facer mención ó numero de entradas dese mes, no cal chegamos a ter un total de 131 entradas, que fan unha media de 4,37 entradas/día.

Horarios da “Ximnasia de mantemento para adultos/as”.

Organizada polo Concello de Pontecesures estase a levar a cabo no Pavillón Polideportivo Municiapl a actividade de referencia co seguinte horario semanal:

* Os luns de 9,15 a 10,45 horas.
* Os martes de 20,00 a 21,00 horas.
* Os mércores de 9,15 a 10,45 horas.
* Os xoves de 20,00 a 21,00 horas.
* Os venres de 9,15 a 10,45 horas e de 20,00 a 21,00 horas.

Todos/as aqueles interesados/as poden anotarse calquera destos días e nos horarios indicados no propio pavillón falando co monitor que imparte a actividade.