p(centrado). 
p(centrado). Esta vez non se me pasou, mil gracias, ou millor: 2.000 gracias a todos.
p(centrado). 
p(centrado). Esta vez non se me pasou, mil gracias, ou millor: 2.000 gracias a todos.
p(centrado). 
O Pontecesures C. F. volta a xogar na casa, ante o Monfero, mañá sabado as 17 h. Logo de 6 partidos o equipo inda non sumou puntos, pero mañán teñen unha nova oportunidade para conseguilo. E elo, tralo varapao que supuxo o resultada da pasada fin de semana (perderon na casa 2 – 3 contra Noia), pois quedando 5 minutos ian gañando os de Pontecesures por 2 a 1. Pero a ansiedade por acadar os primeiros puntos levou ós rapaces de Marcos “pichi” a cometer erros defensivos que lle costaron encaixar 2 goles e caer derrotados ó final, de xeito doloroso.
De todolos xeitos, o mister “Pichi” recoñece que vai notando coma o xogadores van mellorando, e collendolle o ritmo a unha liga completamente descoñecida para eles.
Sorte mañán, e animo.
p(centrado). 
No mediodía de hoxe o alcalde convocou para o martes día 28 de novembro ás 18,00 o pleno extraordinario solicitado polo PP o pasado sábado día 11 de novembro cun único punto da Orde do Día é o seguinte: “Petición de Comparecencia do Sr. Alcalde en relación co consumo de combustible dos vehículos de servizos municipais”.
O alcalde, coma sempre, esgotou o prazo de 15 días hábiles para celebrar o pleno e fixou unha hora na media tarde tratando de que non asista moito público. Dende aquí fago un chamamento aos veciños para que acodan en masa a este pleno para ter información do que sucedeu no noso concello con este tema do desorbitado consumo de combustible.
Columna de “LERIAS” aparecida en La Voz de Galicia de 16/11/06
O concelleiro da Agrupación Cidadá por Pontecesures, Luis Angel Sabariz Rolán, non coñece o desánimo; De ser goberno pasou á oposición pero, lonxe de facerlle caer na apatía, o edil traballa cada vez máis: Non lle chega con criticar e sacarlle as cores ao equipo de Luis Alvarez Angueira (que se o consumo de gasóleo, que se os gastos do teléfono móbil, que se as facturas das comidas) que tamén lle fai de gabinete de prensa. De xeito que, se hai que informar de cantos aspirantes se presentan para o obradoiro de emprego e dos prazos, Sabariz no lo fai saber con celeridade e eficacia. O alcalde dí que o seu é obsesión e puro afán de notoriedade. Sabariz contesta que o único que fai e cumprir co seu deber de concelleiro así que á vista do que hai por aí, unha de dúas: ou o cesureño e o político máis concenciado e traballador da comarca ou o resto pasa de todo. Por aquí xa o coñecemos e onde tamén o van coñecer moi ben é na oficina do Valedor do Pobo. Onte volveulle a mandar outro escrito de protesta contra as actitudes obstaculizadoras do alcalde. Angueira, o que che queda.
A saída das clases da tarde do día 15 de novembro ás 16,50 horas haberá unha demostración onde os alumnos do CPI Pontecesures poderán apreciar o vóo dos pequenos avións e incluso dun helicóptero en miniatura.
As 17 horas comezarán as clases para iniciarse na montaxe destes singulares aparellos nun aula do centro e serán impartidas polo monitor Francisco Javier Barreiro Castaño que reside en Pontecesures e pertence ao Club Estela de Aeromodelismo de Santiago de Compostela.
Esta ANPA fai un chamamento para que acodan o maior número de nenos/as informando que as clases están dirixidos a alumnos/as de máis de 8 anos de idade.
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA
Nesta 4ª xornada da liga de futbol sa o equipo de Pontecesures tocáballe de desprazarse ata Noia, pero problemas de dispoñibilidade de pista no polideportivo por parte dos noieses fixo que as 2 directivas chegasen a un acordo para cambiar a orden dos seus encontros, xogando en Pontecesures maña, e o partido da 2ª volta celebrándose en Noia, cando toque no calendario. Así, dase a circunstancia de que o eqipo cesureño vai xogar 3 encontros seguidos en Pontecesures, o da semana pasada e o da próxima semana, mais este de mañá sabado.
O outro dia non foron quen de gañar, pois caeron po 1 a 5. Esperemos que nestes 2 próximos partidos logren sumar algún punto para coller moral.
O HORARIO DO PARTIDO DE MA??N SÁBADO ? AS 16.30 POR PETICI?N DOS NOIESES.