O Concello de Pontecesures foi un dos seleccionados para recibir o material “ O Caldo de gloria” para a celebración do día de Rosalía, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Fundación Rosalía de Castro.
A distribución de este material sobre a autora levarase a cabo na hostalería local con servicio de restaurante xa que está formado por manteles con un poema de Follas novas para lembrar a figura de Rosalía de Castro e celebrar a nosa cultura gastronómica popular.
O desfile e concurso de disfraces levaráse a cabo o domingo 27 de febreiro.
Prazo de inscrición dende o día seguinte á publicación do anuncio das BASES DO ENTROIDO 2022 EN PONTECESURES no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ata o venres 25 de febreiro. Avisaráse a través deste medio da data de publicación no BOP e da apertura do prazo de inscrición. NON SE ACEPTARÁN INSCRICIÓNS ANTES DA APERTURA DO PRAZO.
A Fiscalía e a acusación particular ratificaron a súa petición de oito anos e nove meses de prisión para un home por abusar e agredir sexualmente ás dúas fillas e á sobriña, todas menores de idade, da súa parella. O acusado declarouse inocente.
A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou este martes o xuízo a porta pechada, excepto a declaración do acusado.
No seu informe final, o fiscal, Alejandro Pazos indicou que a acusación quedou «plenamente acreditada» en canto aos feitos producidos e a natureza xurídica do comportamento do procesado.
Segundo o representante do Ministerio Público, a sobriña do acusado relatou ante a sala de maneira «suficientemente clara y lógica» que en marzo de 2019, cando ela tiña 9 anos de idade, quedou a durmir no domicilio da súa tía, parella do investigado, en Caldas de Reis. Nesa casa vivían tamén as súas curmás, de menos de 14 anos, así como o home investigado.
Segundo o relato referido desta nena, esa noite, aproveitando que as demais menores atopábanse nunha tenda próxima e a súa parella tampouco estaba na casa, o home, entrou na súa habitación e chamou á menor para que acudise. Ao chegar ao cuarto, a nena atopouse ao noivo da súa tía espido e co pene erecto.
Nese momento, o home indicoulle que se quitara a roupa e que se metera con el na cama. Ante a negativa da nena, o acusado agarrouna polos brazos e tirouna encima da cama, tras o que a menor conseguiu dar unha patada ao home nos seus xenitais. Aproveitou ese momento para fuxir da vivenda, mentres o home gritáballe: «Más te vale que no cuentes nada de esto porque si no voy a matar a tu madre y la segunda va a ser tu prima».
O acusado asegurou con rotundidade que «nunca» se produciron eses feitos e tamén negou as ameazas. «Yo nunca le he insinuado algo sexual, ni tocamientos absurdos ni nada a ninguna de ellas», declarou ante o tribunal.
A Fiscalía sostén que as probas de descargo presentadas pola defensa do acusado «no tienen consistencia» e, ao contrario «refuerzan la ausencia de incredibilidad subjetiva de la víctima» e mesmo algún das testemuñas que declararon en favor do acusado ofrecen unha «corroboración periférica de carácter objetivo» dos feitos relatados pola vítima.
O fiscal tamén se referiu á parella do acusado de quen dixo «mantiene una conducta tendente a proteger los comportamientos del acusado como padre y persona que protegió a las menores de edad en un momento dado y que le dio una estabilidad económica que de otra manera no tendría». Por estes motivos, o fiscal cre que a parella do acusado «pone por encima de cualquier otra consideración el interés por mantener esa relación afectiva».
A Fiscalía, ademais de pedir para o investigado catro anos e seis meses de prisión por un delito de agresión sexual a unha menor de 16 anos agravado por prevalerse o culpable dunha relación de superioridade ou de parentesco en grao de tentativa, solicita tamén tres anos e tres meses de prisión polo delito continuado de abusos sexuais a menores de 16 anos agravado por prevalerse dunha relación de superioridade ou de parentesco; e pide un ano máis polo delito de exhibicionismo e provocación sexual.
O acusado recoñeceu que na súa casa sempre está completamente espido ou espido da cintura para abaixo, un comportamento que mantén en presenza das fillas menores da súa parella. Tamén admitiu que entraba no baño espido cando se estaban bañando as menores e mesmo algún manoseo nos seus peitos e o cu «pero sin ningún afán», dixo negando un ánimo libidinoso neses tocamentos.
O letrado da defensa lembrou ás maxistradas que «la desnudez en si misma no es un hecho delictivo».
A fiscalía cre que as menores saen en defensa da parella da súa nai porque «han normalizado» o seu comportamiento «por el interés de la familia».
O avogado que exerce a acusación particular preguntoulle ao acusado pola existencia dun antecedente penal cancelable por un delito de abuso sexual de menor de trece anos ou vítima vulnerable e de utilización de menores ou persoas discapacitadas con fins pornográficos derivado dunha sentenza de 2005 dun tribunal suízo. «Yo aún hoy no sé ni quién me denunció ni nada. No sé nada», limitouse a dicir o procesado.
O avogado da defensa insistiu en que«no existe prueba, ni tan siquiera un mínimo indicio» contra o seu cliente e descualificou á sobriña por » fabular» o relato. Por todo iso pediu a libre absolución para o acusado.
Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nestes primeiros días do ano a dúas camadas de oito cachorros que foron lanzados a dous colectores nos núcleos urbanos en Lalín e Pontecesures. Aínda que un deles faleceu ao chegar ao centro, os outros sete, con apenas horas de vida no caso de Lalín e escasos días no de Pontecesures, estanse a recuperar cos coidados ofrecidos polo persoal de Caan. A primeira das camadas apareceu nunha caixa dentro dun colector en Lalín no mesmo día 1 de xaneiro, na Rúa Principal. Eran dúas femias, Alicia e Ana, e dous machos, Leo e León, que faleceu polo delicado estado de saúde en que se atopaba. Posteriormente, o día 12 de xaneiro persoal do centro da Deputación rescatou outra camada, cunha femia, Sala, e tres machos, Yogui, Cibrán e Xenaro, tamén nun colector na rúa Victor García de Pontecesures. O aviso deuno unha muller que viu como paraba un coche preto do lugar e, tras escoitar un ruído, acercouse ao colector e viu os cans. Estaban tamén nunha caixa. De seguir a evolución favorable, os cachorros pasarán no centro polo menos tres meses ata completar as pautas de vacinación antes de saír en adopción.
O Concello de Pontecesures ven de elaborar o seu 3º Plan de Igualdade para o periodo 2022-2026. Ademáis da elaboración deste terceiro plan levouse a cabo previamente a avaliación do II Plan de Igualdade 2016-2021.
A redacción definitiva deste III Plan de Igualdade 2022-2026 do Concello de Pontecesures foi aprobada na sesión do pleno da corporación municipal de data do 23/12/2021.
O custo destas dúas actuacións -tanto da avaliación do 2º plan como da elaboración do 3º- supuxo un importe de 5.989,50 €, dos cales 5.199,30 están subvencionados pola Deputación de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2021.
Salidas desde Pontecesures para Vilagarcía, Pontevedra y Vigo: 6:34; 10:33; 13:48; 16:52; 20:13 y 20:46 horas.
Salidas desde Pontecesures para Santiago y A Coruña: 6:11; 10:22; 13:39; 16:11; 19:33 y 21:34 horas.
Los sábados, domingos y festivos no circularán los dos primeros trenes de la mañana, a las 6:34 horas en dirección a Vigo y a las 6:11 horas en dirección a A Coruña.
Como podemos apreciar todavía no se recuperaron las frecuencias anteriores a la pandemia. Teniamos 10 trenes en cada sentido y ahora solo tenemos 6.