Alumnos de Cesures en Galiciadixital.

Un grupo de alumnos do CPI Pontecesures visitarán hoxe a exposición Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación. Trátase dunha innovadora mostra permanente interactiva baseada en promocións virtuais e multimedia de primeira liña realizadas en Galicia e na que veñen traballando máis de cen persoas, empresas do eido audiovisual e as universidades galegas. As novas tecnoloxías introducen ó visitante nunha atmósfera especial, unha viaxe de sensacións, imaxes, luces e sons que o envolven. a sede permanente de Galiciadixital está no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Compostela.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/02/09

Concerto de Yoplay.

Será o sábado día 21 de febreiro no pub Taboga de Pontecesures (Sagasta, 10). O grupo de indie-rock de Valga ofrece un concerto a partir das 23:30 horas no que tocará temas do seu último traballo “Kill my mother”. Entrada libre. Todo sobre o grupo en www.myspace.com/yoplay.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/02/09

Entroido en Valga.

O desfile será o sábado 21 de febreiro. O concello repartirá en total 2.735 euros en premios, 1.350 para os adultos e 285 para os mellores disfraes infantís. A isto haberá que sumar os 100 euros cos que está dotado o premio ó mellor disfraz que leven os veciños. O desfile terá lugar en Ferreirós a partir das 17 horas.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 18/02/09