EXTRUGASA RIO ULLA = 63
Gulli (-), Peñaño (18), Pedrito (-), Diego (5), Victor (-), Pino (4), Pedro (-), Nacho (18), Santi (1), Felipe (12), Pepi (3), Juanjo (2) .
O MECO SANTO ANGEL = 74
Nova derrota do Extrugasa, nun partido que se decidiu nos ultimos minutos, onde o Meco chegou moito mais enteiro, e nunca mellor dito, pois ademais dos eliminados por faltas (Peñaño e Nacho) lesionaronse por sendas torceduras de nocello Gulli e Pino, este ultimo baixa para unhas semanas. Comenzou o encontro mal para Extrugasa pois de inicio os do Grove con mais ritmo foise no marcador cun 7- 0 inicial. Os locais non anotaban nas suas posesións e os grovenses saian ó contrataque. Pino cargase con 2 faltas rápido, índose ó banco por Nacho. A partir de aquí cambiou o escenario, Nacho foi a referencia en ataque do Extrugasa que empezou a sumar (min 5: 8 ?? 13). A base de defensa individual os locais achegabanse no marcador, e cun Nacho imparable (12 puntos no cuarto) finalizaron o cuarto 15 ?? 20.
No 2º cuarto apareceu un gran Felipe que anotou e defendeu, 5 puntos seus achegaron ó Extrugasa (20 ?? 22). Peñaño tamén empeza a ver aro, con outros 5 puntos e gracias a unha nova tripla de Felipe no minuto 15 o partido empatase a 28. Pero ahí prodúcese a 3º falta persoal de Nacho que se ten que ir ó banco. Ademais momentos despois Gulli lesionase, empezando os problemas par aos locais. Unha tripla de Diego pon ós cesureños 1 arriba 31 ?? 30, pero logo encaixa 4 puntos seguidos. Quedando 1 segundo o Extrugasa anota 2 tiros libres, e ando parecia que o marcador ia ser 33 ?? 34 par aos grovenses, no saque de fondo pasan os do Grove un pase longo ó medio campo e o xogador do Grove que colle a pelota, diante de Pino que estaba co brazo levantado, tira o balon para arriba e anota unha tripla dende medio campo: 33 ?? 37. Iniciouse o 3º cuarto cos locais defendendo nunca zona mais aberta para protexerse de faltas, e lograron achegarse de novo no marcador: Peñaño dende a liña de 3 puntos empataba a 40 o partido mediado este cuarto. E ahí prodúcese a lesión de Pino que estaba axudando nos rebotes. Nun principio temíase que fora algo mais que un esguince, pola dor que presentaba, e o equipo acusou este pao, índose de novo os grovenses no electrónico con 4 ?? 6 puntos arriba. Outra tripla de Peñaño antes de rematar o cuarto deixa o marcador nun 48 ?? 52.
A partir dese momento o home alto do Grove impuxo a sua altura nas 2 zonas e durante os primeiros minutos do cuarto os do Meco dominaron o mesmo: min 35: 54 ?? 60. Voltan Gulli e Nacho á cancha, e durante un par de minutos o partido cambiou, un parcial de 5 ?? 0 para os locais, con nova tripla de Peñaño puxo o marcador nun 59 ?? 60 quedando 3 minutos para o final.Pero sairon eliminados por 5 faltas Peñaño e Nacho, riguroso o arbitro con eles 2 toda a noite, e o partido rematou. Os do Meco anotaron un par de triplas, xunto co daño que facia o seu hme alto nas 2 zonas, ó coller varios rebotes en ataque e o Extrugasa tivo que ver coma saia derrotado unha xornada mais. A verdade, está faltando algo de sorte pero é de destacar a entrega de todos os xogadores neste partido. A seguinte semana toca xogar contra o lider Laxe Marín, que está intratable, pois derrotou esta xornada a Portonovo de 20. Logo Extrugasa finaliza a volta con 3 partidos contra rivais (Vilanova, Cambados e Pontevedra) que van estar loitando por non edsceder. Eses son os partidos que hai que gañar para evitar o descenso.