A empresa Roomel SL vén de rematar a obra de mellora da eficiencia enerxética do alumeado público de Pontecesures, que consistiu na substitución de 114 luminarias de haloxenares metálicos por lámpadas LED dentro do casco urbano. Con esta obra, o Concello segue con sus plan de «actualizar e modernizar o alumeado público». A actuación foi adxudicada en 29.301 € financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2018/2019,
O dia 27 do mes que andamos mudaron os horarios dos trens no corredor atlántico. Pois ben, recuperouse outro tren que tiñamos antes do estado de alarma de marzo pasado. En concreto é o que sae de Pontecesures ás 19:33 horas para Santiago (enlaza alí con outro con dirección Á Coruña) e o que sae de Pontecesures para Vilagarcía, Pontevedra e Vigo ás 20:33 horas.
Deste xeito contamos en Pontecesures cos seguintes servizos de trens:
Saídas para Vilagarcía, Pontevedra e Vigo: 6:34; 11:03; 13:48; 16:52; 20:13 e 20:33 horas. (Os sábados, domingos e festivos non circula o primeiro da mañá).
Saídas para Santiago e Á Coruña: 6:16; 10:54; 13:39; 16:11; 19:33 (este con transbordo en Santiago) e 21:40 horas. (Os sábados, domingos e festivos non circula o primeiro da mañá).
Hai que seguir insistindo para que volvan a circular os trens que perdemos coa pandemia (catro máis en cada sentido). Fundamental é recuperar antes de nada o que saía para Santiago sobre ás 8 da mañá e o que saía de Santiago para Pontecesures sobre ás 22 horas.
A Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude convoca a primeira edición do concurso REACCIÓN POLO CLIMA, iniciativa que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático e potenciar o talento e as reivindicacións neste eido da mocidade na nosa provincia.
Esta convocatoria, dotada con 2.000 euros, está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos de idade empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.
Poderán participar as persoas xurídicas que teñan a sede social na provincia e polo menos o 50% da súa xunta directiva estea formada por persoas con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.
Para aclaracións sobre o contido da convocatoria ou a forma de solicitar a inscrición, contactar a través do correo electrónico cohesionsocialexuventude@depo.gal ou telefonicamente no 986 804 100 (ext. 41217).
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de novembro de 2020
O pasado mes de agosto solicitaba o Concello de Pontecesures a mellora da sinalización no vial de titularidade provincial denominado Avenida dos Namorados, motivado polos camións de gran tonelaxe que erróneamente levados polo GPS interpretaban esta vía como acceso á factoría da Nestlé, provocando serios inconvenientes na seguridade da vía ao non ser posible facer cambio de sentido para ditos vehículos. Estes días a Deputación de Pontevedra ten colocado nova sinalización vertical que agardamos que poña fin á problemática que víñamos sufrindo. Dende o Concello de Pontecesures agradecemos á Deputación de Pontevedra o interese e a celeridade na resolución do problema.
A concelleira de Cultura e o alcalde de Pontecesures (esquerda) xunto aos deputados de Cooperación e Infraestruturas.
O Camiño de Santiago ao seu paso polo centro urbano de Pontecesures transformouse nun espazo seguro grazas ás obras financiadas pola Deputación de Pontevedra nas rúas do Castro e da Infesta, actuación enmarcada dentro do plan provincial DepoRemse. Os traballos foron adxudicados por 187.968 euros e onte foron visitados polos deputados de Cooperación e Infraestruturas, Santos Héctor e Gregorio Agís, acompañados do alcalde, Juan Manuel Vidal, así como da concelleira de Cultura, o de Obras e o arquitecto municipal.
Ambas rúas, de case 1,5 quilómetros, forman parte do trazado do Camiño ao paso pola vila do Ullán e “presentan unha forte densidade de poboación”, sinalan dende o ente provincial. Ademais dos seus valores patrimoniais e urbanísticos, acollen importantes dotacións públicas, como no caso da rúa Infesta, onde se sitúa o pavillón municipal de deportes e o colexio público de Pontecesures, onde están matriculados 360 escolares. Trátase dunha actuación que tanto Santos Héctor como Agís cualificaron de “completamente satisfactoria, que cumpre cos obxectivos marcados, contendo o tráfico, protexendo ao peón e resaltando o patrimonio do Camiño de Santiago”.
Os deputados felicitaron ao Concello por ter elaborado este proxecto e polo resultado final e manifestaron o orgullo da Deputación por colaborar “nas transformacións urbanas a escala humana, como é esta, iniciativas que encaixan nun modelo que apoiamos e defendemos”. O alcalde, Juan Manuel Vidal, suliñou que é de agradecer o papel que está a xogar a Deputación, “por cumprir tan ben o labor de apoio aos concellos pequenos, facendo posibles obras que doutro xeito serían inviables”, explicou.
A reforma das rúas do Castro e da Infesta deseña un ámbito de prioridade peonil cun pavimento continuo de formigón coloreado con bandas de granito. Os camiños contan agora con sinalización axeitada, regulando adecuadamente tanto a circulación rodada como o aparcamento. Ademais, a actuación serviu para renovar todos os servizos de saneamento, abastecemento e pluviais e creou unha canalización de reserva para futuros servizos.
A contorna tamén quedou dotada de bancos, árbores e xardineiras. Con esta actuación, apuntan dende a Deputación, quedaron solucionados os problemas que existían nas dúas rúas, derivados da sección irregular, delimitada polas vivendas e a discontinuidade no deseño dos pavimentos.
El Náutico de Pontecesures se llevó la victoria en la clasificación por clubs de la 26ª edición de la Baixada do Umia por delante delo Cofradía de Pescadores de Portonovo y del Ciudad de Pontevedra.