O xoves 28 de agosto celébranse as Milagres de Requián.

Neste lugar do Concello de A Estrada, pero tan próximo a nós, célébrase o videiro xoves a tradicional romaría da Virxe das Milagres que arrastra moitas persoas de toda a comarca.
A partir das 8:00 horas, haberá misas rezadas de hora en hora (a das 11:00 en galego), sendo ás 13:00 horas a solemne coa procesión da Santa.
Pola tarde as misas serán ás 18, 19 e 20 horas.
A música, perante todo o día, correrá a cargo da charanga “Os Xirimbaos” a Banda de Gaitas de Barbude e a Banda de Música Cultural de A Estrada.
Ás 20:30 horas principiará a gran verbena coas orquestras “Limón” e “Costa Oeste”.

O venres 29 de agosto celebrase tamén en Requián o día da Nosa Señora da Piedade con misa solemne e procesión das Santas ás 13:00 horas.
A orquestra “Miramar” actuará na sesión vermouth do mediodía, e a verbena nocturna contará con dita orquestra e coa “Noche de Estrellas”.

Os grupos locais “Xarandeira” e “Algueirada” actúan hoxe nas festas de Porto.

Sobre as 21 horas na rúa dos Namorados de Porto actuarán os grupos folclóricos cesureños “Xarandeira” e “Algueirada” cun importante repertorio de pezas de gaita, baile e pandeireta.
As actuacións comezarán unha vez que a imaxe de San Roque chegue a Porto (taberna de Vieites) en procesión dende a igrexa parroquial. Sae a imaxe da Plazuela ás 20,30 horas.