Novas inundacións en Pontecesures.

chuviaSobre ás 15,30 horas do día de hoxe, e como o día 22 de outubro pasado houbo, inundacións no noso municipio. Ao desbordarse pola estrada nacional N-550 un pequeno regato que separa en Redondo, polo marxe esquerdo indo en dirección Pontevedra, os termos municipais de Valga e Pontecesures, ía gran cantidade de auga que entrou na vivenda de Ramón Seone «Budiño» en Redondo 85 (xa sofreu o asolagamento o domingo 22 de outubro). Este rego pasa por baixo da estrada nacional, a altura da vivenda situada en Redondo 96, e ao estar obstruído motivou que entrara tamén auga no soto da vivenda en Tarroeira de Juan J. Barreiro Gómez. Hai que salientar que este regato, que segue para A Charca, foi estreitado no seu cauce por recheos en dúas fincas (unha no comentado marxe esquerdo indo para Valga) e outra no marxe dereito onde se veñen depositando escombros hai tempo. No derradeiro pleno xa denunciou este concelleiro que son obras sen autorización e causan agora estos problemas porque o cauce é insuficiente para trasladar tanto auga. Non tiven contestación e o problema segue a ser moi grave.

Tamén acumulouse moito auga, coma sempre, na intersección da estrada nacional coa rúa Doutor Mosquera en Condide e isto motivou a entrada de auga no soto dunha vivenda unifamiliar de Rosana Vicente construída hai pouco tempo.

Tanto Protección civil como a Policía Local tiveron que empregarse a fondo para levantar as tapas dos sumidoiros facilitando a evacuación do auga e para indicar o perigo aos automobilistas.

Para rematar dicir, que coma noutras ocasións saltaron as tapas da beirarrúa fronte aos conxelados Neixon e gran cantidade de auga ía pola rúa San Lois ata a intersección coa rúa Carlos Maside aparentemente sin que houbera danos.

Luis Angel Sabariz Rolán

III Festa da Castaña do CPI Pontecesures.

MagostoO venres día 10 de novembro, celébrase no patio cuberto do CPI Pontecesures a festa de referencia co seguinte horario:

19 horas. SHOW DOS PALLASOS.
20 horas. M?SICA TRADICIONAL.
21 horas. MAGOSTO.
22 horas. SESI?N DISCO.

Están a venda, ao prezo de 5 ?, os tickets para asistir á Festa con dereito a degustar dunha ración de empanada, un boliño preñado, un refresco e un cartucho de castañas.
Colaboran coa festa O Show dos Pallasos (o grupo de Elías), o concello de Pontecesures, Protección Civil de Pontecesures, o grupo Xarandeira, o grupo Algueirada da ANPA, e a Panadería Basadre.
Os beneficios irán destinados á viaxe de fin de curso de 4º de ESO.

Vientos de 100 kilómetros ponen en alerta a Galicia

La Dirección General de Protección Civil y Emergencias ha alertado hoy a cinco comunidades autónomas por vientos de gran intensidad que pueden alcanzar los 100 kilómetros por hora.

Según un comunicado de Protección Civil, están avisadas las comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Castilla y León y Navarra en base a las informaciones del Instituto Nacional de Meteorología.

(más…)