Hoxe coma tódolos xoves, dende as 19h. ata as 4 ou 5 da madrugada, haberá «Palco de Estrelas» en Radio Valga, con Daniel Seijas. No programa de hoxe estarán os compoñentes da orquestra internacional EL COMBO DOMINICANO, de Gran Canaria.Estando os seus cantantes (entre eles, Oliver, que foi concursante fai uns anos de Gran Hermano) e o seu director e fundador Cirano Núñez. El Combo Dominicano, estará ademais este sabado 24 de xullo nas festas de Campaña-Valga, compartindo cartel coa orquestra Chárleston Big Band de Padrón. O impresionante de programa de festas deste ano en Campaña completase o domingo 25 co grupo Océano e a orquestra Aché, para rematar o luns 26 coas orquestras Olympus de Negreira e Galilea da Estrada.
Ademais en Palco de Estrelas, poderás escoitar en primicia o novo disco da orquestra ACH?, que será oficialmente presentando xunto co videoclip «Celebra la vida», o próximo xoves 29 de xullo na sala de festas Chanteclair.
Tamén poñeranse pezas do último disco da afamada banda Unión Musical de Ponteledesma…esto é moito máis en case 10 horas de radio sen interrupción…
Por ultimo engadir que a semana pasada, Palco de Estrelas, cumpria 5 anos e 6 temporadas consecutivas en antena, sen existir nin unha soa semana que non houbera «Palco de Estrelas,dende que comezou o 13 de xullo do 2005.
Sin Categoria
HOXE XOVES 17 DE XU?O, ESTARÁ A ORQUESTRA SUAVECITO, EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA
Hoxe xoves, coma é habitual na sintonia do 107.4 FM de Radio Valga, dende as 19h. haberá o programa «Palco de Estrelas» con Daniel Seijas. Nesta ocasión, sobre as 22h., contará coma convidados a Carlos Mariano e outros compoñentes da gran formación «SUAVECITO ORQUESTRA Y COROS»…ademais a mellor música das nosas orquestras, información festeira,e moito máis.
Sin Categoria
HOXE XOVES 10 DE XU?O,ESTARÁ O GRAN MIGUEL TORRES E A ORQUESTRA POCEIRO,EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA
Hoxe en Palco de Estrelas-Radio Valga 107.4,programa dirixido por Daniel Seijas, contará cuns convidados de luxo, que forman parte da histórica orquestra pontevedresa POCEIRO BIG BAND.Serán o archicoñecido e incombustible Miguel Torres,que triunfou coa orquestra Compostela,entre as décadas dos anos 60s e 90s,Percorrendo medio mundo coa orquestra,Arxentina,Brasil,Uruguai,Venezuela,Alemania,Suiza…vendendo miles e miles de discos ; e por outra lado estará outro dos vocalistas da Poceiro,coma é Luis Rey, que sempre estivo na élite musical formando parte de formacions coma Los Players, Los Satélites e Los Trovadores.Tamén poida que estea algún compoñente máis da orquestra.
E coma sempre en Palco de Estrelas,escoitarás a mellor musica das orquestras,temas en exclusiva,concursos,información festeira,parrafadas…e todo dende as 19h. ata as 4 ou 5 da madrugada.
Sin Categoria
HOXE XOVES EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA,ESTARÁN OS NOVOS COMPO?ENTES DO GRUPO LIM?N
Este xoves 3 de xuño, no programa «Palco de Estrelas» de Daniel Seijas,en RADIO VALGA 107.4 FM, estarán os novos compoñentes do renovado grupo LIM?N -10ºANIVERSARIO…Ademais escoitarás,en exclusiva,o adianto do próximo disco do novo grupo F?RMULA, liderado por Manoele de Felisa (Manolo de Limón),con tema propio «Son galego»…coma sempre a mellor música das orquestras galegas e do caribe,concursos,parrafadas,información e moito máis,dende as 19h. ata as 4 ou 5 da madrugada.
Sin Categoria
HOXE XOVES,ESTARÁN OS COMPO?ENTES DA ORQUESTRA GALILEA,EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.4 FM
Coma sempre,este xoves dende as 19h. haberá «Palco de Estrelas» en radio Valga, presentado por Daniel Seijas. Estarán en directo nos estudios centrais de Radio Valga,os compoñentes da orquestra GALILEA da Estrada para presentar o seu último disco. Ademais poderás escoitar en exclusiva os novos discos das orquestras MARBELLA e FOLIADA,ademais no novo tema de dominicano Cherito,entre outras moitas cousas,concursos,parrafadas,informacion festeira,os santos…e todo ata as 4 ou 5 da mañá,e si acaba antes tampouco pasa nada,je,je.
Sin Categoria
ESTE XOVES 15 DE ABRIL,ESTARÁ A ALCALDESA DE PONTECURES DONA MARIBEL CASTRO E CONCELLEIRO DON LUIS SABARIZ,ESTARÁN EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA
Este xoves no programa «Palco de Estrelas»-Radio Valga 107.4 FM, dirixido por Daniel Seijas ,estarán,sobre as 21.50h., a alcaldesa cesureña Dona Maribel Castro e o concelleiro Don Luis Angel Sabariz,para falar da XV Festa da Lamprea e a VI Feira do Automobil Antigo e de Ocasión de Pontecesures. Coma sempre haberá concursos,musica de orquestras,novidades…poderás escoitar en exclusiva un adianto do que será o novo disco da orquestra Trébol,que sairá en maio,e tamén poderase ouvir ultimo disco do gran artísta Xil Ríos….e coma é habitual acabaremos ás tantas da madrugada.