Se trata de una actuación abierta a todos los públicos, y gratuita, que va a desarrollarse el sábado 13 de noviembre a partir de las 21 horas.
O Joyería Riveiro achégase ao liderado.
Goleou o sábado pasado ao Bueu por 4-1 en Pontecesures, e agora vai no 5º posto da táboa, pero só a dous puntos do líder A Lama.
O sábado os cesureños, que xogan no grupo IV da Liga de Fútbol de Veteráns, desprazaranse a Salcedo, para xogar con este equipo que vai clasificado no posto 11º.
O Salud de Valga gañou na casa.
Dentro do grupo VI da Liga de Fútbol de Veteráns o equipo valgués gañou 2-0 ao Limpiezas Floriani. Marcha agora no posto 10º da táboa con 14 puntos, logo de 10 encontros xogados.
O videiro sábado xoga en Monteporreiro.
O Joyería Riveiro gañou a domicilio.
Por 1-2 gañou o equpo cesureño ao Bahía e agora vai 5º no grupo IV da liga de fútbol de veteráns con 19 puntos, logo de 9 partidos xogados. O vindeiro sábado recibe en Pontecesures ao Bueu que vai no posto 8º.
O Salud de Valga gañou en Mourente.
Por 2-3 gañou o equipo de Valga de fútbol de veteráns. Agora marcha 12º na táboa dentro do grupo VI e o vindeiro sábado recibe ao Limpiezas Floriani.
O auditorio de Valga ofrece en novembro dúas obras teatrais e varias charlas informativas.
O auditorio de Valga informou onte da súa programación para o mes que acaba de arrincar. Unha programación con dous bloques principais. Charlas de formación e de información, e oferta teatral.
Respecto ás primeiras, mañá, xoves, de catro a oito da tarde nas salas da instalación valguesa poderáse profundizar e aprender sobre a importancia do apoio psicosocial aos coidadores de persoas dependentes.
O plan de prevención de drogodependencias será o tema a tratar en sendas citas o venres 5, o luns día 8 e o martes 16, de catro e media a seis da tarde. E o luns 22 os interesados poderán escoitar no auditorio de Valga unha charla arredor da nutrición.
Dúas son as actuacións teatrais programadas no centro de Cordeiro este mes. A primeira delas, a escenificación de O divino sainete , de Manuel Curros Enríquez, a cargo do grupo lugués Achádego este domingo ás seis da tarde. Sete días despois, o domingo 14, O Aturuxo de Narón subiráse ás táboas de Valga para representar Non todos os ladróns veñen por mal .
Cooperativismo
Ademais, o auditorio de Valga acollerá unha xornada de cooperativismo o sábado 13, e unha asemblea dos testigos de Jehová, o domingo 21.
A programación do centro cultural de Cordeiro complétase coas tres visitas guiadas que farán os alumnos do CEP Xesús Ferro Couselo e do CEIP de Pontecesures a vindeira semana á exposición Agua: o sangue da vida , nas súas salas ata o día 12.
LA VOZ DE GALICIA, 03/11/10