Cordeiro festexa a Candelaria con procesión e poxa de lacóns.

A procesión percorreu parte da parroquia de Cordeiro.

A ??Procesión dos Lacóns? volveu percorrer onte o traxecto entre a aldea de Vilar e a igrexa parroquial de Cordeiro. As imaxes de San Antonio, San Roque e San Paio acompañaron ás cinco mulleres que portaban cestas con lacóns, unha ofrenda que é toda unha tradición dende o século XIX. Trala misa, as pezas de carne foron subastadas e os veciños pagaron entre 22 e 70 euros por cada unha delas.

Canto xuntastes??, preguntaba ao párroco de Cordeiro un dos asistentes aos festexos da Candelaria ao rematar a poxa dos lacóns. ??Moi pouco?, era a resposta do cura. Foron concretamente 375 euros os que reuniu coa subasta das oito pezas de carne que se puxeron á venta. Setenta euros foi a cantidade máis elevada que se ofreceu polo lacón de maiores dimensións, cando o ano pasado chegaran a pagarse noventa euros por algunha peza. Semella que a crise fai mella nos petos dos cidadáns, pero isto non foi, nin moito menos, un obstáculo para que Cordeiro cumplise coa tradición de cada 2 de febreiro, como manda a Virxe da Candelaria.
Dende as dez da mañá un bo número de veciños saíron en procesión dende a capela de Vilar portando as imaxes de tres santos: o patrón da aldea, San Paio, ao que acompañaban San Roque e San Antonio. Os dous últimos ían de volta cara o seu ??fogar? habitual, a igrexa de Cordeiro, dende a que se trasladaron a Vilar o pasado 25 de xaneiro, con motivo da festividade de San Paio. Alí estiveron durante máis dunha semana e onte tocaba camiñata de regreso.

Durante preto de dúas horas e media a ??Procesión dos Lacóns? percorreu o traxecto entre Vilar e a igrexa parroquial de Cordeiro. Unha salva de bombas de palenque anunciaba o paso por cada lugar da comitiva, encabezada por cinco mulleres que portaban, sobre as súas cabezas, cestas cun total de oito pezas de lacón. Tras elas, os tres santos, un grupo de gaiteiros e a ringleira de devotos, algúns deles con ramos de flores. Houbo paradas para descansar e repoñer folgos, e tamén para degustar os aperitivos e as copas de ??sansón? ou outras bebidas que os veciños ofrecían aos camiñantes.

Foi un andazo de peste que sufriu no século XIX a aldea de Vilar o que deu orixe a esta tradición. Por aquel entón, ante os crecentes e nefastos efectos da epidemia, os veciños decidiron reclamar a intervención divina mediante unha ofrenda aos santos. A iniciativa parece que xurdiu efecto e a procesión convirteuse en toda una tradición que se mantén a pesares do paso do tempo.

A medida que a procesión se ía achegando á igrexa de Cordeiro era cada vez máis o número de persoas que se congregaba nos arredores do templo para recibila. Durante a espera aproveitaban para mercar rosquillas ou lambetadas, no caso dos máis pequenos. A chegada da comitiva deu paso a unha misa cantada e a outro dos actos principais da mañá: a poxa dos oito lacóns que as mulleres ofreceron a San Antonio, San Roque e San Paio.

Dende o palco de música o párroco e un axudante foron amosando á xente cada unha das pezas. Ese foi o momento no que houbo no campo da festa unha maior congregación de persoas dispostas a ofrecer cartos polos lacóns, aínda que non foran tantos como desexara o párroco, que de vez en cando pedía un pouco máis de animación entre os potenciais compradores. ??Hai que mirar o que temos na carteira?, replicábanlle con risas dende o público. Porque tamén houbo momentos simpáticos, como algunha que outra equivocación nas cantidades. Iso sí, ningún lacón quedou sen dono. O menor prezo que se ofreceu foi 22 euros, mentras que o maior foi vendido por 70. Entre medias as cantidades foron moi diversas, dese os 25 euros dalgúns ata os 55 que se pagaron por outros. E a pesar que algúns case levaban xa o peto valeiro, aínda faltaba a sesión vermouth, amenizada polo grupo de gaitas ??Airiños do Meda?.

Os festexos en Cordeiro non remataron, nin moito menos, cos actos na horna da Virxe da Candelaria. Hoxe, día adicado a San Blas, volve a ser día de festa nesta parroquia e tamén no resto do municipio, posto que é festivo local en Valga.

A primeira hora da mañá doce bombas de palenque darán comezo ás celebracións en Cordeiro, con misas rezadas a partir das nove. Ás dez será o turno do pasarrúas a cargo da Banda de Música de Vilanova. O acto relixioso central está previsto para a unha do mediodía e estará cantado por un coro. Darase paso, entón, á sesión vermouth e, pola tarde, volverá a haber misa rezada ás 18 horas.

Además, seguindo coa tradición instaurada xa hai anos, os empresarios do municipio aproveitarán o día de San Blas para reunirse nunha comida no restaurante Casa José, á que asistirán tamén o, José María Bello Maneiro, e o conselleiro de Industria, Javier Guerra.

E para rematar esta semana de festas continuas, o sábado terá lugar en Cordeiro unha verbena coa actuación das orquestras Charleston e Costa Oeste.

DIARIO DE AROUSA, 03/02/10

Fomento adjudica definitivamente la obra de la variante de Padrón.

Con un presupuesto de más de 18 millones de euros, la carretera tiene un plazo de construcción de 20 meses

El Ministerio de Fomento adjudicó de forma definitiva las obras de construcción de la variante de Padrón, una vía diseñada para sacar el intenso tráfico de la N-550 a su paso por el casco urbano padronés. La Sociedad Estatal de Infraestructuras del Transporte Terrestre publicó el pasado sábado el anuncio de la adjudicación en el Boletín Oficial del Estado y, ayer, el delegado del Gobierno en Galicia, dio a conocer la noticia.
Antón Louro mostró su satisfacción por esta gestión de Fomento que, en su opinión, «demostra unha vez máis o firme compromiso do Ministerio con Galicia e coa mellora das súas infraestructuras». Louro destacó las ventajas que esta obra conllevará en materia de ordenación del tráfico y mejora de la seguridad en el casco urbano de Padrón, al tiempo que subrayó que, con esta actuación, Fomento da respuesta a una vieja demanda de los habitantes de este municipio.
De acuerdo con la información facilitada ayer por el delegado del Gobierno en Galicia, las obras de construcción de la variante de Padrón fueron adjudicadas por un presupuesto de 18.176.550,45 euros a la empresa Obras, Caminos y Asfaltos (Ocasa). Tienen un plazo de ejecución de 20 meses.
La actuación consiste en la construcción de 3,2 kilómetros de nueva carretera. El origen de la misma se encuentra en el punto kilométrico 80,7 de la N-550 para acabar en el ramal del enlace de Padrón de la autopista AP-9. La vía constará de dos carriles de circulación de 3,50 metros de ancho, arcenes de 1,50 metros más un carril para vehículos lento con ancho variable. La actuación incluye la construcción de un paso superior y cuatro inferiores, así como 19 obras de drenaje transversal (incluyendo caños y marcos). Además, se construirán los elementos necesarios para el drenaje longitudinal, la señalización, el balizamiento y las defensas de una carretera de estas características.
La adjudicación definitiva de esta obra es una noticia muy esperada, sobre todo por los conductores que a diario tienen que cruzar el casco urbano padronés en el que el tráfico es muy lento debido a los semáforos. De hecho, en un tramo urbano de exactamente un kilómetro, comprendido entre el cuartel de la Guardia Civil, en Iria, y hasta el campo de fútbol, hay exactamente seis semáforos además de un paso de peatones a la altura del Jardín Botánico, lo que condiciona la fluidez del tráfico.
Si a ello sumamos el dato de que cada día circulan por la N-550 más de 20.000 vehículos diarios, según las estimaciones más bajas, el tramo padronés de la vía acaba con la paciencia de muchos conductores que, en muchos casos, optan por tomar atajos (como pueden ser las pistas de canal de derivación del río Sar) para evitar los semáforos de la nacional y las pequeñas retenciones que provocan, sobre todo en horas puntas como pueden ser la una de la tarde o las ocho.
La noticia de la adjudicación de la variante también es muy esperada porque hace años que está anunciada la obra y muchos ya se temían si, debido al actual momento de crisis, se quedaría sin hacer o se pospondría.

LA VOZ DE GALICIA, 02/02/10

Las “pesqueiras”. Un sistema de pesca ideado por los romanos.

Las “pesqueiras” constituyen un sistema de pesca ideado por los romanos y utilizado entre los siglos V antes de Cristo y II, después de Cristo. Se trata de construcciones de piedra que ocupan el cauce del río y se sitúan perpendicularmente al curso del agua, de tal forma que se deja libre la corriente central y en los pasillos se colocan las redes, en las que se enganchan las lampreas cuando tratan de remontar el río para desovar.
El reglamento dictado por la Consellería de Medio Ambiente establece que las redes sólo pueden estar en el agua entre las 20 horas y las 8 horas del día siguiente, prohibiéndose la pesca desde las 8 horas del sábado hasta las 20 horas del lunes.

FARO DE VIGO, 01/02/10

La cantante dance belga Kate Ryan estará el sábado, 6 de febrero, en Chanteclair.

Katrien Verbeeck (Tessenderlo, 22 de julio de 1980) más conocida por su nombre artístico Kate Ryan, es una cantante dance de Bélgica de ascendencia neerlandesa que ha conseguido gran éxito en las listas europeas. Ha editado cuatro discos de estudio. Es conocida por versionar canciones en inglés y francés. Sus temas más conocidos mundialmente son Desenchantée (2002),Libertine (2002), Ella Elle L’a (2008), Voyage voyage (2008) y Babacar (2009).