O pleno, de xeito unánime, desestima a alegación de REDTEL contra a ordenanza da telefonía móbil.

A sesión foi hoxe sábado 26 de decembro ás 13 horas e asistiron 9 dos 11 membros da corporación. Fallaron Margarita García Castro (BNG) e Arturo Ferro (BNG).
Sen debate, e por unanimidade, a corporación rexeitou a alegación presentada contra a aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público local polas empresas explotadoras dos servizos de telefonía móbil no Concello de Pontecesures.
A ordenanza foi aprobada definitivamente e agora para a súa entrada en vigor ten que ser publicada no Boletín Oficial da Provincia.

Mañá sábado, 26 de decembro, pleno extraordinario.

Será ás 13:15 horas no salón de sesións da Casa do Concello coa seguinte Orde do Día:

1-Actas anteriores
2-Proposta do equipo de goberno: Desestimación alegación presentada por REDTEL contra a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público local polas empresas explotadoras dos servizos de telefonía móbil no Concello de Pontecesures. Aprobación definitiva.

O chocolate con churros das festas de Carreiras volverá a servirse o sábado 9 na verbena.

Despois de que non asistira moita xente á degustación do chocolate con churros nas festas de Carreiras (todo un clásico das festas de inverno da zona) da derradeira edición, para este ano 2010 volverase a servir o chocolate con churros o sábado durante a verbena seguindo a tradición. A verdade é que nas noites de frío do inverno, o chocolate quentiño con churros fai entrar en calor a calquera.