Empatou a un tanto co Cralem Nos a domicilio, e encabeza a clasificación con 23 puntos.
O vindeiro sábado xoga na casa co San Antoniño que marcha no posto 7º da clasificación.
O Salud de Valga e fútbol veterano empatou na casa.
Foi co Godos, e o empate foi a un tanto. Agora o equipo valgués do grupo 6º da liga figura no posto 7º con 15 puntos.
O vindeiro sábado enfróntase ao Peña Bora a domicilio, que ocupa o 8º posto.
Pontecesures réndese á “maldición dos ghusanitos”.
Pisando o traxe de faralaes e baixo unha chuvia de riffs guitarreiros e aplausos rematou, como non podía ser doutra maneira, e esperada actuación de Leo i Arremecághona no pub Taboga a noite do pasado sábado.
Había expectación na ribeira do Ulla por ver o novo espectáculo do cantautor punk que se separou de si mesmo, algo único no munod. ?s seguidores do de Matamá quedoulle claro por que non podían perder este concerto, mentres que os primeirizos nestas lides ficaron abraiados ante tal descarga de barullo guitareiro, fina ironía e “mala ostia agochada” nas súas letras, como o protagonista advertía antes.
Arribou en esures tras unha actuación en Compostela coa súa xira “Todos metidos nun bote tour” e quedou con todos no primeiro tema. Sombreiro negro (para algo era o Samaín), pantalón de cadros e botas Dr. Martens, ó máis puro estilo punk. “A neurona na patineta”. é o novo espectáculo do Leo, no que non faltaron clásicos de menos dun minuto (haikus punk) nos que montou o xa famoso Gusiluz (“que falso es, tes dúas caras”) ou versionou o “Somebody put something in my drink” dos Ramones´o máis puro estilo José Tojeiro (“botáronme drogha no colacao”).
Roupa de marca (gorra de Biona, chandal de Citroën) foi a que luciu o seu irmán xemelgo, En-Riquinho, para ofrecer os seus temas pop (“Te recuerdo Borja”) e outros míticos que nunca sairán nos 40 Principales antes de que o Leo de toda a vida se desatase no escenario a ritmo da “Maldición dos ghusanitos”.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/11/09
Valga participará na Mostra do Patrimonio Inmaterial en Ourense.
A cita é na Praza Maior ourensá e ata alí levarán unha mostra sobre o proceso de elaboración do pan de trigo, unha actividade que vén celebrándose no municipio desde hai tres anos coa participación de asociaións de maiores e discapacitados ademais dos escolares.
A participación de Valga comezará o día 10 de novembro coa exposición dunha selección de fotografías da sementeira, a recolleita, a malla e a moenda do trigo. O sábado 14 de novembro trasladaranse os veciños para facer unha representación da malla. Acudirán os malladores cos seus manles, as pandereteiras para cantar coplas e un grupo de maiores.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/11/09
Festa de clausura dos concellos saudables.
O vindeiro sábado, 7 de novembro a Unidade de Concellos Saudables de Catoira, Valga e Pontecesures vai celebrar unha festa de clausura en Catoira á que poderán asistir os participantes nas actividades dos tres concellos acompañados polos seus familiares e/ou amigos.
As actividades son:
-11:30 horas: Roteiro de sendeirismo: 5 quilómetros polo paseo fluvial ata o límite con Valga.
-13:00 horas: Actividades lúdico deportivas para adultos e nenos ó ar libre con aeróbic, xogos populares, deportes, xogos para nenos, etc..(se chove as actividades serán no pavillón).
-14:30 horas: Xantar saudable: Concellos Saudables achegará empanadas, bebidas e froita. Os participantes poden levar, se o desexan, tortilla, pinchos, ensaladas, postres, etc…
-Para rematar haberá exposición de fotografías das actividades dos tres concellos
O lugar dos actos será o parque da praia fluvial de Catoira.
El pub Estación Norte, de Cesures, celebra el sábado un magosto.
El local Estación Norte, de Pontecesures, celebra este sábado, 7 de noviembre, un magosto para todos sus clientes. comenzará a las doce de la noche, cuando comenzarán a repartirse de forma gratuita entre todos los asistentes las tradicionales castañas asadas. Un gaiteiro animará la celebración en un primer momento y, después, el ambiente continuará con música de actualidad y con otros temas conocidos de las décadas de los años ochenta y noventa.
DIARIO DE AROUSA, 03/11/09