Morreu Mª Luisa Agrasar, nada en Carreiras.

Aos 50 anos de idade, morreu, hoxe sábado, Mª Luisa Agrasar Castrelo, nada en Carreiras (no Quinteiro) e veciña da Retén, en Padrón.
Luisa estaba casada con Ramón García Baleirón, e os seus irmáns son Manolo, Sindo, José, Ramona, Carlos, Carmen e Marisol Agrasar Castrelo.
O seu cadáver está a ser velado no tanatorio Iria Flavia de Padrón. O luns día 20 de abril, ás 17:30 horas sairá a comitiva fúnebre para a Igrexa de Santa Mª a Maior de Iria, onde ás 17:45 horas, será oficiada a misa funeral. Recibirá sepultura no cemiterio do Santiaguiño do Monte de Padrón.

Faleceu en Santa Pola, Estrella Pardal Buceta.

Aos 70 anos de idade, faleceu en Santa Pola (Alicante), Estrella Pardal Buceta nada en A Toxa, viúva de Antonio Paz Pérez, e que levaba residindo uns dez anos na cidade alicantina.
O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón, de onde sairá hoxe sábado, día 18, ás 16:30 horas para a Igrexa Parroquial de Pontecesures onde será celebrada a misa funeral.
Recibirá sepultura, Estrella, no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Anunciase unha “festa rachada” no cumpleanos de Matías o de Vilar.

Os xoves de Vilar organizan, por terceiro ano consecutivo, unha gran festa para celebrar o cumpleanos do seu conveciño Matías Abalo Iglesias. Será o sábado día 2 de maio ao mediodía, na praia de Vilarello.
Cumpre Matías 63 anos de idade e haberá un xantar de confraternidade servido pola pulpería de Carlos Amo. O prezo do menú é de 22 euros con polbo, churrasco, postres e bebidas. Actuarán varios gaiteiros da zona.
Matías é unha persona moi coñecida en toda a comarca. Dende Vilagarcía ata Padrón este home de Vilar, festeiro onde os haxa, ten percorrido todo tipo de eventos e celebracións.

Roubaron no bar Katamarán de Pontecesures.

Sobre as 5 horas da madrugada do pasado sábado día 11 de abril, entraron a roubar no Katamarán (situado na rúa San Lois, a carón do paso a nivel central) pola parte traseira do local forzando unha verxa. A pesar de que sonou a alarma con que conta o local, os asaltantes levaron a recadación da máquina tragaperras, tabaco, varias botellas con bebidas e unhas barras de embutido.
Tamén levaron algún obxecto dun local anexo, que é propiedade da familia Fernández Maldonado.