BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Sabado ás 20 h. no Grove: Grove – Extrugasa.

Inicio da 2ª volta da liga diante dun equipo que só perdeu co Extrugasa e co lider Laxe Marín. Desprazamento difícil, pero non poderán baixar os brazos para intentar salvarse. 

INFANTIL MASCULINO: Sábado ás 11.45 h. en Pontecesures: Extrugasa – Estudiantes.

Inicio da copa infantil, entre 2 dos equipos chamados a estar entre os 4 equipos de arriba. Veremos coma sentou o parón navideño.

ALEVIN: Sábado ás 17.30 h. no Grove:  Meco “B” – Extrugasa

Extrugasa debe impoñer a súa maior idade para seguir optando a liderar este grupo dos alevíns.

O párroco convida aos feligreses de Pontecesures a cantar panxoliñas o sábado día 3 de xaneiro

O párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, informou na misa de aninovo, que despois da misa das 18:00 do sábado día 3 de xaneiro, un grupo de persoas cantará panxoliñas no propio templo convidando aos feligreses para que, individualmente ou en grupo, fagan a súa aportación, cantando as panxoliñas que desexen neste tempo do Nadal.

Horarios dos trens que paran en Pontecesures, dende o 14/12/08.

SAÍDAS DIRECCI?N SANTIAGO:
06:40 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos. (R-598)
08:32
10:59
14:23
17:04
20:03
21:37 Só circula os domingos, o 7 de xaneiro e o 24 de febreiro.
22:03 (R-598)
23:29 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos.
23:46 Só circula os domingos.

SAÍDAS DIRECCI?N PONTEVEDRA:
06:07 Non circula nin domingos, nin festivos.
06:46 Non circula nin sábados, nin domingos, nin festivos (R-598)
07:58 (R-598)
10:43
13:42
16:46
20:10
21:17