O día 24 de xaneiro de 2009, o Dj Dani Moreno actuará en Chanteclair.

O dia 24 de xaneiro próximo, Dani Moreno, que é una mestura de Dj, showman e locutor de radio estará en Chanteclair.

Na actualidade, o catalán Dani Moreno ten un programa de gran éxito en Máxima FM “El Gallo Máximo”.

Espérase que asistan moitas persoas ese día á sala de festas cesureña. Xa o sábado 5 de decembro coa actuación do Dj dinamarqués Sash, despácharonse, segundo datos facilitados pola sala, 5.800 entradas perante toda a noite.

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA

SENIOR ZONAL: Domingo ás 12 en Cambados: Pub A Leria – Extrugasa Rio Ulla

Fin da 1ª volta, pendente de recuperar no Nadal o partido suspendido a pasada xornada pola humidade da pista cesureña, xógando contra outro dos equipos de abaixo, polo que acadar a victoria é dobremente importante.

CADETE MASCULINO: Venres ás 19 h. en Pontecesures: Extrugasa – Xuven de Cambados

Para recuperar o partido aprazado o pasado sábado, xogase este encontro máñá pola tarde, ultimo da liga. Intrascendente a efectos clasificatorios.

INFANTIL MASCULINO: Sábado ás 12 en Pontevedra: Estudiantes – Extrugasa

Os infantís que acadaron a clasificación para a “Final four” infantil, xogan este sábado ante o estudiantes, equipo anfitrión desta final a 4. Partido dificil pero ó que chegan cargados de moral.

Doingo pola tarde xogaran o polo 3º posto, no caso de derrota; ou polo título caso de acadar derrotar ós pontevedreses o sábado.

INFANTIL FEMENINO: Sábado as 12.30 h. en Pontecesures: Extrugasa – Cortegada.

Partido ante as colistas da liga, debendo de buscar unha victoria que deixe ás nosas chicas no 3º posto da liga.

ALEVÍN MIXTO: Domingo ás 18.30 h. en Pontecesures: Extrugasa – Meco de o Grove.

CONCENTRACI?N BENXAMINS. DOMINGO DE 16.30 A 18 H. EN PONTECESURES.

A concentración mensual dos benxamíns celebrase en Pontecesures, enfrentándose as 2 escolas de basket de Pontecesures e Valga ós 2 equipos benxamíns do Meco de O Grove.

Por fru, fai

KOMPLO CELEBRA O XI ANIVERSARIO

O próximo fin de semana, *Kompló* celebra o XI aniversario. Un aniversario diferente no cal poderanse gozar unhas instalacións totalmente renovadas, que ofrecerán un novo concepto de local. Un local no que se permitirá gozar un ambiente diferente polas tardes, transformándose no *Kompló* de sempre entrada a noite.
Será o Venres, Sábado e Domingo, e durante estes tres días celebraranse numerosas festas tales como Bacardi, Bacardi Limón, 100 Pippers, JB, Havana Club…

Máis de mil agasallos, sorteos entre os que se atopa unha consola Nintendo, Go-gos, azafatas, animación, degustación de canapés, invitacións, e ademais, regalaremos as novas camisetas.

Venres a partir das 23:00, Sábado a partir das 21:00, coa retransmisión do Barcelona-Madrid no local nas novas pantallas, e Domingo a partir das 18:00 da tarde, dirección e persoal esperan a clientes e amigos para gozar un ano máis dunha festa inesquecible.