Hoxe comeza a andaina dun novo foro creado expresamente para poder expresarse libremente e sen censura, xa que en outros foros non nos permiten exercer libremente este dereito.
Agardo que este novo foro sirva para que tódolos que teñan algo que decir e non lles é permitido porque non é «políticamente correcto» ou porque non lle parece ben ó administrador, ou simplemente porque se critique a alguén, poidan reflexar o seu pensar sen ataduras e capaduras de ningún tipo….ó igual que sucede nesta páxina.
Aproveito tamén a ocasión para lembrar que mañán sábado 8 hai festa na Ponte, coa actuación da orquestra SUPERFAMA e o grupo AMERICA SL. ? remate da verbena haberá chiculatada de balde para todos. Á unha da mañán realizarase o sorteo de unha televisión.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DOS DISTINTOS EQUIPOS DO CLUB
Nesta fin de semana, os horarios dos equipos do club son os seguintes:
– SENIOR ZONAL: Sábado ás 20 h. xogan en Marín, co E.N. Marin
– CADETE: Sábado ás 10 da mañán en Pontecesures, contra o CB. Portonovo
– INFANTIL MASCULINO: Sábado as 12.15 h. na Estrada, contra o EDM Estradense.
– ALEVIN FEMENINO: Sábado ás 12.15 h. en Pontecesures, contra o E. M. Poio.
– ALEVIN MASCULINO: Sábado ás 16.30 h. no Liceo Casino en Vilagarcia.
Sociedade
Día da socia de «A Barcarola».
O sábado día 8 de marzo a Asociación de Amas de Casa «A Barcarola» celebra o día de Santa Agueda e así haberá unha misa ás 18 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures cantada polo coro da asociación. Despois no Centro Social (Camiño de San Xulián nº4 baixo) o mesmo coro interpretará varias cancións populares galegas, habaneras, etc…. Rematado o canto haberá merenda e baile solicitando unha colaboración de 6 ? ós/as asistentes.
A asociación convida tamén a asistir ás non socias.
As inscricións pódense facer na Mercería de Carmen, na Parafarmacia ou chamando ó número 986-557369
Concello
Nuevas pintadas en Cesures contra la alcaldesa y Sabariz.
La alcaldesa y concejal de Pontecesures, Maribel Castro y Luis Ángel Sabariz, respectivamente, volvieron a ser ayer objeto de pintadas en su municipio. Esta vez fue en las paredes del centro de salud alusivas a la dimisión de estos.
Es la tercera vez en lo que va de año que se produce un episodio de este tipo; antes fue el sábado de Carnaval y hace dos semanas, en otras dependencias del ayuntamiento. Sabariz calificó el hecho de «lamentable» y anunció que presentará denuncia ante la Guardia Civil.
LA VOZ DE GALICIA, 04/03/08
Outros concellos
O VINDEIRO SÁBADO 8 FESTA NA PONTE
O vindeiro sábado, 8 de Marzal, gran festa para todos e para todas na Ponte. A partires das 22:00 da noite, coa actuación da orquestra SUPERFAMA e o grupo AMERICA S.L. Coa colaboración de Radio Valga e organizado pola Comisión de Festas San Roque da Ponte 2008. Acudide todos e todas.
Seguimos lembrando tamén o gran interese en recabar fotos das cucañas, xa que o vindeiro sábado sería unha gran ocasión para achegarse á Ponte e contactar cos membros da Comisión no carro da festa.
Basket Río Ulla
HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. RIO ULLA NESTA FIN DE SEMANA
Senior: Sábado as 19.30 h. en Pontecesures, contra A Estrada ¡¡¡ Ollo ás equipacións !!!
Cadete: Sábado ás 17 h. en Pontevedra, contra o Estudiantes.
Infantil Masculino: Sábado as 10.15 h. en Pontecesures, contra o Liceo de Vilagarcia.
Alevin Femenino: Sábado ás 17 h. en Pontecesures, contra A Estrada.