O Bloque Nacionalista Galego de Pontecesures quere salvar, antes de nada, a investidura de Álvarez Angueira como alcalde. Por elo na reunión mantida co PSOE o pasado luns nin sequera se plantexou a posibilidade de negociar unha coalición de goberno.
(más…)
Na Prensa
Maribel Castro no revelará si apoya a Angueira hasta el Pleno de la investidura
No habrá pacto entre BNG e IP en Pontecesures, al menos antes de la toma de posesión del alcalde, ya que la independiente Maribel Castro aseguró que no revelará hasta el Pleno de investidura del próximo sábado si apoya o no al nacionalista Álvarez Angueira. Castro apuntó que se reunirá con su grupo en la noche del viernes y será en ese encuentro donde decidan la postura a adoptar.
Movida cesureña
«Os cesureños teñen que percatarse de que a movida non é só ruido. Xera riqueza e emprego»
Quen non recorda os grandes tempos da «movida cesureña», cando as rúas eran un mar de xente e entrar nalgún local era misión case imposible? Os hostaleiros de Pontecesures teñen esta imaxe gravada na súa mente e por iso, tras uns anos de vacas fracas, optaron por unir as súas forzar nun intento de que a noite de Pontecesures volva a ser o que era. Así naceu a Asociación de Hostalería, comandada por Xabier Freire Heleno, e da que actualmente forman parte un total de doce establecementos. Aínda que a iniciativa xurdiu dos locais nocturnos, acabaron sumándose tamén bares, cafeterías e incluso bocaterías e o experimento parece ir por bo camiño xa que «pronto seremos máis», apunta Freire, propietario do pub Kompló e o bar Víctor García.
¿Como foron os primeiros pasos desta nova asociación?
Era perceptible que o sector estaba un pouco de capa caída e démonos conta, por iso pensamos que o mellor para que rexurdira era xuntarnos para poder facer máis forza. Comezamos no entroido, cun concurso que tivo moito éxito e a partir de entón puxémonos a traballar en serio para constituir legalmente a asociación. Aínda que a idea partira dos locais de noite, o obxectivo é que o colectivo aglutine a todo o sector e, de feito, os bares xa comezan a integrarse tamén.
¿Cal cre que foi o motivo polo que Pontecesures deixou de ser unha zona de ocio nocturno de refencia?
Ninguna zona de copas se libra de pasar por momentos altos e baixos. A movida de Pontecesures remóntase a máis de vinte anos atrás e nunca houbera un baixón forte, algo que resultaba un tanto estrano. Finalmente tívolle que tocar, como tamén lle ocurriu a outros lugares como Boiro, Rianxo ou Caldas. Isto móvese por ciclos, pero creo que tamén influiu o feito de que non estabamos demasiado organizados e tivemos algunhas presións externas que non nos axudaron nada. Por exemplo, aquí exerceuse un control moi forte sobre os horarios de peche. Sabemos que a hostalería de noite xera problemas en todas partes, pero ás veces a xente só pensa no ruído e nesas cousas negativas sen percatarse de que en Pontecesures, un pobo de 3.000 habitantes, este sector xera polo menos cen postos de traballo. Ademais esta zona estivo moi descoidada e machacada, non só se fixo presión ós locais, senón tamén ós clientes, por exemplo con moitos controis da Garda Civil polos arredores.
Club Náutico
Unos 300 palistas competirán el sábado en la XIII Baixada do Umia
Salomé Peña, alcaldesa de Ribadumia, Rafael Louzán, presidente de la Diputación, Modesto Valledor, presidente de la Federación Gallega de Piragüismo, José Paredes, directivo de la FEP, y José Manuel Vázquez, máximo responsable del Club Náutico O Muiño de Ribadumia, presentaron ayer la decimotercera edición de la Baixada do Río Umia que es puntuable para el Gran Premio de Galicia de Ríos y Travesías-Copa Xunta 2007 y en la que van a participar cerca de trescientos palistas pertenecientes a 33 clubes de toda Galicia.
Los equipos de O Salnés serán los que cuenten con una mayor representación en esta prueba clásica del calendario autonómico. Illa de Arousa y Cofradía de Pescadores de Portonovo han inscrito 18 deportistas cada uno, por 17 de As Torres Romería Vikinga de Catoira. Náutico Pontecesures, Cambados, Liceo Casino de Vilagarcía y Breogán Outón Xunqueiriña de O Grove también participarán en esta regata organizada por el Náutico O Muiño de Ribadumia que estará representado por trece palistas.
Sociedade
Comida homenaxe a Milagros Souto Meniño.
Pola súa xubilación como empregada da farmacia de Baño, organizouse unha homenaxe á popular Milagros. Terá lugar o sábado día 9 de xuño ás 14,30 horas no restaurante Casa Emilio de Catoira.
Os tikets, ao prezo de 38 ?, poderanse adquirir nas oficinas de Caixanova de Valga, Cordeiro e Pontecesures.
Un agarimoso saúdo para Milagros que se significou sempre por estar ao servizo dos demáis.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: SABADO 26 AS 17 H. 1º PARTIDO DAS SEMIFINAIS DA COPA SENIOR
CAMBIO NA HORA DO PARTIDO: PASA A XOGARSE ÁS 17H. MOTIVADO POLA IMPOIBILIDADE DE PODER CONTAR CON ARBITROS NO OUTRO HORARIO.
Este vindeiro sábado 26 a partires das 17 h. o Extrugasa Rio Ulla xoga o partido de ida das semifinais da Copa Senior Arousana.
O rival é o C. B. Meco de O Grove. Equipo caracterizado pola súa xuventude e rapidez no xogo, frente a un equipo coma o Extrugasa mais veterano e físico. As nosas intencións son coller unha diferencia o mais amplia posible para acudir o seguinte fin de semana ó Grove co resultado ó noso favor, e tratar de acadar o pase á final, inda que vai ser dificil, pois O Meco ben de gañala liga do Grupo A de Arousa.
Por eso dende este medio facemos un chamamento para que os afeccionados acudan a presenciar este partido, este sábado ás 17 h., sendo a entrada, coma sempre, de balde.
Outros horarios dos equipos:
Copa Xunior Femenina-> Sabado as 10 en Marín: BBM – Extrugasa Rio Ulla
Alevin-> Sabado ás 16.30 h. no Grove: O Meco «A» – Extrugasa Rio Ulla