O tren que descarrilou hoxe era o que debía saír da Estación de Pontecesures ás 7,59 horas para Vigo.

Trátase dun tren R-598 (coñécense como “os patos” pola forma dos convois de cabeza e cola) e saiu de Santiago ás 7,37 horas, parou en Padrón ás 7,56, pero descarrilou a uns 25 metros da estación de Pontecesures (nin sequera chegou a cabeza ó andén).

No tren ían 29 pasaxeiros máis o interventor e o maquinista e non houbo dano algún para ninguén. Despois da consulta a todos eles, decidiron esperar dentro dos vagóns uns 50 minutos ata que foron recollidos polo seguinte tren. Esperando na estación de Pontecesures, para ir cara a Vilagarcía ou a Vigo, había unhas catro ou cinco persoas.

O tren descarrilado, sen apenas danos aparentes, permanece na zona da vía entre a Estación e o paso que vai por baixo da Estrada Nacional N-550, e o tráfico ferroviario funciona con normalidade xa que o descarrilamento afectou só a unha das vías continuando a outra expedita.

Por parte de ADIF estánse a recoller todo tipo de datos para coñecer as causas do accidente e vai ser necesaria a utilización de grúas para retirar os vagóns durante todo o día de hoxe.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

(máis…)

Luis Calvo e Elena Naveiro gañan a Carreira Popular de Pontecesures.

Uns 150 atletas de tódalas idades participaron na carreira celebrada hoxe en Pontecesures organizada polo Concello. Sen dúbida, a fina choiva restou a última hora participación, sobre todo dos máis pequenos/as.

Os resultados foron os seguintes:

Clasificación xeral homes.
1º Luis Calvo Castro (15,00) de 27 anos, de Negreira.
2º Alberto Lario (15,13) de 21 anos, Comesaña Sporting Vigo.
3º Angel Maceiras Lago (15,17) de 34 anos, Sar-Gexpa Padrón.

Clasificación xeral mulleres.
1ª Elena Naveiro Parada (17,55) de 32 anos, Venturiña O Grove.
2ª Mª Yolanda Gutiérrez Robles(18,32) de 25 anos, At.Milladoiro.
3ª Uxía Costa Posada de 16 anos, Atletis Vigo.

Pitufos o a 4 anos.
1º Xavier Janeiro Rodríguez, de 3 anos.
2º Raúl García Janeiro, de 2 anos.

Pitufas de o a 4 anos.
1ª Sofía Bercero Rivas, de 4 años.
2ª Lara Rodríguez Agrasar, de 2 años.
3ª Marina Blanco Cereijo.

Masculino de 5 a 8 años.
1º Iván Fernández Iglesias, de 8 años, Pontecesures C.F.
2º Samuel Castro Dios, de 8 años, Pontecesures C.F.
3º Arturo Ramos Rey, de 7 años, Club At. Milladoiro.

Feminino de 5 a 8 anos.
1ª Elena Blanco Cereijo, de 8 anos, C. At. Noia.
2ª Alba Barreiro Rodríguez, de 7 anos.
3ª Sara Moure Cruces, de 5 anos.

Masculino de 9 a 12 anos.
1º Álvaro Veiga Vázquez, de 12 anos.
2º Julián González Vicente, de 11 anos, Pontecesures C.F.
3º Diego Iglesias Freire, de 10 anos.

Feminino de 9 a 12 anos.
1ª Antía Sanmarco Martínez, de 9 anos, Sar-Gexpa Padrón.
2ª Raquel Diz Gil, de 11 anos, Pontecesures C.F.
3ª Lolita García Agrasar, de 11 anos.

Masculino de 13 e 14 anos.
1º Erik Penedo Jamardo, de 14 anos, Pontecesures C.F.
2º Alfonso Senín Braña, de 14 anos.
3º Jesús Jamardo Miguéns, de 14 anos.

Feminino de 13 e 14 anos.
1ª Patricia Fernández González, de 14 anos, Atletis Vigo.

Masculino de 15 a 17 anos.
1º Francisco Campos Lijó, de 16 anos.
2º Adán García Janeiro de, 17 anos, Sar-Gexpa Padrón.
3º Borja Lorenzo, de 15 anos, Pontecesures C.F.

Masculino de 36 a 50 anos.
1º Paco Sanmarco Santos, de 43 anos Sar Gexpa Padrón.
2º Samuel Veiga Iglesias, de 40 anos.
3º José Angel Iglesias Buceta, de 38 anos.

Masculino de máis de 50 anos.
1º Manuel Vigo Mourullo, de 51 anos.
2º Francisco Brenlla Lois, de 51 anos.
3º José Matías Regueira Boo, de 56 anos.

Foi entregado un premio especial ó atleta superveterano de Ferrol, Julián Bernal Medina, que xa é un clásico nestas carreiras e que ten nada menos que 88 anos. Emociona velo correr e ten un mérito enorme.

Entregaron os premios no Centro Social a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, os concelleiros do goberno Jesús Mª Rey e Luis A. Sabariz, e as concelleiras da oposición, Margarita C. García y Cecilia Tarela.

Nun prazo de dous meses será instalado o piso de caucho no paso a nivel de Porto.

O Xefe de Mantemento e Conservación de Infraestruturas de ADIF en Ourense ven de confirmar esta boa nova relacionada co paso a nivel de ferrocaril da praza dos Valeiros de Porto. O caucho xa foi subministrado pola Dirección de Pasos a Nivel de ADIF en Madrid á Xefatura citada de Ourense, e agora tan só está pendente a adxudicación, por parte deste último organismo, do contrato da obra específica de colocación do pavimento no paso a nivel, unha vez rematado o correspondente procedemento licitatorio.

(máis…)

O día 26 de decembro reúnese a Comisión de Obras, Urbanismo e Servizos de Pontecesures.

Esta Comisión Informativa, presidida pola alcaldesa, Maribel Castro, e da que forman parte tamén, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Cecilia Tarela Barreiro (BNG), Jesús Mª Rey Beiró (PP) e Luis Ángel Sabariz Rolán (non adscrito), celebrará sesión o mércores día 26 de decembro ás 9 da mañá coa seguinte Orde do Día:

1-Acta da sesión anterior celebrada con data 20-11-07.

2-Informes de solicitudes de obras. Neste punto serán informados dous expedientes de obras maiores:
-Solicitude de licenza de “Promociones Exconsa Vigo S.L” para construir un edificio de 40 vivendas, garaxes e rochos na rúa do Rial 42-43.
-Solicitude de licenza de “Promociones Herga-Conde 2006 S.L.” para construir un edificio de 22 vivendas, locais, garaxes e rochos na Avda. de Vigo (preto do lavadoiro da Chancela)