O día 26 de decembro reúnese a Comisión de Obras, Urbanismo e Servizos de Pontecesures.
Esta Comisión Informativa, presidida pola alcaldesa, Maribel Castro, e da que forman parte tamén, Manuel Luis Álvarez Angueira (BNG), Cecilia Tarela Barreiro (BNG), Jesús Mª Rey Beiró (PP) e Luis Ángel Sabariz Rolán (non adscrito), celebrará sesión o mércores día 26 de decembro ás 9 da mañá coa seguinte Orde do Día:
1-Acta da sesión anterior celebrada con data 20-11-07.
2-Informes de solicitudes de obras. Neste punto serán informados dous expedientes de obras maiores:
-Solicitude de licenza de “Promociones Exconsa Vigo S.L” para construir un edificio de 40 vivendas, garaxes e rochos na rúa do Rial 42-43.
-Solicitude de licenza de “Promociones Herga-Conde 2006 S.L.” para construir un edificio de 22 vivendas, locais, garaxes e rochos na Avda. de Vigo (preto do lavadoiro da Chancela)
6 comentarios
Caray cuantos pisos van a hacer; queremos comprar uno mi novio y yo para tener el nido de amor, pero los que están haciendo allí en el Rial no me parecen buenos. Preguntaré por estos de la Chancela, veremos…
a ver se con tantos informando das obras no pobo hai algun que se decide a informar que a rua que vai dende o colexio cara san xulian esta chea de buratos dos cales uns se taparon pero outros non se tapan e levan asi mais dun ano e pasase a cotio por riba deles todolos dias ¿sera que no concello non quedan xa cartos nin para tapar buratos?ou por que se usan todos para arnxeren a plazuela onde vive sabaris .eu teño o coche no taller cun amotiguador roto e unha llanta estropeada de pasar por riba do burato cando mo entregen boulle ir levar a factura o concello pa que me paguen o arreglo, animo a quen teña algun problema deste tipo de pasar por ali que tamen o faga
O pavimentado da rúa do Castro da que falas e que, efectivamemte, está en malas condicións, é unha obra incluída nas actuacións da Consellería de Medio Rural 2007 (Convenio asinado polo Concello de Pontecesures con dita consellería). Foi adxudicada,hai máis de 9 meses pola administración autonómica á empresa TRAGSA, pero por varias razóns a obra non se fixo polo de agora. O Concello xa reclamou en varias ocasións que a obra fose realizada canto antes,hai unha prórroga concedida e confío que se faga en xaneiro.
Se alguén tivo un dano imputable ó estado da pista pois claro que pode dirixirse ó concello, pois para iso temos una póliza de responsabilidade civil.
O que me parece moi inxusto “licantropo” é que aproveites unha denuncia totalmente fundamentada, para criticar as obras que se están a facer na zona onde eu vivo. ¿Haberá algunha zona en peores condicións perante tanto tempo?.
Iso é verdade Luis Angel, moito tempo e con tantos difuntos como pasaron por alí, con tanta xente, e ¡cántas veces!, estou dacordo, máis dunha vez tiven vergonza en pasar por alí acompañando a veciños que finaron, e digo vergonza polas persoas que non eran do pobo e acompañaban ó difunto, xa que ¿qué dirían?, ¡¡menudo aspecto!! , tamén pensei que era outra rúa drácula, outra rúa castigada do anterior réxime; a do drácula polo puño e a rosa, e esta que estamos a tratar, por quén alí reside. Pero afortunadamente todo toca fín; e eu íame queixar da miña “rompetelalma street”, xa me arrepentín.
Vergonza daba ese lugar, arranxalo era obrigado, inda que eu deixaría unha plaqueta mal pegada preto da porta de Sabariz. (para que poidera denunciar algo)
Haberá que tratar de que todo na praza quede ben,”manolo”, para que non haxa queixas ou denuncias.