Na fotografía o cantante do Grupo Samba para 2011, que antes estivo na orquestra América SL.
Sociedade
O grupo Samba estará hoxe en Chanteclair.
Xunto co grupo de animación de todos os domingos, actuará hoxe, 31 de xaneiro, na sala de festas cesureña o grupo Samba.
Sociedade
A orquestra Samba estará hoxe en Chanteclair.
Hoxe sábado, 2 de xaneiro, estará a orquestra Samba na sala de festas cesureña
Cultura
Adriana Rivas: «A gaita é sorprendente. Con ela pódese tocar calquera cousa».
Os rianxeiros tiveron, hai xusto unha semana, a ocasión de disfrutar coa música dunha virtuosa da gaita galega, a cesureña Adriana Rivas Seijo e, dende logo, o seu bo facer músical non pasou desapercibido, xa que resultou gañadora do certame tradicional de solistas de gaita organizado pola asociación Fogo Fatuo. Coa compaña de Jordi Castaño ao tambor, unha rapaza de tan só 17 anos de idade, impúxose a outros oito gaiteiros solistas. Foi só un éxito máis da lista, que xa comeza a ser longa, de todos cantos leva conquistados na súa, de momento curta, pero intensa e fructífera carreira, posto que a relación de premios colleitados aló por onde vai comeza xa a ser bastante importante.
De auténtica paixón podería definirse o que Adriana sinte pola gaita tradicional galega. Dende que descubriu este instrumento xa non o soltou e cada vez apunta máis alto. Quere ser mestra e vai polo bo camiño, posto que xa exerce como tal no grupo Algueirada de Pontecesures, ao mesmo tempo que estuda Artes Escénicas. Música e Danza, orientada ao maxisterio. Ten claro que, dun xeito ou doutro, a música ten que formar parte da súa vida profesional.
De momento, a súa carreira vai vento en popa e, a pesares dos éxitos. Adriana non esquece ás persoas que lle inculcaron este amor pola gaita e lle aprenderon parte do que hoxe sabe, especialmente o seu mestre Miguel Castaño, ao que non dirixe nada máis que palabras de agarimo, agradecemento e admiración.
Debe ser do máis gratificante recibir un premio tras outro…
A verdade é que é reconfortante ver como o meu traballo gusta tanto. Comecei a ir aos concursos aos trece anos, animada polo meu profesor. En total fun a dez certames e, contando o de Rianxo, teño sete premios, polo que o balance é bastante bo.
¿Onde pode estar a clave para que as túas pezas gusten aos xurados?
Elíxoas xunto ao meu profesor e tratamos de introducir creacións propias para que as pezas sonen diferente; sen disfrazalas, pero dándolles un toque persoal.
¿De onde ven esta afección pola música, ten algún antecedente familiar?
Non ninguén da miña familia foi músico. Eu coñecín a gaita coas actividades extrascolares do colexio de Pontecesures, Vin que había clases e pareceume curioso. Os meus pais apoiáronme e así comecei en Algueirada, primeiro cun mestre que se chamaba Luis e logo con Miguel Castaño, que foi o que me comezou a levar a concursos e a prepararme.
¿Com logras compaxinar a túa carreira musical co resto da ocupación, como os estudos?
Voume amañando pouco a pouco. Ás veces resúltame imposibel ensaiar todos os días, porque tamén hai que estudar, pero vouno compaxinando ben. Polas mañás vou ao instituto e pola tarde, no meu tempo libre, ensaio na miña casa. Teño que dicir que os veciños nunca se me quixaron para nada. Ao contrario dinme: «toca, toca, que sona moi ben». Demais dos estudos e dos enssaios, ás veces toco coa Banda de Música de Valga como gaiteiro solista e o ano pasado comecei na Escola Libre da MPG, en Santiago, un conservatorio centrado na música tradicional e folk que trata de tirar un pouco polas nosas raíces e pola cultura galega. ? un conservatorio que non é nada común. O resto están centrados en instrumentos de banda, mentres que este vai orientado aos instrumentos típicos de Galicia, como a gaita, a zanfona, o tambor ou o bombo.
¿Nunca sentiches interese por ningún outro instrumento?
O ano pasado comecei coa requinta, xa que me pareceu interesante, pero sempre tirei moito pola gaita. ? un instrumento que aprecio e sempre tirarei por el: Moita xente pensa que non se poden facer moitas cousas con ela, pero a min sorprendeume cando comecei a introducirme neste mundo, a escoitar discos de grupos…Decateime de que se pode tocar calquera cousa, dende muiñeiras, xotas ou pasodobles, ata un tango ou sambas. Pódese facer o que un queira, un montón de misturas. Cando comecei a coñecer a gaiteiros bos e a escoitar cousas deles parecíame incrible. Así é como unha se decata de que non sabe practicamente nada, porque este é un campo moi amplo.
¿Tes algún referente no ámbito da música tradicional galega ou folk?
Hai moita xente moi boa, dun gústanme unhas cousas, doutros outras…no podería dicir soamente a un porque hai moi bos músicos como Edelmiro Fernández, Daniel Vellón, Eva Álvarez, Pablo Seoane..O que sí teño que dicir é que estou moi orgullosa de ter coma mestre a Miguel Castaño. Grazas a el comecei a evolucionar e a entrar neste mundo, a coñecer a música…Practicamente todo o qu sei é grazas a el. Como gaiteiro téñome que quitar o sombreiro ante el e como persoa tamén, Nos últimos concursos o que me acompañou ao tambor foi o seu irmán, Jordi Castaño, que tamén se ve moi implicado, é moi bo músico e pórtase moi ben conmigo.
¿Cara onde queres orientar a túa carreira? ¿A que aspiras no mundo da música?
Actualmente estou a estudar un bacharelato de Artes Escénicas, Música e Danza, orientado ao maxisterio, para poder ser profesora de infantil e primaria. Se poidera ser, e en paralelo, tamén me gustaría facer no conservatorio aínda un pouco maís de gaita. Eu estou aberta a todo: a dar clases, a estar en grupos…A todo o que xurda abrireille as portas.
O papel de profesora xa o estás a desenvolver agora, ¿como te ves nesa faceta?
Véxome un pouco rara de profesora. Algúns dos meus alumnos antes eran os meus compañeiros, polo que é un pocuo estrano. Teño máis responsabilidades, pero lévoo ben. Os rapaces son moi agradables e trabállase moi ben con eles, polo que estou a gusto. A algúns xa se lles ve que apuntan maneiras.
«Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 29/11/09
Sociedade
Hoxe sábado, a orquestra Samba en Chanteclair.
Na noite deste sábado, día 10 de outubro, estará na sala de festas cesureña a orquestra Samba.