B?SQUEDA DO TESOURO SAN ROQUE DE PORTO

Con motivo das Festas de Porto 2010, estase a organizar o xogo da ??Búsqueda do Tesouro?, que consiste en poñer pistas por todo o concello e para descubrir donde se encontra o tesouro teranse que resolver todas as pistas.

Forma un grupo de 4 a 6 persoas e apúntate.

Inscripcions: Bar Choco

Premio: Un vale por unha cea valorada en 200 ? para o equipo gañador.

Data: Sábado 14 de agosto.

Marcha xacobea dende Porto o 1 de maio.

A A.C. San Roque de Porto organiza unha marcha a pe ata Santiago o 1 de maio para gañar o Xubileo. A saída será ás 4:00 horas da madrugada e a expedición regresará despois de asistir ás 12:00 á Misa do Peregrino na Catedral de Santiago. As persoas interesadas deben anotarse no Bar Choco chamando ao 986/556640.
O prezo é de 10 euros e inclúe o regreso no autobús e os cafés e bocadillos que se repartirán durante o camiño.

Pontecesures ofrecerá novecientas raciones a precio de crisis: 10 ?.

La XV Festa de desgustación del ciclóstomo llegará al municipio el próximo fin de semana, acompañada de la Feira do automóbil antigo e de ocasión ·· La ración costará 10 euros y el pincho, 3

No deja a nadie indiferente. Quienes la han probado la lamprea del Ulla, la aman o la detestan. Para satisfacer el exigente paladar de sus amantes y, sobre todo para popularizar este especial producto culinario, el municipio de Pontecesures celebra el próximo fin de semana la XV Festa da Lamprea do Ulla, que este año adaptará los precios a los tiempos de crisis, con el objetivo de llegar a la mayoría de comensales posible.

La exaltación gastronómica repartirá un total de 306 lampreas que se convertirá en 900 raciones a un precio de 10 euros, cada una, dos menos que en años anteriores. Así lo explicaron ayer la alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro y los ediles Luis Sabariz y Rafael Randulfe, en la presentación de la cita. Además se repartirán pinchos del ciclóstomo a 3 euros, con bebida incluida, «para alentar a probar el plato a quienes muestran recelos ante una ración».

La fiesta comenzará el sábado, complementada, además, con la VI Feira do Automóbil antigo e de ocasión. A las 10 de la mañana se inaugurará la cita automovilística y a mediodía se concentrarán en la zona del muelle unos 40 vehículos. A las 17.45 tendrá lugar el acto oficial de apertura de las fiestas y a las 18 horas llegará el primer turno para la lamprea con el concurso de empanadas. En el jurado del certamen estarán presentes conocidos cocineros como José Antonio Chef Rivera; Ángel Rodríguez, del restaurante Santiaguiño de Padrón; y José Luis Baleirón, de Pontesures.

Como novedad este año habrá premio a la mejor presentación (100 euros), además de los 300 para el primero y 200 euros para el segundo.

El domingo por la mañana habrá un homenaje a los fundadores de la Feira do automóvil y a las 13.45 horas se procederá a la lectura del pregón, a cargo del televisivo humorista Tacho González. Desde las dos de la tarde comenzará la degustación.

85 A?OS DE EXISTENCIA DEL CONCELLO Homenaje a los 15 alcaldes

Los actos de la decimo quinta edición de la Festa da Lamprea vivirán su preámbulo ya el viernes 16 con la celebración de la Festa da primavera, una cita lúdica que corre a cargo de la asociación cultural San Roque de Porto. Posteriormente, tras dos jornadas con la dama del Ulla como protagonista, la exaltación se hará coincidir también con la celebración de un acto de conmemoración de los 85 años de existencia del Ayuntamiento de Pontecesures. Como tributo a la historia municipal, se celebrará un homenaje a los 15 alcaldes que hasta ahora han gobernado el municipio aunque sólo uno, además de la actual alcaldesa, sigue vivo en la actualidad.

EL CORREO GALLEGO, 10/04/10

Cúmprense 110 anos da chegada da electricidade en Pontecesures, Valga e Padrón

A entrada do novo século, na comarca do Ullán, abriuse cunha gran novidade e mellora.A lus de carburo e petróleo, que alumeaban as rúas das vilas de San Lois de Cesures e Padrón,era sustituído polas farolas de lus eléctrica.Este feito tan transcendental ben merece ser lembrando,polo que lles relatarei ,un pouco por riba, como chegou a electricidade a estes pobos.

A chegada do alumeado eléctrico a Galicia,prodúcese dunha maneira relativamente temperá, aínda que a súa xeralización tardou moitísimo en chegar,como ben sabemos, a tódolos recunchos deste país. Sería a cidade de Pontevedra,no ano 1888, gracias á iniciativa do todopoderoso Marques de Riestra e de Aqulino Prieto, o primeiro lugar de Galicia en contar con alumeado eléctrico nas súas rúas, estando tamén entre as primeiras en contar con este servicio en toda España.

Posteriormente, a eléctricidade chegaría a Mondoñedo (1893), Lugo (1894), Ourense (1894),Santiago (1895), Ponteareas (1895), Vigo (1896),Tui (1896), Viveiro (1897)?paseniñamente, gracias á instalación de pequenas centrais hidroeléctricas e térmicas, a nova fonte de ernexía ia extendendose polas principais vilas e cidades galegas.

Corría o ano 1898, cando por Galicia andaba o enxeñeiro francés Ernesto Presser Dauphin, máis un comerciante e almacenista de material eléctrico ,de Zaragoza,chamado Nicolas Palacios Lahoz. Os dous eran donos da empresa ??Presser y Compañía?,e estaban na procura dun lugar adecuado onde instalar unha central hidroeléctrica, que á súa vez estivera relativamente preto do seus futuros clientes. Foron a Caldas de Reis,e alí pretiño,en Segade, fixáronse na gran fervenza do río Umia, onde a forza da auga movía unha chea de muiños, e uns metros río arriba,tamén servira para mover unha gran noria,xa daquela recentemente abandoada, da fábrica de papel ??La Concepción?.

O tipo de orografía escarpada de Segade, era o máis apropiado para construir unha central hidroeléctrica.E así foi. Ernesto Presser negociou cos donos dos muiños que había na fervenza, e comproulle os dereitos do aproveitamento da auga,así coma uns terreos case o pé da fervenza para levantar a nave industrial. En xaneiro de 1899 estes emprendedores solicitan e e concédeselle,por parte do goberno civil de Pontevedra,un permiso para o aproveitamento de 2.500 litros por segundo do caudal do río Umia. Comezan ademais as obras da nave e do muro da pequena presa,situada na parte de arriba da fervenza, de onde saía unha longa tubaxe pola cal ía a auga ata unha cámara de carga,que á altura da central hidroeléctrica e, aproveitando o gran desnivel, baixaba con gran forza coa fin de mover as turbinas da fábrica da lus.

A central, que debeu estar xa rematada a finais do ano 1899, tiña nese momento dúas dinamos de 225 cv. de potencia cada unha e declaraba unha producción de 442 kw/h. O nome da nova empresa era ??Electra de Segad?. Pero o conto non só era montar tan importante e custosa obra de enxeñeira, habia que darlle saída a súa producción. Por iso,xa antes de ter rematada a ??fábrica da lus?, Ernesto Presser e Nicolás Palacios, concurrian con éxito,durante o 1899, ás subhastas públicas para a concesión das instalacións e suministro do alumeado público de varios concellos,ansiosos de sacar da escuridade camiños e rúas,coma Valga,Caldas de Reis,Vilagarcía de Arousa,Carril,Cambados e Padrón.

No caso de Valga, a concesión obtida foi por un periodo de 20 anos, e a cambio a empresa tiña que instalar e manter o alumeado da casa consistorial e poñer en Ponte Valga 11 puntos de lus, nun radio de 300 m. do consistorio,mentras que en San Lois de Cesures,daquela ainda pertencente o concello de Valga, instalarianse un mínimo de 24 focos de lus cunha potencia de 16 buxías cada unha. Pola sua banda, o concello de Valga, comprometiase coa empresa a pagarlle, a cantidade fixa de 1.560 pesetas anuais ,polo servicio prestado durante o tempo que durase a concesión.

En Padrón, ??Electra de Segad?,na persoa do enxeñeiro Gaston Bertier Descanes, como apoderado de Ernesto Presser,en xullo de 1899, conseguia facerse coa concesión do alumeado municipal,tamén por un periodo de 20 anos. Neste caso,habia que sustituir tódalas farolas de petróleo polas eléctricas.

Entre a vila de Padrón e a Trabanca, a empresa comprometeuse a colocar 56 lámparas eléctricas,ademais do propio alumeado da casa do Concello e o edificio do cárcere. Tamén había que poñer 4 puntos de lus na zona do muelle do barrio da Ponte,onde aínda facia uns pouquiños anos antes,despois de moitas protestas dos comerciantes da Ponte, puxeranse farois de petroleo, xa que a pesar do importante tráfico de mercadorias do seu muelle, as noites alí seguian sendo totalmente escuras e cheas de perigos. Entre as claúsulas do contrato de alumeado de Padrón figuraba o seguinte :

??El alumbrado se encenderá siempre un cuarto hora despues que se ponga el sol,y lucirá hasta media hora antes del amanecer siguiente,reservandose el concesionario el derecho de rebajar la corriente eléctrica hasta el 15% de su intensidad desde las doce de la noche en adelante, a no ser en las noches de las fiestas de San Roque, Noche Buena y Navidad, Reyes y Carnavales que conservará integra su intensidad hasta el amanecer?.

Curiosamente nestas claúsulas, no se aludia nada os días que fora a feira e festas da Pascúa.

Cos contratos feitos, a ??ELECTRA DE SEGAD?,apresura os traballos e pon en funcionamento o salto de Segade,e tenta rematar ,canto antes, o tendido da liña electrica dende Caldas de Reis ata Valga,Pontecesures e Padrón. Os traballos de colocación dos postes de madeira para a conducción eléctrica, causaron varios quebradeiros de cabeza á empresa, xa que había algúns labregos, que as agachadas, ian a cortar os postes da lus. Aínda que non sabemos ben as causas destes feitos, seguramente non lle debia facer gracia, ós labregos, que aquela modernidade atravesara os seus montes e leiras, sen ningun tipo de beneficio para eles.Sería unha situación parecida a que vemos nas películas do Oeste,na que os indios dedicabanse a cortar as liñas de telégrafos que pasaban polo seu territorio.

Unha vez tendida a liña e colocadas as lámpadas nas rúas de Cesures e Padrón,comezaron as primeiras probas,que según parece iniciaronse polo 25 de xaneiro de 1900, para facerse xa de xeito regular a partir do 15 de febreiro dese mesmo ano. Sen embargo, o servicio que esta empresa daba non foi sempre todo o exemplar que se esperaba,e nese mesmo ano,o efémero semanario ??La Verdad de Cesures?,dirixido por Victoriano Llerena Braña , criticaba á empresa eléctrica polas súas constantes deficiencias na suministración do fluído eléctrico.

?s poucos meses da chegada da electricidade a Cesures,Padrón e Valga,o 21 de abril, a empresa ??Electra de Segad-Presser y Compañia? fusionase coa ??Electra Popular Ferrolana?,e por iniciativa de Ernesto Presser e co respaldo do capital de grandes socios, créase a ??SOCIEDAD GENERAL GALLEGA DE ELECTRICIDAD? (S.G.G.E.), cos saltos de Segade e da Fervenza no río Belelle (Neda). A empresa que contaba cun capital social de 2.000.000 pesetas, conta entre moitos socios,ademais de Presser,que era o presidente, ós coruñeses Ricardo Silveira e o banqueiro Ricardo Rodriguez Pastor, ademais do futuro ??rei dos saltos de auga?,o caldense Laureano Salgado Rodríguez. Deste xeito a S.G.G.E. pasaba a ser automaticamente a encargada de xestionar o alumeado dos concellos de Valga e Padrón, sendo o xérmolo,en parte, do que será FENOSA, o fusionarse con esta en 1955.

Si en 1900 a lus chegada ós nucleos urbanos de Cesures e Padrón,nese mesmo ano tamén comezaron a gozar da luz eléctrica os veciños do núcleo da Estrada,da man de Camilo Pardo coa súa ??fábrica da lus? no río Liñares,en Pina-Aguións. No caso de Cuntis, o alumeado público comezaria a funcionar en 1915, gracias á central instalada polo dono dos balnearios cuntienses,Marcial Campos García, no río da Patela.

A chegada da lus ós nucleos rurais de Valga,Pontecesures e Padrón,iria aparecendo de xeito gradual,segundo os lugares, anos despois ou con moitas décadas de retraso,coma no caso das aldeas dos Condes,Confurco,Grobas e Fenteira,que non contarian coa lus eléctrica ata o ano 1960,por poñer un caso. Pero falar da chegada das liñas eléctricas ó rural,sería materia doutro artigo.

Redondo-Pontecesures,20 de febreiro do 2010
Daniel Seijas Llerena