A titora será Susana Otero Pérez. Os expertos en albanelería, fontanería solar térmica e traballo forestal serán, Arturo García Pérez, Antonio Núñez Piñeiro e Roberto Domínguez Villanuestre, respectivamente.
Valga también tendrá un albergue en 2010.
El Año Santo está a la vuelta de la esquina y los preparativos se intensifican, especialmente en lo que se refiere a la dotación de infraestructuras para para dar servicio a los miles y miles de peregrinos que se aguarda que recorran las distintas rutas jacobeas hacia Santiago, entre ellas el Camino Portugués, que discurre por varios municipios de la comarca. Valga es uno de ellos y, tras varios meses de gestiones, el alcalde, José María Bello Maneiro, ha logrado un compromiso del Xacobeo para construir un albergue en la localidad. Se ubicará en el lugar de Outeiro, parroquia de Setecoros, y tendrá cerca de cincuenta camas. La administración autonómica financiará el cien por cien de la obra, valorada en más de 600.000 euros.
La Corporación de Valga aprobará el lunes en Pleno un convenio con la Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo para construir un albergue de peregrinos en el municipio, concretamente en el lugar de Outeiro (Setecoros). La posada, que tendrá cerca de cincuenta camas, requiere de un desembolso superior a los 600.000 euros, cantidad que sufragará íntegramente la administración autonómica, según confirmó ayer el alcalde, José María Bello Maneiro, que explicó que el edificio se ubicará en la misma parcela en la que actualmente se emplaza el local social del lugar. Tendrá bajo y una planta y, además, de las camas contará con otras zonas comunes para el uso de los peregrinos, como baños o una sala de estar.
Con esta infraestructura el municipio podrá dar servicio a una parte de los miles de peregrinos que se espera que recorran el Camino Portugués hacia Santiago durante el Año Santo. El objetivo es que el albergue esté en funcionamiento para el próximo año, especialmente de cara al verano, que será la época de mayor afluencia de caminantes.
La de Outeiro no fue la primera opción que manejaron el Concello y el Xacobeo para la construcción del albergue, sino que inicialmente se pensó en la rehabilitación de la Casa Rectoral de San Miguel. Tras realizar varias gestiones no se logró la cesión del inmueble por parte del Arzobispado de Santiago, lo que obligó a las administraciones local y autonómica a cambiar de planes. Bello Maneiro apunta que la alternativa de Outeiro supondrá un menor coste económico, pero el otro proyecto tenía un interés especial ya que ??quedaríanos un patrimonio importante restaurado?.
Otro en Pontecesures > Valga es el segundo municipio de la comarca del Ulla-Umia en el que se confirma la construcción de un albergue de cara al Xacobeo 2010. El otro es Pontecesures, en donde se rehabilitarán las viejas escuelas de los profesores, en Infesta, para crear una posada con capacidad para cincuenta personas. Además de este bloque de cuatro edificios, el Concello cederá al Xacobeo un espacio anexo para crear una zona de esparcimiento, con bancos, un jardín y aparcamiento para bicicletas. El coste del proyecto podría oscilar entre los 350.000 y los 400.000 euros, que serían asumidos al cien por cien por la Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.
Actualmente sólo existe en la comarca un albergue. Se encuentra situado en la parroquia de Briallos (Portas) y cuenta con treinta plazas. Se construyó en el año 2005, justo después del último Año Santo. Por su parte, el gobierno local de Caldas reclama desde hace años la creación de una posada para peregrinos en la villa, que es final de una de las etapas del Camino. De no hacerlo el Xacobeo, no descartan habilitar un albergue alternativo.
DIARIO DE AROUSA, 19/12/09
Lista dos alumnos traballadores seleccionados para o obradoiro de emprego de Pontecesures.
RELACI?N DEFINITIVA DE ALUMNOS SELECCIONADOS PARA O OBRADOIRO DE EMPREGO PONTECESURES II
ALBANELERÍA
CAMPOS RODRÍGUEZ, Estrella
CONSTANTINO DA SILVA, Ana Belén
DA ROCHA PEREIRA AIRES, José Jorge
DOMÍNGUEZ CHAZO, Francisco
GONZÁLEZ REY, Natalia
JAMARDO LAFUENTE, José Antonio
LESTIDO GERPE, Rosario
LESTIDO QUINTANS, Guadalupe
MOREIRAS ANGUEIRA, María Dolores
REY VÁZQUEZ, Celia
TRABALLO FORESTAL
BARREIRO PESADO, Josefa
BOQUETE RODRÍGUEZ, Carmen
CALVO MORENO, Mónica
DOMÍNGUEZ BALEIR?N, Mª José
EITOR GRELA, Mª Carmen
GARCÍA JAMARDO, Ana María
GONZÁLEZ CASTRO, Margarita Florentina
MAGARI?OS SANTIAGO, Mª del Pilar
MOTA RODRÍGUEZ, Mª Luz
REFOJO MÁRQUEZ, Mª Vanessa
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Verónica
RODRÍGUEZ TUBIO, José Manuel
SANMIGUEL L?PEZ, Clotilde María
FONTANERÍA SOLAR T?RMICA
CASCALLAR LAFUENTE, Mª José
DE JES?S PARDAL, Mª del Pilar
DOMÍNGUEZ BALEIR?N, José Antonio
FERNÁNDEZ BUCETA, Mª del Carmen
FRIEIRO PORTAS, Victor Manuel
GARCÍA CASCALLAR, Pilar
LAMAS BLANCO, Beatriz
REY BARGO, Mª Yolanda
TARELA BARREIRO, Benjamín
VÁZQUEZ TAIBO, Verónica
SUPLENTES
FREIRIA PARDAL, Josefina (agás fontanería solar térmica)
A igrexa de Herbón acolle un concerto do Coro dos Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia.
A igrexa do convento franciscano de Herbón, no concello de Padrón, acolle o venres a partir das oito e media da tarde un concerto do Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia. A actuación está organizada pola Asociación Sementar, que contou coa colaboración e financiamento da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, do Seminario Galego de Educación para a Paz, da sociedade cooperativa Viravolta (dedicada a intervención psicolóxica e social con sede en Cambados) e da Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade da comarca do Sar (Amipa).
Sementar quere que a colaboración destas entidades sirva tamén de adianto da presentación en público, a vindeira semana, dun proxecto común que vai ter a súa sede física no convento franciscano de Herbón e no que participarán todas elas.
En canto ao concerto, serve de clausura aos actos do oitavo centenario da fundación da orde franciscana en Herbón. O Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia está formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido por José Luis Vázquez. No concerto de Herbón, estará acompañado pola pianista Isabel Gómez Alonso. A entrada ao concerto é gratuíta e as portas da igrexa permanecerán abertas dende unha hora antes do seu comezo para que as persoas interesadas poidan ver o nacemento que montou a asociación Sementar con pezas que se conservan dende moi antigo.
LA VOZ DE GALICIA, 16/12/09
Da Fundación Camilo José Cela.
Os temporais pasados sobre o Sar deixaron un zunido, un “ruxerruxe” sobre a Fundación Cela e xa se sabe que cando o río sona…
E efectivamente os rumores nos tardaron en saltar á prensa diaria coa natural sorpresa para o público alleo á organización e desenvolvemento interno da fundación, resultando máis alarmantes para os padroneses pois sabido é que Camilo José Cela deixou o seu legado para que fora a súa terra natal Iria Flavia e Padrón, que tanto monta, a depositaria para sempre do seu legado . Así naceu a súa fundación adquiríndose as casas dos coengos para a súa localización, onde se atopa, como tamén el deixou o seu expreso desexo de ser soterrado no cemiterio de Adina, onde xace.
Dicía Cela, coa súa agudeza non exenta de fina ironía que a Padrón nos “roubaran” o Apóstolo. Só faltaba que tamén agora sucedera o mesmo coa súa fundación. Pero claro que nunca se sabe ata onde certos imponderables poden chegar exercendo máxima influenza como agora parece pode ocorrer, o cal non deixaría de resultar dalgunha maneira moi lamentable e unha gran perda para Padrón, confiando os padroneses en que tras as noticias pouco favorables aínda os responsabeis da fundación poidan atopar unha solución favorable para que as cousas segan como están.
De tal xeito que os que desexen beber da cultura de Cela sigan vindo a Padrón, como asemade o fan os que queren visitar a casa de Rosalía e cantos traten de peregrinar a Santiago se queren completar a peregrinaxe antes ou despois, lembremos o popular refrán, han de peregrinar a Padrón que non outra é o verdadeiro berce do Xacobeo. E aínda máis se desexan gozar das fermosas paraxes naturais destas ribeiras do Sar onde arribou a barca cos restos de Santiago Apóstolo, ou do artístico xardín botánico e o incomparable paseo do Espolón? deben visitar Padrón .
E xa para rematar en canto á Fundación Cela desexando que os comentarios destes días oxalá non pasen diso, de sinxelos comentarios que nunca cheguen a confirmarse.
Por José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 15/12/09
CONCERTO DE NADAL
O coro de nenos e nenas da Orquestra Sinfónica de Galicia actúa este venres en Herbón
? O concerto terá lugar este venres día 18 ás 20:30 horas na igrexa do convento franciscano de Herbón (Padrón)
? O Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de está formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido por José Luís Vázquez. No concerto de Herbón acompañaraos a pianista Isabel Gómez Alonso.
? Con esta actuación a asociación Sementar, organizadora do concerto, pretende atraer público ao convento de Herbón, converténdoo nun espazo dinámico, aberto e susceptible de acoller eventos de tipo cultural, musical…
Herbón (Padrón), 15 de decembro de 2009.- O convento de Herbón (Padrón) acolle este venres día 18 e decembro, ás 20:30 horas, un concerto de Nadal interpretado polo prestixioso Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia. Para esta ocasión, a formación que dirixe José Luís Vázquez, ten preparado un repertorio coas seguintes pezas: Cantata ??Christ lag in Todesbanden?, BWV 4 (Den Tod niemad zwingen kunnt/Jesus Christus, Gottes Sohn); Terceto ??Hebe deine Augen auf? (Elías -1846-47)-); Veni Domine. Op. 39, Nº 1; Ave María (In memoriam José Rada); Así cantan los chicos? (Tres escenas infantís), 1909; Los chicos del coro (Cerf-volant/Vois sur ton chemin); Déixame (Canto de berce); Vinde, vinde; Popurri de villancicos; J. S. Bach (1685-1750); F. Mendelssohn (1809-1847); F. Mendelssohn (1809-1847); Francisco Ibáñez Irribarria; Jesús Guridi (1886-1961); Christophe Barratier ?? Bruno Coulais; Demetrio Iglesias; Popular. Nemesio García Carril (Arr.: Fdo. L. Briones).
Coro de Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia
A Orquestra Sinfónica de Galicia ??unha das agrupacións orquestrais con maior proxección e transcendencia de España?? foi creada en 1992 polo Concello da Coruña e creou, entre outros, os seguintes proxectos artísticos: o Coro da OSG, a Orquestra de Cámara, a Orquestra Nova, a Escola de Práctica Orquestral, os Nenos Cantores da OSG e o Coro Novo da OSG.
Os Nenos Cantores da OSG fixeron a súa presentación musical a principios do ano 2000 interpretando a Sinfonía nº 3 de Gustav Mahler á beira da súa Orquestra e baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez. Desde entón actuaron en varias ocasións coa Orquestra Sinfónica de Galicia, interpretando obras de Mahler (cabe destacar, sobre todo, a súa exitosa participación na Sinfonía nº 8), Orff, Shostakovich, Fauré… e colaborando, entre outros, con Emilio Aragón. Tamén ofreceron concertos a capella na Coruña e en diversas localidades da comunidade galega, así como no Auditorio de León.
O Coro, formado por uns 50 nenos e nenas de entre 10 e 14 anos e dirixido desde a súa creación por José Luís Vázquez, nace coa intención de constituír un verdadeiro centro de canto coral, para a formación de novas voces. Máis tarde, poderán formar do Coro Novo e do Coro da OSG.
O director do concerto
O contacto de José Luís Vázquez coa música comezou en 1977, como membro do Orfeón Terra a Nosa, de Santiago de Compostela, dirixido polo pai Manuel Feijóo Sousa. En 1984 obtivo a súa licenciatura en Química. Cursou estudos de canto coa soprano Ana Higueras así como con Félix Lavilla e Fernando Turina.
En 1990 ingresou no Collegium Compostelanum, agrupación fundada e dirixida por Maximino Zumalave. Nesta agrupación, como no Coro Universitario de Santiago de Compostela, ofreceu diversos concertos como solista. Como alumno de canto tamén participou nos cursos da International Bachakademie (Santiago de Compostela 1992 e 1994) e Música en Compostela (1994) e con profesores como Aldo Baldin, Andreas Schmidt, María Oran, etc.
En 2001 interpretou, como solista, a Misa da Coroación, de W.A. Mozart, xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Joan Company.
Director dos Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia desde a súa fundación, en decembro de 1999, José Luís Vázquez está estreitamente vinculado ao coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, ao que pertence desde o ano da súa creación. Ademais, foi director do Coro do Festival Mozart na súa edición en 1999, onde participou na posta en escena do Così fan tutte, de W. A. Mozart.
Colaboradores para un proxecto común
Con esta actuación, a asociación Sementar, organizadora do concerto, pretende atraer público ao convento de Herbón, converténdoo nun espazo dinámico, aberto e susceptible de acoller eventos de tipo cultural, musical… ? a segunda ocasión na que Sementar organiza un Concerto de Nadal en Herbón xa que, en 2008, tivo moi boa acollida por parte do público o concerto do coro Collegium Compostellanum.
Sementar é unha asociación con fins culturais, medioambientais e sociais que quere tirarlle todo o proveito a un espazo privilexiado, o que conforman a horta e o edificio do convento franciscano de Herbón. Para iso desenvolve desde finais do verán de 2008 un proxecto enfocado en varias direccións: preservar e poñer en valor o seu rico patrimonio cultural convertendo tamén este espazo nun lugar de produción e fomento da agricultura e a gandería ecolóxicas e procurándolle usos de carácter social.
Para a organización e o financiamento deste concerto a asociación Sementar contou coa colaboración da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, do Seminario Galego de Educación para a Paz, da sociedade cooperativa Viravolta (dedicada á intervención psicolóxica e social e con sede en Cambados) e coa Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual da comarca de Baixo Sar (AMIPA). Sementar quere que a colaboración de todas estas entidades neste concerto, que ademais foi fundamental para facelo posible, sirva tamén como adianto da presentación en público, en datas próximas, dun proxecto común que vai ter como sede física o convento franciscano de Herbón e no que participarán todas elas.
Exposición do nacemento
As persoas que se acheguen ao concerto do vindeiro venres terán tamén ocasión de ver o Nacemento que a asociación Sementar acaba de colocar na igrexa, e que está formado por pezas que se conservan desde moi antigo no convento de Herbón.
A entrada ao concerto é gratuíta e as portas da igrexa permanecerán abertas desde 1 hora antes de dar comezo a actuación para que as persoas interesadas en ver o Nacemento poidan facelo con tempo.
Atentamente,
Asociación Sementar
http://sementar.wordpress.com/
Correo electrónico: sementar@gmail.com
Teléfono de contacto: 617 260 670
Rego da Manga, 55
Herbón 15915 Padrón ?? A Coruña
