Llamamiento del Concello a la participación en la feria medieval de Padrón.

Con respecto a la feria medieval, ayer, tanto el concejal de Cultura como la edila responsable de Fiestas, Conchita Carneiro, hicieron un llamamiento al sector de la hostelería y a los ciudadanos en general para que se sumen a la feria, ya sea engalanando sus propios establecimientos o vistiendo las ropas y formando parte de la animación de las calles.
La edila Conchita Carneiro también destacó la importancia de la fecha previa al 25 de julio, con la celebración de la tradición carrera de burros que este año se traslada al Paseo del Espolón. Coincidió con su compañero de gobierno en la necesidad que tiene Padrón de «recuperar o que hai tantos anos lle deu tanta fama a vila, sobre todo pola romería». A ello quieren contribuir, por segundo año, la organización de los concursos de gaiteros solistas y parejas de baile, que se celebran el 25 de julio en el área recreativa del Santiaguiño do Monte. La concejala de Fiestas también quiso resaltar la participación en los actos de todos los grupos folclóricos del municipio, de cara a contribuir a su «proxección». Por último, expresó el deseo de todos: que el buen tiempo acompañe en los días de fiesta, algo que no sucedió el año pasado.

LA VOZ DE GALICIA, 04/07/09

Morreu Mª Luisa Agrasar, nada en Carreiras.

Aos 50 anos de idade, morreu, hoxe sábado, Mª Luisa Agrasar Castrelo, nada en Carreiras (no Quinteiro) e veciña da Retén, en Padrón.
Luisa estaba casada con Ramón García Baleirón, e os seus irmáns son Manolo, Sindo, José, Ramona, Carlos, Carmen e Marisol Agrasar Castrelo.
O seu cadáver está a ser velado no tanatorio Iria Flavia de Padrón. O luns día 20 de abril, ás 17:30 horas sairá a comitiva fúnebre para a Igrexa de Santa Mª a Maior de Iria, onde ás 17:45 horas, será oficiada a misa funeral. Recibirá sepultura no cemiterio do Santiaguiño do Monte de Padrón.

La huella pictórica de un padronés.

El pintor padronés José Manuel Cajaraville Fontán posa ante tres de los veintisiete cuadros de la muestra

El pasado año, José Manuel Cajaraville Fontán, salía del anonimato íntimo y daba a conocer en solitario su obra en el Liceo de Betanzos. Hasta entonces sus producción sólo formó parte de exposiciones colectivas, como la del Santiaguiño do Monte. Se estrenaba en solitario con cierta timidez y mucha humildad, la que siempre caracterizó a este singular pintor hijo del Sar. Pero sus obras causaron honda admiración, ya que plasmaba en ellas el alma de aquello que retrataba, a través de la paleta, como si de un experto profesional del mundo de la fotografía se tratase. Un alma y una técnica, la suya, intrínseca y personal, que podrá verse también (hasta el próximo día 19, de 19.00 a 21.00 horas) en el auditorio de su villa natal, Padrón, donde, también por primera vez, se (re)estrena. La exposición recoge 27 cuadros pintados al óleo, técnica con la que Cajaraville se siente muy cómodo.

BIOGRAFÍA. Un autodidacta que encontró su musa en una caja de lápices

Cajaraville es un pintor autodidacta, formado a base de experimentar y de observar. Su pasión nació cuando le regalaron una caja de lápices de colores. «Me la regaló siendo yo muy niño una señora cordobesa, madre de un niño que estudiaba en el antiguo colegio de los huérfanos del Ejército. Aquellos lápices me parecieron un mundo, pero pronto se me quedaron pequeños».

Sus limitaciones físicas (lleva pegado a una silla de ruedas casi desde que nació) no le han impedido superarse como persona y como artista. «Nunca dibujé con líneas perfectas, porque no tuve ni tengo un pulso perfecto, pero he intentado arrancarle a cada cuadro alma y espíritu».

TIERRAS DE SANTIAGO, 14/04/09

El cartel de la feria medieval de Padrón y del Santiaguiño se decidirá en un concurso.

A pesar de que estamos en plena celebración de la Pascua, el Concello de Padrón ya trabaja con la mirada puesta en otra cita festiva: la del 25 de julio, día del Santiago Apóstol y de la tradicional romería del Santiaguiño do Monte. De este modo, la concejalía de Cultura de Padrón acaba de informar de que la Xunta de Goberno Local celebrada el pasado día 7 de abril aprobó las bases para que los carteles que anunciarán la quinta feria medieval y la propia romería del Santiaguiño se hagan a través de un concurso libre de dibujo y pintura. Asimismo, el Concello hizo públicas las propias bases.
La celebración de la romería del 25 de julio en Padrón lleva pareja desde hace unos años la feria medieval, que se ha convertido en una cita de gran éxito de público. En cuanto a los concursos, podrán participar todas aquellas personas que lo deseen. El jurado será designado por la concejalía de Cultura.

LA VOZ DE GALICIA, 14/04/09

Marcelino Rivera, tesoureiro do Pedrón: «Os nosos nenos son a semente do noso país»

«Toda a xente da comarca do Sar ten algún familiar que durante estes dezaoito anos estivo vinculado á asociación O Pedrón» ·· «Hai que educar os máis pequenos en valores de compañeirismo e de disciplina»

�?? A asociación folclórica e cultural O Pedrón cumpre este ano a súa maioría de idade. O pasado sábado celebrástedes este aniversario…

�?? Si, acabamos de celebrar estes dazaoito anos, que parecen poucos, pero que é toda unha vida na pasou pola agrupación un montón de xente… Este sábado foi a reunión de membros, profesores, alumnos… xente que estivo dalgunha maneira vinculada á asociación. Pola tarde, reunímonos no casino de Padrón, onde temos a nosa sede. Pero o acto central será durante o festival de muiñeiras, que se celebrará no mes de xuño e onde invitamos a unha serie de agrupacións de Muxía, de Mazaricos, da Estrada…

�?? ¿Considera que a asociación é un referente para o resto de organizacións da comarca de Santiago?

�?? Si, está claro que é un referente moi importante. Dentro da comarca de Santiago e dentro da cultura galega en si mesma, sobre todo no que é a comarca do Sar, ou sexa, Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures… toda a xente destas zonas ten algún familiar que dalgunha maneira estivo vinculada a asociación cultural O Pedrón, porque 18 anos parece pouco tempo, pero son moitos anos e pasan moitas cousas.

�?? ¿Cal é o obxectivo co que nace a asociación O Pedrón hai case dúas décadas?

�?? A asociación naceu no seu día co obxectivo de estudar, recoller a cultura que había na zona, aquelas cantigas, regueifas, danzas, vestiario… recoller todo iso, recompilalo. Temos unha boa biblioteca de documentación sobre os diferentes grupos da zona, para despois divulgalo entre os nosos asociados. Todos os anos trátamos de incluír unha ou dúas cantigas ou danzas, para despois incluír nos grupos.

�?? Falas de recuperar parte da cultura galega, ¿percibíase hai dúas décadas que se estaba a perder co tempo?

�?? Si, a cultura oral e tradicional é a que máis funciona en Galicia, a transmisión entre pais e fillos, entre avós e netos. Cas cantigas tradicionais da zona da comarca do Sar pasaba o mesmo. �? por iso que un conxunto de persoas trataron de recompilar este tipo de información para deixalo plasmado sobre papel para que non se perdese co paso dos anos.

�?? ¿Pódese dicir que despois de dazaoito anos se cumpriron os obxectivos iniciais?

�?? No seu momento recompilouse moitísimo material e moitísima documentación. Trátase dunha fase en continuo desenvolvemento, uns veñen, outros marchan… e O Pedrón trata de reunir todo o que se fixo. Se se cumpriu o obxectivo principal que foi o de recompilar, recoller e difundir a cultura galega, pero a difusión segue sendo, temos pequenos e hai que formalos nesa cultura que temos, ou sexa, que é unha fase de continua evolución.

�?? ¿Que actividades culturais e folclóricas rodean a asociación?

�?? A agrupación cultural conta con diferentes escolas, temos de pandereteiras, de baile �??que se divide en pequenos, en medianos e maiores�??, temos unha banda de gaitas,unha banda de tambores e unha banda de bombos. Tratamos, sobre todo ao principio, cando se introducen os pequenos, de empezar sempre polo baile, despois o tambor para que collan o sentido do ritmo, e despois a introducilos no resto das escolas a medida que van evolucionado para formalos para gaiteiros e bailaríns. As escolas naceron o mesmo ano que a asociación, porque unha cousa levaba á outra, ou sexa, se se tocaba unha peza tiña que ir acompañada por unha gaita, por unha pandeireta, un tambor… e dalgunha maneira haberá que danzala… e é por iso que naceu todo á vez. Está claro que canto máis loce a agrupación é cando actúan todas as escolas xuntas; aínda que a banda de gaitas é a que máis saídas ten por tal e como está a cultura hoxe en día do folclore, cando máis loce a asociación O Pedrón é, sen dúbida, cando están todas as escolas xuntas e conseguimos que dancen todos os grupos de maneira conxunta.

�?? En canto aos mestres destas escolas, ¿hai algún referente para a comarca?

�?? Durante moitos ano estivo con nós Manolo Miramontes e Montse Liñares, seu pai Bartolo, xa era tamén un referente na zona e vinculado ao mundo da gaita e do baile tradicional galego. Hai dous anos fichamos a Luis San Marco que xa é da nova xeración de gaiteiros que estivo no conservatorio de gaitas de Lalín. Agora nos estamos adaptando aos novos tempos: vimos de ter ao gaiteiro que se formou poder de ir as romerías, a poder de estar tocando, e despois está a parte máis técnica.

�?? ¿Cantas persoas forman a asociación?

�?? Agora mesmo a asociación ten sobre 95 socios; sempre estivo variando arredor dos cen, o que tratamos sobre todo é de implicar os máis pequenos .

�?? ¿Haberá moita xente que acuda ás escolas dos arredores da comarca?

�?? Temos xente de Rois, de Dodro, de Valga, de Pontecesures, de Santiago… incluso xente que forma parte do grupo que está en Madrid, e que pertencen ao centro galego de Madrid, pero cando veñen á zona de Padrón seguen formando parte da asociación cultural.

�?? Falaba da importancia de inculcarlle valores aos máis novos, ¿cal é o papel que xogan os pequenos á hora de conseguir o obxectivo?

�?? Os pequenos son a semente do noso país, da nosa terra, hai que darlles unha serie de valores de aprender a vivir organizadamente, con compañeirismo, de ter disciplina á hora de actuar, perder o medo de estar ante o público… é curioso, pero nos dezaoito anos que levamos de vida, ningún dos pequenos que estivo con nós e seguen formando parte dunha maneira ou doutra, ningún caeu nas tentacións das drogas… apártache un pouco de todo o iso… o ambiente que se vive é un ambiente moi san, de xente moi sa e queiras que non o ir formado con estes valores de educación, de cultura, de saber estar… lévate a pasar doutros temas que está na sociedade, e que poderías ter a tendencia a caer neles.

�?? ¿Como se presenta este ano o calendario de actuacións?

�?? Este ano xa tivemos varias actuacións. Unha das máis salientables foi a da festa do cocido de Lalín. En xuño está previsto facer o III Festival de Muiñeiras, tamén formamos parte da organización do Santiaguiño do Monte e estamos intentando pechar unha viaxe coas casas de Arxentina e de Venezuela para levar unha serie de instrumentos, ademais de darnos a coñecer na outra Galicia, a que está noutro lado do Atlántico.

O PERFILNaceu o 24 de febreiro de 1972, en Herbón, no municipio de Padrón.

�? licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, pola Universidade de Santiago de Compostela

Dende hai tres anos é o tesoureiro da asociación padronesa �??O Pedrón�??, traballo que compaxina co de técnico de xestión económica do concello de Padrón

�? un amante da lectura e do deporte, en especial do mundo do motociclismo. Dende pequeno é pementeiro, oficio ao que se dedica toda a súa familia.

TIERRAS DE SANTIAGO, 10/03/09

A expo arte Santiaguiño do Monte e o Xacobeo.

Nos derradeiros anos, dende que o artista-escultor padronés Fernando Castaño deiuxou das súas mans a organización daquelas extraordinarias exposicións coñecidas coma Arte-Mostra Santiaguiño do Monte, este tipo de mostras non volveron celebrarse.

Os escaparates dos comercios da capital do Sar, deixaron de amosar á curiosidade e interese dos padroneses e visitantes (que forasteiro en Padrón non é ninguén) as súas obras de máis de mediocento de artistas profesionais e amateures de toda a comarca.

O mesmo de artistas pintores, coma de escultores, tales o caso de algúns coma o propio Fernando Castaño, Camilo Rodriguez…, Ou os falecidos e inesquecibles Carlos Bóveda , Beiró Buxán, etc., etc.

En xullo, é dicir no mes de Santiago, do santo patrón da vila padronesa, tiña lugar tan magnífica expo-arte na mesma terra de Rosalía de Castro tan proclive a dar artistas e literatos, e agora cando se aproxima un novo ano do Santiaguiño do Monte se segue botando de menos tal organización que daba lugar á exposición dos artistas da zona.

Cando nun loable e meritorio labor o Concello padronés anda a recuperar tradicionais e sobranceiros valores do noso patrimonio histórico e cultural, oxalá podamos volver gozar tamén de tal exposición novamente no presente ano, coma antesala ou vésperas do próximo Ano Santo Xacobeo, no que a cultura, arte e historia de Padrón deben ter un obrigado e excepcional protagonismo.

José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 24/02/09